Articulo 79ordm Reglamento de disciplina urbanística para el desarrollo y aplicación de la Ley del suelo de Galicia
Artigo 79º
GPT Iberley IA
Copiloto jurídico
1º.Para gradua- las multas atenderase primordialmente á gravidade da materia, á entidade económica dos feitos constitutivos de infracción, á reiteración por parte da persoa responsable e ó grao de culpabilidade de cada uno dos infractores.
2. Son circunstancias que agravan a responsabilidade dos culpables dunha infracción urbanística:
a) O terse prevalido, para cometela, da titularidade dun oficio ou cargo público, agás que o feito constitutivo da infracción fose realizado, precisamente, no exercicio do deber funcionarial propio do cargo ou oficio.
b) A utilización de violencia ou calquera outro tipo de coacción sobre a autoridade ou funcionario público encargado do cumprimento da legalidade urbanística ou mediante suborno.
c) O cometela alterando os supostos de feito que presuntamente lexitimen a actuación, ou mediante a falsificación dos documentos nos que se acreditase o fundamento legal da actuación.
d) O incumprimento dos requirimentos efectuados pola Administración en orde á paralización das obras e a restauración da legalidade urbanística e a denegación do acceso ós terreos ou construccións ós funcionarios encargados da inspección urbanística.
e) O realizala aproveitándose ou explotando en beneficio propio unha grave necesidade pública ou do particular ou particulares que resultasen prexudicados.
3. Son circunstancias concorrentes que atenúan a responsabilidade dos culpables dunha infracción urbanística:
a) O non ter intención de causar dano grave ós intereses públicos ou privados afectados polo feito ilegal.
b) O ter procedido o responsable a corrixi- la situación creada pola comisión da infracción.
4. Son circunstancias que, segundo cada caso, poden agravar ou atenua- la responsabilidade:
a) O maior ou menor coñecemento técnico dos pormenores da actuación, de acordo coa profesión ou actividade habitual do responsable.
b) O maior ou menor beneficio obtido da infracción ou, se é o caso, o realizala sen consideración ningunha ó posible beneficio económico que dela se derive.
c) A maior ou menor magnitude física do dano producido.
d) A maior ou menor dificultade técnica para devolve- lo terreo ó seu estado inicial.
5. Todo iso, sen prexuízo das responsabilidades penais esixibles, se é o caso, ós infractores.
