Articulo 22 Prevención del consumo de bebidas alcohólicas en menores de edad
- Norma vigente hasta el 7 de marzo de 2026. - LEY 6/2025, de 23 de diciembre, de protección de la salud de las personas menores y prevención de las conductas adictivas.
Artigo 22º.-Infraccións leves.
GPT Iberley IA
Copiloto jurídico
Constitúen infraccións leves:
1. O consumo de bebidas alcohólicas por menores de idade, sempre e cando se produza por primeira vez.
2. A venda e subministración a menores de idade de calquera produto que imite os envases de bebidas alcohólicas, sempre e cando se produza por primeira vez.
3. O incumprimento das estipulacións de información sobre as limitacións recollidas no artigo 14º, sempre e cando se produza por primeira vez.
4. O incumprimento da prohibición do acceso e as visitas de menores de idade recollida no número 4 do artigo 15º, sempre e cando se produza por primeira vez.
5. A obstrución do labor inspector mediante calquera acción ou omisión que o perturbe ou atrase.
6. Todas aquelas que se cometan por simple neglixencia e non comporten un prexuízo directo para a saúde individual ou colectiva.
7. O mero atraso no cumprimento das obrigas de información, comunicación ou comparecencia por requirimento da autoridade competente.
8. Calquera outro incumprimento das disposicións desta lei que non se tipifique como infraccións graves ou moi graves.
