Articulo 4ordm Reglamento de disciplina urbanística para el desarrollo y aplicación de la Ley del suelo de Galicia
Artigo 4º
GPT Iberley IA
Copiloto jurídico
1. Toda actuación que contradiga as normas ou o planeamento urbanístico en vigor poderá dar lugar a:
a) A adopción por parte da Administración competente das medidas precisas para que se proceda á restauración da orde xurídica infrinxida e da realidade física alterada ou transformada como consecuencia da actuación ilegal.
b) A iniciación dos procedementos de suspensión e anulación dos actos administrativos nos que presuntamente puidera ampararse a actuación ilegal.
c) A imposición de sancións ós responsables, logo da tramitación do correspondente expediente sancionador, sen prexuízo das responsabilidades de orde penal nas que puidesen incorrer.
d) A obriga de resarcimento de danos e indemnización dos prexuízos a cargo dos que sexan declarados responsables.
2. As actuacións previstas no número anterior serán desenvolvidas polos órganos e conforme o procedemento establecido para cada unha delas, sen prexuízo das regras de conexión e compatibilidade contidas no presente regulamento.
