Articulo 6 Prevención del consumo de bebidas alcohólicas en menores de edad
- Norma vigente hasta el 7 de marzo de 2026. - LEY 6/2025, de 23 de diciembre, de protección de la salud de las personas menores y prevención de las conductas adictivas.
Artigo 6º.-Medidas de prevención orientadas á diminución da demanda.
GPT Iberley IA
Copiloto jurídico
1. As medidas de prevención para a diminución da demanda son aquelas actuacións que teñen por obxectivo a modificación da conduta cara ao consumo mediante a educación, asesoramento, consello, información ou outras metodoloxías.
2. As administracións públicas e entidades que planifiquen, deseñen e executen medidas de prevención para a diminución da demanda deberán ter presente:
a) As actuacións en materia de prevención do consumo de bebidas alcohólicas en menores de idade desenvolvidas polas administracións públicas en Galicia, con ou sen a colaboración de entidades e institucións privadas, enmarcaranse nun ámbito xeral de promoción da saúde e calidade de vida, prestando especial atención ás situacións de vulnerabilidade.
b) O ámbito prioritario da prevención será poboacional, mediante actuacións programáticas que incidan principalmente sobre os determinantes asociados á aparición do consumo abusivo de bebidas alcohólicas.
c) Os programas preventivos deberán ser específicos para a idade dos destinatarios, apropiados ao seu desenvolvemento e sensibles coas diferentes culturas.
d) As actuacións prioritarias destes programas consistirán en ofrecer información e asesoramento e fundamentalmente elaborar e implementar estratexias educativas en prevención de condutas de risco por menores, nomeadamente de condutas de consumo de alcohol, contando con todas as instancias implicadas.
e) Fomentarase o apoio á constitución de redes de proximidade coa adecuada metodoloxía de traballo para favorecer que a educación para a saúde se difunda en canles que, habitualmente, son difíciles de abordar.
f) Desenvolveranse protocolos de avaliación adecuados para determinar a adecuación das medidas aos fins para os que estean deseñadas, contando coa participación social de todos os axentes implicados.
g) Promoverase a adopción e aplicación de criterios de calidade, segundo estándares internacionais que serán establecidos e definidos polo departamento da Xunta competente en materia de sanidade.
h) Fomentarase a colaboración e o intercambio de información, a nivel nacional e internacional, que facilite a implantación de accións preventivas.
i) Os programas de prevención deberán incorporar entre os seus obxectivos o incremento da percepción dos riscos asociados ao consumo de bebidas alcohólicas en menores de idade.
j) Ampliarase e mellorarase a formación continuada dos servizos e equipos de prevención.
3. Deberanse realizar as análises de situación, utilizando a información científica dispoñible, para seleccionar as medidas preventivas de intervención máis axeitadas.
