Articulo 26 Prevención del consumo de bebidas alcohólicas en menores de edad
- Norma vigente hasta el 7 de marzo de 2026. - LEY 6/2025, de 23 de diciembre, de protección de la salud de las personas menores y prevención de las conductas adictivas.
Artigo 26º.-Criterios para a gradación das sancións.
GPT Iberley IA
Copiloto jurídico
1. Para a determinación da contía das sancións previstas nesta lei terase en consideración o principio de proporcionalidade e, en todo caso, os seguintes criterios de gradación:
a) A transcendencia da infracción.
b) A existencia de intencionalidade.
c) A natureza dos prexuízos causados.
d) A reincidencia e a reiteración.
e) A idade dos responsables.
f) O volume de negocio e os beneficios obtidos pola conduta.
g) O grao de difusión da publicidade.
2. Cando concorran máis de dous dos criterios de gradación no comportamento sancionable de entre os previstos no número 1 deste artigo, o órgano competente poderá impoñer a sanción superior en grao á prevista. Non será apreciada a reincidencia ou a reiteración para agravar as sancións cando xa fose tida en conta para tipificar a infracción.
