Articulo 72ordm Reglament...de Galicia

Articulo 72ordm Reglamento de disciplina urbanística para el desarrollo y aplicación de la Ley del suelo de Galicia

Ver Indice
»

Artigo 72º

Vigente
nuevo

GPT Iberley IA

Copiloto jurídico



1º.Nas obras que se executen sen licencia ou con inobservancia das súas condicións serán sancionadas por infracción urbanística as persoas físicas ou xurídicas responsables delas en calidade de promotor, empresario das obras e técnico director delas.

2. Consideraranse tamén como promotor o propietario do solo sobre ou baixo o que se realiza ou se realizou a infracción, agás proba en contrario.

3. Nas obras acollidas nunha licencia o contido da cal sexa constitutivo de infracción urbanística grave ou moi grave serán igualmente sancionados o facultativo que informase favorablemente o proxecto e as autoridades ou membros da corporación que resolvesen ou votasen en prol do outorgamento da licencia sen os informes previos esixibles ou cando estes fosen desfavorables en razón daquela infracción.

4. Os que, como consecuencia dunha infracción urbanística, sufrisen danos e perdas poderán esixir de calquera dos infractores, con carácter solidario, o resarcimento e a indemnización que correspondan.