Articulo 57ordm Reglamento de disciplina urbanística para el desarrollo y aplicación de la Ley del suelo de Galicia
Artigo 57º
GPT Iberley IA
Copiloto jurídico
1. Cando algún acto distinto dos regulados no artigo anterior e precisado de licencia se realizase sen esta ou en contra das súas determinacións, o alcalde disporá a cesación inmediata do dito acto e incoará expediente de reposición da legalidade.
2. Instruído o expediente de reposición da legalidade, e logo de audiencia do interesado, adoptarase algún dos seguintes acordos:
a) Se a actividade fose legalizable e se realizase sen licencia ou sen axustarse ás súas determinacións, requirirase o interesado para que solicite a oportuna licencia ou axuste a actividade á xa concedida.
b) Se a actividade non fose legalizable por ser incompatible co ordenamento urbanístico, procederase a impedir definitivamente a actividade e a ordena- la reposición dos bens afectados ó estado anterior ó incumprimento daquela.
3. Se, transcorrido o prazo de dous meses desde o requirimento, o interesado non solicitase a oportuna licencia ou, se é o caso, non axustara a actividade ás condicións sinaladas nela, o alcalde adoptará o acordo previsto na alínea b) do número anterior. De igual modo se procederá no suposto de que a licencia fose denegada por se- lo seu outorgamento contrario á legalidade.
4. Para a execución forzosa das medidas adoptadas polo alcalde será de aplicación o disposto no artigo 54º. 3 deste regulamento.
