Articulo 52ordm Reglamento de disciplina urbanística para el desarrollo y aplicación de la Ley del suelo de Galicia
Artigo 52º.
GPT Iberley IA
Copiloto jurídico
Nos supostos en que se acorde a suspensión de actos de edificación ou uso do solo, o alcalde deberá adopta- las medidas necesarias para garanti- la total interrupción da actividade. Coa dita finalidade, o alcalde poderá ordena- la retirada dos materiais preparados para seren utilizados na obra ou actividade suspendida e a maquinaria afecta a ela, cando o interesado non o fixese no prazo de vintecatro horas seguintes á notificación do acordo de suspensión e houbese incumprimento do dito acordo. No suposto de que o interesado non procedese á retirada dos materiais e da maquinaria, a autoridade que ordenou a suspensión poderá retiralos ou precintalos. Os materiais e a maquinaria retirados quedarán á disposición do interesado, quen satisfará os gastos de transporte e custodia.
