Articulo 27 Prevención de...es de edad

Articulo 27 Prevención del consumo de bebidas alcohólicas en menores de edad

Ver Indice
»

Artigo 27º.-Sancións.

Vigente
nuevo

GPT Iberley IA

Copiloto jurídico



1. As infraccións a esta lei sancionaranse nos graos mínimo, medio ou máximo, atendendo a gravidade da infracción, a natureza dos prexuízos causados, o risco para a saúde e a intencionalidade ou reiteración, da forma seguinte:

a) Infraccións leves:

i) Grao mínimo: ata 601,01 €.

ii) Grao medio: de 601,02 a 1.803,04 €.

iii) Grao máximo: de 1.803,05 a 3.005,06 €.

b) Infraccións graves:

i) Grao mínimo: de 3.005,07 a 6.010,12 €.

ii) Grao medio: de 6.010,13 a 10.517,71 €.

iii) Grao máximo: de 10.517,72 a 15.025,30 €.

c) Infraccións moi graves:

i) Grao mínimo: de 15.025,31 a 120.202,42 €.

ii) Grao medio: de 120.202,43 a 360.607,26 €.

iii) Grao máximo: de 360.607,27 a 601.012,11 €.

As cantidades expresadas poden exceder ata acadar o quíntuplo do valor dos produtos ou dos servizos obxecto da infracción.

2. Nos casos de especial gravidade con transcendencia notoria e grave para a saúde, o Consello da Xunta de Galicia poderá acordar o peche temporal do establecemento, instalación ou servizo por un prazo máximo de cinco anos. Neste suposto poderase impoñer como sanción complementaria a supresión, cancelación ou suspensión de calquera tipo de axudas ou subvencións de carácter financeiro que o particular ou a entidade infractora obtivesen ou solicitasen da Administración pública galega.