Articulo 37ordm Reglamento de disciplina urbanística para el desarrollo y aplicación de la Ley del suelo de Galicia
Artigo 37º
GPT Iberley IA
Copiloto jurídico
1º.Se o procedemento se iniciase por instancia dos interesados, faranse constar no escrito que estes presenten os datos de identificación relativos ó inmoble, o motivo ou motivos en que se basea o estado de ruína e a relación dos moradores, calquera que fose o título de posesión, así como os titulares de dereitos reais sobre o inmoble, se os houber.
2. Ó escrito de iniciación xuntarase informe de facultativo competente, no que se xustifique a causa de insta- la declaración de ruína, o estado físico do inmoble, e se acredite así mesmo se no momento da petición o edificio reúne, ó seu xuízo, condicións de seguridade e habitabilidade suficientes que permitan ós seus ocupantes a permanencia nel ata que se adopte o acordo que proceda.
3. Se o que solicita a declaración de ruína é o propietario do inmoble, acreditará tamén a súa titularidade.
