Articulo 23 Prevención del consumo de bebidas alcohólicas en menores de edad
- Norma vigente hasta el 7 de marzo de 2026. - LEY 6/2025, de 23 de diciembre, de protección de la salud de las personas menores y prevención de las conductas adictivas.
Artigo 23º.-Infraccións graves.
GPT Iberley IA
Copiloto jurídico
Constitúen infraccións graves:
1. O incumprimento das limitacións ao consumo, venda e subministración recollidas nos números 2 e 3 do artigo 12º desta lei.
2. O incumprimento do previsto no artigo 13º desta lei, referente á venda e subministración a través de máquinas expendedoras.
3. O incumprimento das prohibicións e limitacións contidas no artigo 15º desta lei, referente á limitación da publicidade, promoción e patrocinio de bebidas alcohólicas.
4. O incumprimento do previsto no artigo 16º desta lei, referente á limitación de acceso de menores de idade a locais.
5. O incumprimento dos requirimentos específicos e das medidas preventivas ou definitivas que formulen as autoridades, sempre que se produzan por primeira vez e non concorra dano grave para a saúde das persoas.
6. A negativa a subministrar datos, facilitar información ou prestar colaboración ás autoridades ou aos seus axentes no desenvolvemento dos labores de inspección ou control.
7. As accións ou omisións que perturben, obstrúan ou impidan de xeito grave o desempeño da actividade inspectora e de control da administración, así como as ofensas graves ás autoridades e axentes encargados daquela.
8. O incumprimento, por neglixencia grave, dos requisitos, das condicións, das obrigas ou das prohibicións establecidas na vixente lexislación en materia sanitaria, así como calquera outro comportamento que supoña imprudencia grave, sempre que ocasionen alteración ou risco sanitario, aínda que sexan de escasa entidade; e o mesmo incumprimento e comportamento cando, cometidos por simple neglixencia, produzan risco ou alteración sanitaria grave. Para os efectos deste punto, constituirá un suposto de neglixencia a omisión do deber de control ou a falta dos controis ou das precaucións exixibles na actividade, no servizo ou na instalación de que se trate.
9. A comisión por neglixencia das condutas tipificadas como infracción moi grave cando o risco ou a alteración sanitaria producida sexan de escasa entidade.
10. A reincidencia na comisión de infraccións leves nos últimos tres meses.
11. As actuacións tipificadas nos artigos precedentes que, consonte o grao de concorrencia cos elementos a que se refire o artigo 26º, merezan a cualificación de faltas graves ou non proceda a súa cualificación como faltas leves ou moi graves.
12. As faltas leves que sexan concorrentes con outras infraccións sanitarias leves ou poidan servir para facilitalas ou encubrilas.
