Articulo 9 Prevención del...es de edad

Articulo 9 Prevención del consumo de bebidas alcohólicas en menores de edad

Ver Indice
»

Artigo 9º.-A prevención no ámbito familiar.

Vigente
nuevo

GPT Iberley IA

Copiloto jurídico



Os programas, actuacións ou medidas de prevención neste ámbito deberán ter en conta os seguintes criterios:

1. Fomentar a participación das familias, dada a súa importancia como axentes de saúde.

2. Potenciar as habilidades educativas e de comunicación no seo familiar, aumentando a súa capacidade para previr o consumo e resolver os problemas derivados, así como para a mellora da cohesión e o apego familiar, velando especialmente polo mantemento de actitudes correctas.

3. Dar prioridade ao traballo preventivo coas familias multiproblemáticas e coas dos menores de idade considerados de especial vulnerabilidade.

4. Conter mecanismos de coordinación entre os ámbitos educativo, de servizos sociais, de menores de idade e sanitario.