Articulo 68ordm Reglamento de disciplina urbanística para el desarrollo y aplicación de la Ley del suelo de Galicia
Artigo 68º
GPT Iberley IA
Copiloto jurídico
1º.De conformidade co establecido no artigo 193 da Lei do solo de Galicia e coas prescricións especificas que se establecen no título V deste regulamento, cando unha entidade local incumprise as obrigas que directamente lle incumben, sinaladas neste título, ou deixase de adopta- las medidas para a protección da legalidade urbanística, o conselleiro de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda requiriralle o seu cumprimento con indicación de prazo.
2. Se, transcorrido o prazo persistise, o incumprimento poñerase, se é o caso, en coñecemento do Ministerio Fiscal para os efectos de esixírlle- las responsabilidades ás que houbese lugar.
3. En calquera caso, a denegación da información solicitada ou a inobservancia dos requirimentos formulados pola Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda, poderá ser causa de revogación das competencias urbanísticas delegadas no concello, de conformidade co disposto polo artigo 5 da Lei 7/1995, do 29 de xuño, de delegación e distribución de competencias en materia de urbanismo.
