Articulo 58ordm Reglament...de Galicia

Articulo 58ordm Reglamento de disciplina urbanística para el desarrollo y aplicación de la Ley del suelo de Galicia

Ver Indice
»

Artigo 58º

Vigente
nuevo

GPT Iberley IA

Copiloto jurídico



1º.Os actos de edificación e uso do solo relacionados no artigo 10 deste regulamento que se realicen sen licencia ou orde de execución sobre terreos cualificados polo planeamento vixente como zonas verdes, espacios libres, dotacións, equipamentos ou solo rústico con especial protección, quedarán suxeitos ó réxime previsto no capítulo I do título III e na sección primeira deste capítulo.

2. No suposto de que os actos e usos aludidos no punto anterior fosen executados, o réxime aplicable será o previsto na sección segunda deste capítulo, coa particularidade da inaplicación do prazo que establece o artigo 56º. 1 deste regulamento.

3. Nos procedementos de reposición da legalidade a que se refiren os apartados anteriores solicitarase informe preceptivo ó concello correspondente, que deberá emitirse no prazo máximo de 15 días.