Articulo 30 Prevención del consumo de bebidas alcohólicas en menores de edad
- Norma vigente hasta el 7 de marzo de 2026. - LEY 6/2025, de 23 de diciembre, de protección de la salud de las personas menores y prevención de las conductas adictivas.
Artigo 30º.-Competencia sancionadora.
GPT Iberley IA
Copiloto jurídico
1. Con carácter xeral, a competencia para a imposición de sancións corresponderá aos seguintes órganos:
a) Aos alcaldes, para a imposición de sancións pola comisión de infraccións leves e graves nos seus graos mínimo e medio, así como a suspensión de calquera tipo de axuda ou subvención de carácter financeiro que o particular ou a entidade infractora obtivesen ou solicitasen do concello, ou a revogación das autorizacións municipais concedidas.
b) Aos xefes territoriais das consellarías con competencias na materia, para a imposición de sancións pola comisión de infraccións graves no seu grao máximo.
c) Aos titulares dos órganos superiores ou directivos das consellarías con competencias, de conformidade co que establezan os correspondentes decretos de estrutura orgánica, para a imposición de sancións pola comisión de infraccións moi graves no seu grao mínimo.
d) Corresponde ao Consello da Xunta de Galicia:
i. Impoñer as sancións previstas pola comisión de infraccións moi graves nos seus graos medio e máximo.
ii. Acordar o peche temporal, por un prazo máximo de cinco anos, do establecemento, instalación ou servizo infractor.
iii. Así mesmo, poderá impoñer a sanción complementaria de supresión, cancelación ou suspensión de calquera tipo de axuda ou subvención de carácter financeiro que o particular ou a entidade infractora obtivesen ou solicitasen da Administración pública galega.
2. Por razón da materia, a competencia sancionadora, no marco da Xunta de Galicia, corresponderá aos seguintes órganos:
a) Á consellaría responsable en materia sanitaria, as correspondentes aos incumprimentos en materia de publicidade e promoción de bebidas alcohólicas dirixidas a menores de idade nos medios de comunicación e por teléfono ou internet.
b) Á consellaría responsable en materia educativa, as correspondentes aos incumprimentos en materia de publicidade, promoción ou venda de bebidas alcohólicas nos centros docentes.
c) Á consellaría responsable en materia de benestar, as correspondentes aos incumprimentos en materia de publicidade, promoción ou venda de bebidas alcohólicas nos centros de menores baixo o seu ámbito competencial.
d) Á consellaría responsable en materia de espectáculos públicos, as correspondentes aos incumprimentos en materia de acceso de menores de idade a locais.
3. Cando, denunciado un feito de que teña coñecemento a Administración da Xunta de Galicia, e logo de requirimento ao concello que resulte competente, este non incoe o oportuno expediente sancionador no prazo de dez días a partir do requirimento, a consellaría competente poderá iniciar a súa tramitación con comunicación da resolución correspondente ao concello.
