Articulo 28ordm Reglamento de disciplina urbanística para el desarrollo y aplicación de la Ley del suelo de Galicia
Artigo 28º
GPT Iberley IA
Copiloto jurídico
1º.Transcorridos os prazos ós que se refire o artigo anterior sen que os afectados realicen as obras, o alcalde procederá á execución subsidiaria ou á execución forzosa, logo de apercibimento, mediante a imposición de multas coercitivas das que a contía oscilará entre as 50.000 e 500.000 pesetas, xustificando o seu importe en función das circunstancias que concorran, todo isto sen prexuízo da apertura, se é o caso, do oportuno expediente sancionador.
2. A imposición destas multas reiterarase ata acada- la completa execución do ordenado, agás que a Administración opte en calquera momento pola execución subsidiaria.
Artigo 29º
1º.Os concellos tamén poderán ordenar, por motivos de interese turístico ou estético, a execución das obras de conservación, renovación ou reforma en fachadas ou espacios visibles desde a vía pública, sen que estean previamente incluídas no planeamento.
2. As obras executaranse á custa dos propietarios se estivesen dentro do límite da obriga de conservación que lles corresponde e con cargo ós fondos da entidade que as ordene para obter melloras de interese xeral, cando supere aquel límite.
3. No caso de incumprimento por parte dos propietarios, rexerá o disposto no artigo 28º deste regulamento.
Artigo 30º.Os propietarios de bens incluídos nos catálogos de bens a protexer dos instrumentos urbanísticos terán a obriga de conservalos, podendo solicitar para tal efecto a cooperación das administracións competentes, que deberán prestala en condicións adecuadas cando as obras necesarias excedan dos límites do deber de conservación.
Artigo 31º
1º.O alcalde poderá acorda- las obras necesarias para adapta- los inmobles ás condicións do seu contorno, segundo o previsto no artigo 59 da Lei do solo de Galicia, tales como a conservación e reforma de fachadas ou espacios visibles desde as vías públicas, a limpeza e cerramento de soares, a retirada de carteis ou outros elementos impropios dos inmobles.
2. O procedemento para levar a cabo as actuacións a que se refire o número anterior será o que determinan os artigos 27º e 28º do presente regulamento.
3. As obras sinaladas na orde de execución realizaranse á custa dos propietarios ata o límite do deber legal de conservación.
