Articulo 38ordm Reglamento de disciplina urbanística para el desarrollo y aplicación de la Ley del suelo de Galicia
Artigo 38º
GPT Iberley IA
Copiloto jurídico
1º.Iniciado o expediente, poñeráselle de manifesto ó propietario, ós moradores e ós titulares de dereitos reais sobre o inmoble, se os houber, dándolles traslado literal dos informes técnicos, para que, nun prazo non inferior a dez días nin superior a quince, prorrogable pola metade do concedido, aleguen e presenten por escrito os documentos e xustificacións que coiden pertinentes en defensa dos seus respectivos dereitos.
2. Cando no informe técnico presentado polo interesado se alegue existencia de perigo inmediato que poida producir dano ás persoas, ordenarase coa maior brevidade unha inspección técnica e, á vista desta, acordarase o procedente respecto á habitabilidade do inmoble, o desaloxamento dos seus ocupantes e a demolición das construccións. A inspección poderá repetirse cantas veces se coide oportuno durante a tramitación do expediente e, unha vez finalizado, ata que conste a demolición do inmoble.
