Articulo 54ordm Reglament...de Galicia

Articulo 54ordm Reglamento de disciplina urbanística para el desarrollo y aplicación de la Ley del suelo de Galicia

Ver Indice
»

Artigo 54º

Vigente
nuevo

GPT Iberley IA

Copiloto jurídico



1º.Instruído o expediente de reposición da legalidade e logo de audiencia do interesado, de conformidade co disposto na Lei 30/1992, do 26 de novembro, adoptarase un dos seguintes acordos:

a) Se os actos de edificación e uso do solo non fosen legalizables pola súa imcompatibilidade co ordenamento urbanístico, o alcalde decretará, en caso de obras, a súa demolición á custa do interesado e, no caso de usos, a reposición dos bens afectados ó estado anterior ó incumprimento daquela. En ámbolos supostos, procederase a impedir definitivamente os usos ós que se dese lugar.

b) No suposto de que as obras ou usos fosen legalizables pola súa compatibilidade co ordenamento urbanístico, requirirase o interesado para que no prazo de dous meses solicite a preceptiva licencia, manténdose a suspensión das obras mentres esta non fose outorgada.

c) Se as obras se realizasen sen axustarse ás determinacións previstas na licencia ou orde de execución outorgada, requirirase o interesado para que no prazo de dous meses axuste as obras ás condicións sinaladas na licencia. No suposto de que a complexidade técnica ou envergadura das obras a realizar fagan inviable, a teor dos informes técnicos municipais, a súa acomodación ás previsións da licencia no prazo previsto, o alcalde poderá conceder unha ampliación, que en ningún caso excederá da metade daquel.

2. Transcorrido o prazo outorgado sen que o interesado solicite a oportuna licencia ou sen que proceda a axusta- las obras ás condicións sinaladas nela ou na orde de execución, así como nos supostos nos que a licencia fose denegada por se- lo seu outorgamento contrario á legalidade, o alcalde acordará, respectivamente, a demolición das obras á custa do interesado ou a reposición dos bens afectados á situación anterior ó incumprimento do ordenamento vixente. En ámbolos supostos impedirá definitivamente os usos ós que dese lugar.

3. No caso de incumprimento da orde de demolición ou de reposición dos bens ó estado anterior ó incumprimento do ordenamento urbanístico, a Administración actuante procederá á súa execución subsidiaria ou á súa execución forzosa mediante a imposición de multas coercitivas, das que a contía oscilará entre as 50.000 e as 500.000 pesetas, en función das circunstancias concorrentes e do custo estimado das actuacións necesarias para restaura- la legalidade.

A imposición destas multas reiterarase ata logra- la execución polo suxeito obrigado, sen prexuízo de que, con obxecto de evitar dilacións innecesarias no restablecemento da legalidade urbanística, o alcalde opte en calquera momento pola execución subsidiaria á custa do interesado ou os seus habentes causa.

4. Se os actos de edificación fosen promovidos por órganos das administracións públicas ou entidades de dereito público que administren bens daquelas, haberá que aterse ó disposto na sección segunda do capítulo I do título II deste regulamento.