Articulo 28 Prevención del consumo de bebidas alcohólicas en menores de edad
- Norma vigente hasta el 7 de marzo de 2026. - LEY 6/2025, de 23 de diciembre, de protección de la salud de las personas menores y prevención de las conductas adictivas.
Artigo 28º.-Destino e substitución das sancións.
GPT Iberley IA
Copiloto jurídico
1. A autoridade competente para a imposición das sancións poderá decidir, en función da sanción e da súa capacidade organizativa, a substitución, por solicitude do infractor ou do representante legal, pola realización de traballos ou actividades en beneficio da comunidade. Esta substitución non se poderá facer nas faltas moi graves.
2. Ademais, no caso das sancións referidas ao consumo de bebidas alcohólicas por menores de idade, poderanse substituír, despois de solicitude do menor e coñecemento e aceptación dos seus pais, titores ou gardadores e coa compatibilidade coas actividades escolares, pola inclusión do infractor en programas preventivos de carácter formativo ou informativo, ou de tratamento, que se desenvolverán durante un número de sesións que se establecerán nas normas de desenvolvemento desta lei.
A Xunta de Galicia desenvolverá regulamentariamente os criterios básicos dos programas preventivos, que consistirán na realización de servizos de interese comunitario e/ou cursos formativos de comportamento e concienciación sobre o consumo de alcohol.
3. En todo caso, nas sancións polo consumo de alcohol por menores de idade, terán prevalencia as medidas previstas nos puntos 1 e 2 deste artigo.
4. No caso de que o infractor rexeite esta medida, será executada a multa correspondente prevista nesta lei para ese tipo de infraccións.
