Articulo 37 Prevención de...es de edad

Articulo 37 Prevención del consumo de bebidas alcohólicas en menores de edad

Ver Indice
»

Artigo 37º.-Das competencias da Administración autonómica.

Vigente
nuevo

GPT Iberley IA

Copiloto jurídico



1. Corresponde á Xunta de Galicia o exercicio das seguintes competencias:

a) O establecemento da política en materia de prevención do consumo de bebidas alcohólicas en menores de idade na Comunidade Autónoma de Galicia.

b) A aprobación das estruturas administrativas en materia de prevención do consumo de bebidas alcohólicas en menores de idade, así como a súa organización e réxime de funcionamento.

c) O exercicio da potestade sancionadora a través das consellarías competentes por razón da materia, nos termos previstos nesta lei.

d) A adopción, en colaboración con outras administracións públicas, de todas aquelas medidas que sexan precisas para asegurar o cumprimento do establecido nesta lei.

2. Dentro da estrutura da Xunta de Galicia, corresponde á Consellería de Sanidade:

a) A cooperación ou colaboración xeral coas administracións públicas, entidades privadas e institucións nas actuacións en materia de prevención do consumo de bebidas alcohólicas en menores de idade.

b) O establecemento e xestión do sistema de información sobre consumo de bebidas alcohólicas en menores de idade.