Articulo 44ordm Reglament...de Galicia

Articulo 44ordm Reglamento de disciplina urbanística para el desarrollo y aplicación de la Ley del suelo de Galicia

Ver Indice
»

Artigo 44º

Vigente
nuevo

GPT Iberley IA

Copiloto jurídico



1º.Cando, como consecuencia de comprobacións realizadas polos servicios da Administración, de oficio ou en virtude de denuncia de particulares, ou como consecuencia do escrito de iniciación do expediente de ruína, se considere que a situación dun inmoble ou construcción ofrece tal deterioración que é urxente a súa demolición e existe perigo para as persoas ou bens na demora que supón a tramitación do expediente, o alcalde acordará o desaloxamento dos ocupantes e adoptará as medidas referidas á seguridade da construcción.

2. Para tal efecto, recibida a instancia na que se solicita a declaración de ruína ou a denuncia de calquera persoa, disporase con carácter de urxencia unha visita de inspección, emitindo informe os técnicos municipais. O informe versará sobre as condicións de seguridade e habitabilidade do inmoble e risco de danos a terceiros, propoñendo, se é o caso, a adopción de medidas excepcionais de protección, tales como apeos ou espeques, que deban de aplicarse con carácter inmediato.

3. O alcalde adoptará a resolución que proceda no prazo de vintecatro horas desde a recepción dos informes.