Articulo 42ordm Reglamento de disciplina urbanística para el desarrollo y aplicación de la Ley del suelo de Galicia
Artigo 42º
GPT Iberley IA
Copiloto jurídico
1º.A resolución do expediente notificaráselle a tódolos que fosen parte nel e a tódolos moradores do inmoble, aínda que non comparecesen.
2. Cando se acordase a execución de obras, fixarase o termo dentro do que se deberán levar a cabo. No caso de incumprimento, haberá que aterse ó disposto no artigo 28º deste regulamento.
3. Se se acordase a demolición do inmoble, fixarase, así mesmo, o prazo no que se deba de realizar, coa advertencia de que, de non facelo ou de non levar a cabo as obras a ritmo normal, a Administración levaraas a cabo, pasándolle ó obrigado o cargo correspondente. Se, ademais, houbese perigo ou risco inminente na demora, a notificación dirixida ós ocupantes expresará o prazo para o desaloxamento do inmoble, co apercibimento de desafiuzamento por vía administrativa.
