Articulo 55ordm Reglament...de Galicia

Articulo 55ordm Reglamento de disciplina urbanística para el desarrollo y aplicación de la Ley del suelo de Galicia

Ver Indice
»

Artigo 55º

Vigente
nuevo

GPT Iberley IA

Copiloto jurídico



1º.Cando a actividade executada sen licencia consistise na demolición dun edificio ou construcción, o alcalde decretará, se procedese, a reconstrucción do indebidamente demolido.

2. Se a demolición afectase a un edificio ou construcción de valor histórico- artístico ou arqueolóxico, incluídos nos catálogos previstos no artigo 32 da Lei do solo de Galicia ou en plans especiais de protección, o alcalde ordenará a paralización inmediata da actividade.

A reconstrucción, cando proceda, deberá someterse ás normas establecidas para a conservación, restauración e mellora que lle sexan de aplicación na súa lexislación específica. Os custos de reconstrucción correrán a cargo do actor da demolición practicada ou os seus habentes causa.

3. Cando se paralice definitivamente a demolición das edificacións ou construccións a que se refire o apartado 2 deste artigo, adoptaranse as medidas de seguridade que sexan necesarias á custa do interesado.