Articulo 4 Prevención del consumo de bebidas alcohólicas en menores de edad
Artigo 4º.-Principios reitores da lei.
GPT Iberley IA
Copiloto jurídico
Esta lei ten como principios reitores os seguintes:
a) A participación activa da comunidade, moi especialmente organizacións xuvenís, e dos sectores afectados na planificación e execución das actuacións en materia de prevención do consumo de bebidas alcohólicas en menores de idade.
b) A integración e coordinación das actuacións en materia de prevención de todas as administracións públicas galegas.
c) A promoción activa de hábitos de vida saudables e dunha cultura de saúde que inclúa o rexeitamento do consumo por parte de menores de idade, así como a modificación de actitudes e comportamentos da sociedade respecto da problemática vinculada a estes comportamentos.
d) As diferentes intervencións planificadas deberán estar baseadas na evidencia científica dispoñible.
e) A consideración prioritaria das políticas e as actuacións preventivas en materia de prevención do consumo de bebidas alcohólicas en menores de idade.
f) O principio de corresponsabilidade social debe impregnar a coordinación das actuacións sobre a problemática asociada ao consumo de bebidas alcohólicas por menores de idade.
g) As actuacións sanitarias en materias obxecto desta lei responderán aos principios reitores que, para todo o sistema público de saúde de Galicia, se enuncian no artigo 32º da Lei 8/2008, do 10 de xullo, de saúde de Galicia.
