Articulo 26ordm Reglament...de Galicia

Articulo 26ordm Reglamento de disciplina urbanística para el desarrollo y aplicación de la Ley del suelo de Galicia

Ver Indice
»

Artigo 26º.

Vigente
nuevo

GPT Iberley IA

Copiloto jurídico



Os concellos ordenarán, de oficio ou a instancia de calquera interesado, a execución das obras necesarias para conserva- las condicións ás que fai referencia o artigo 24º deste regulamento, con indicación do prazo de realización.

Non poderá dictarse orde de execución sen a previa autorización que resulte preceptiva por mor dos réximes especiais de protección, vencellamento ou servidumes legais que afecten ó terreo ou inmoble do que se trate, agás as medidas excepcionais de protección cando exista perigo inmediato de que poidan producírselles danos ás persoas ou perigo inminente de derrubamento da edificación.