Articulo 24 Prevención de...es de edad

Articulo 24 Prevención del consumo de bebidas alcohólicas en menores de edad

Ver Indice
»

Artigo 24º.-Infraccións moi graves.

Vigente
nuevo

GPT Iberley IA

Copiloto jurídico



Constitúen infraccións moi graves:

1. O incumprimento das medidas preventivas ou definitivas que adopten as autoridades sanitarias competentes cando se produzan de xeito reiterado ou cando concorra dano grave para a saúde das persoas.

2. A resistencia, a coacción, a ameaza ou represalia, o desacato ou calquera forma de presión exercida sobre as autoridades sanitarias ou os seus axentes no exercicio da súa actividade.

3. O incumprimento consciente e deliberado dos requisitos, das obrigas ou das prohibicións establecidas na normativa sanitaria, ou calquera comportamento doloso, sempre que ocasionen alteración, danos ou risco sanitario grave.

4. A reincidencia na comisión de faltas graves nos últimos cinco anos.

5. As actuacións tipificadas nos artigos precedentes que, consonte o grao de concorrencia dos elementos a que se refire o artigo 24º, merezan a cualificación de faltas moi graves ou non proceda a súa cualificación como faltas leves ou graves.

6. As faltas graves que sexan concorrentes con outras infraccións sanitarias graves ou que servisen para facilitar ou encubrir a súa comisión.

7. O incumprimento reiterado dos requirimentos específicos que formulen as autoridades sanitarias.

8. A negativa absoluta a facilitar información ou prestar colaboración aos servizos de inspección e control.