Articulo 2ordm Reglamento de disciplina urbanística para el desarrollo y aplicación de la Ley del suelo de Galicia
Artigo 2º
GPT Iberley IA
Copiloto jurídico
1º.A Administración da Xunta de Galicia e das entidades locais, nas súas respectivas esferas de competencia, deberán de velar polo cumprimento da legalidade urbanística, no exercicio das potestades legais que lles incumban.
A intervención administrativa no uso do solo e na edificación, as medidas de protección da legalidade urbanística e as relativas ó procedemento sancionador son de exercicio inescusable para consegui- los obxectivos enunciados na Lei do solo de Galicia.
2. A administración da Xunta de Galicia facilitará ás entidades locais e éstas, pola súa vez, a aquela a información e a colaboración que respectivamente soliciten para a protección da legalidade e a adopción das medidas de disciplina necesarias.
En calquera caso, os concellos e a Comunidade Autónoma notificaranse mutuamente tódalas resolucións que poñan fin ós procedementos sancionadores e de reposición da legalidade urbanística.
3. Así mesmo, os concellos poderán solicitar da correspondente deputación provincial, de acordo co establecido no artigo 194.1º da Lei do solo de Galicia e na Lei 5/1997, do 22 de xullo, de Administración local de Galicia, o asesoramento e cooperación necesaria para o cumprimento das súas obrigas urbanísticas.
