Articulo 25 Prevención de...es de edad

Articulo 25 Prevención del consumo de bebidas alcohólicas en menores de edad

Ver Indice
»

Artigo 25º.-Responsables.

Vigente
nuevo

GPT Iberley IA

Copiloto jurídico



1. Das diferentes infraccións será responsable a persoa física ou xurídica que cometa os feitos tipificados como tales.

2. Tamén serán responsables das infraccións aquelas persoas que, aproveitando a súa condición de maioría de idade, adquiran e posteriormente subministren o alcohol a menores.

3. Así mesmo, e en función das distintas infraccións, tamén serán responsables delas os titulares das entidades, centros, locais ou establecementos en que se cometa a infracción ou, na súa ausencia, os empregados que estean ao seu cargo; o fabricante, cando se leve a cabo pola súa iniciativa, o importador, o distribuidor e o explotador da máquina expendedora; o beneficiario da publicidade ou da promoción, entendendo por tal tanto o titular da marca ou produto anunciado coma o titular do establecemento ou espazo en que se exhiba a publicidade, así como, se é o caso, a empresa publicitaria e o patrocinador.

4. Cando a responsabilidade dos feitos cometidos corresponda a menores de idade, responderán subsidiariamente os seus pais e nais, titores e titoras e gardadores e gardadoras legais ou de feito, por esta orde, en razón do incumprimento da obriga imposta a eles de previr a comisión de infraccións administrativas que se imputen aos menores de idade. A responsabilidade subsidiaria virá referida a sufragar a contía pecuniaria da multa imposta.

5. Sen prexuízo da responsabilidade civil subsidiaria dos pais ou nais ou titores polas accións dos menores de idade que dependan deles, aqueles serán tamén responsables directos e solidarios das infraccións cometidas polos menores de idade, sempre que, pola súa parte, conste dolo, culpa ou neglixencia, incluída a simple inobservancia.