Articulo 3 Tenencia de an...es Caninos

Articulo 3 Tenencia de animales potencialmente peligrosos y registros gallegos de Identificación de Animales de Compañía y Potencialmente Peligrosos y de Adiestradores Caninos

Ver Indice
»

Artigo 3º.-Licencia.

Vigente
nuevo

GPT Iberley IA

Copiloto jurídico



1. A tenza dos animais referidos no artigo anterior requirirá a obtención previa dunha licencia administrativa outorgada polo concello correspondente, nos termos previstos no artigo 3 da Lei 50/1999, do 23 de decembro.

2. Esta licencia deberá ser renovada cada cinco anos, coa finalidade de comprobar que o interesado segue a cumpri-los requisitos que se lle esixiron para a súa obtención.

3. Os donos dos animais potencialmente perigosos subscribirán un seguro de responsabilidade civil cunha cobertura mínima de cento vintecinco mil euros (125.000 euros) , que se renovará anualmente, pola súa responsabilidade derivada dos danos que o animal poida causar a terceiros, aínda que o animal fose cedido a outra persoa para o seu coidado. A constitución do citado seguro será requisito indispensable e previo para a identificación dos animais e inscrición no rexistro.

4. A obtención da licencia para a tenza de animais salvaxes en catividade, considerados como potencialmente perigosos, requirirá, ademais dos requisitos especificados no artigo 3 da Lei 50/1999, do 23 de decembro, a presentación dunha memoria descritiva das instalacións e das medidas de seguridade utilizadas para impedi-la fuxida dos animais. A dita memoria deberá estar subscrita por veterinarios, biólogos ou outros facultativos superiores ou medios nos que nos seus plans de estudios quede acreditado o coñecemento ou estudio de etoloxía animal.