Articulo 29 Prevención de...es de edad

Articulo 29 Prevención del consumo de bebidas alcohólicas en menores de edad

Ver Indice
»

Artigo 29º.-Procedemento de substitución das sancións.

Vigente
nuevo

GPT Iberley IA

Copiloto jurídico



1. O procedemento iniciarase cando o infractor ou o seu representante legal soliciten a substitución da sanción polas medidas establecidas no artigo anterior, ante o órgano que a impuxese.

2. A resolución favorable da substitución, que será ditada nun prazo máximo de quince días desde a solicitude, declarará suspendido o prazo de prescrición da sanción polo tempo previsto de duración da medida substitutiva.

3. Durante o tempo de duración da medida substitutiva, a autoridade competente efectuará o seguimento que considere oportuno sobre as asistencias e os resultados nas tarefas correspondentes.

4. Cando da información reunida resulte acreditado que o infractor cumpriu satisfactoriamente o seu compromiso, a autoridade competente acordará a remisión da sanción ou sancións impostas.

5. O incumprimento total ou parcial da medida substitutiva determinará a esixencia da sanción inicialmente imposta, salvo que se produza por causa de forza maior.