Legislación
Legislación

ORDE do 18 de febreiro de 2014 pola que se crea o Rexistro Auxiliar do Laboratorio Oficial de Metroloxía de Galicia., - Diario Oficial de Galicia, de 24-02-2014

Tiempo de lectura: 3 min

Tiempo de lectura: 3 min

Ambito: Galicia

Órgano emisor: VICEPRESIDENCIA E CONSELLERIA DE PRESIDENCIA, ADMINISTRACIONS PUBLICAS E XUSTIZA

Boletín: Diario Oficial de Galicia Número 37

F. Publicación: 24/02/2014

Documento oficial en PDF: Enlace

Esta normal es una reproducción del texto publicando en el Diario Oficial de Galicia Número 37 de 24/02/2014 y no contiene posibles reformas posteriores

O Decreto 191/2011, do 22 de setembro, de organización e funcionamento dos rexistros da Administración xeral e das entidades públicas instrumentais da Comunidade Autónoma de Galicia, dispón no seu artigo 8.2 que a creación, modificación ou supresión das oficinas de rexistro auxiliares se fará mediante orde da consellería competente en materia de administracións públicas por proposta da consellería ou entidade correspondente logo de informe da Oficina de Rexistro Xeral.

O Decreto 134/2013, do 1 de agosto (DOG núm. 55, do 14 de agosto), polo que se procede á organización das entidades instrumentais adscritas á Consellería de Economía e Industria con competencias en materia de innovación e se modifica a estrutura orgánica da dita consellería, autoriza a extinción da Fundación para o Fomento da Calidade Industrial e o Desenvolvemento Tecnolóxico de Galicia na que estaba integrada o Laboratorio Oficial de Metroloxía de Galicia.

Tras a dita modificación o Laboratorio Oficial de Metroloxía de Galicia queda adscrito á Consellería de Economía e Industria a través da Subdirección Xeral de Administración Industrial, dependendo funcionalmente do Servizo de Metroloxía e Laboratorios Oficiais.

Para o exercicio das competencias que lle atribúe o Decreto 110/2013, do 4 de xullo, polo que se establece a estrutura orgánica da Consellería de Economía e Industria, necesita ter habilitado un rexistro de saída e entrada.

Ata agora o Laboratorio, como entidade instrumental e medio propio, realizaba para a Consellería os ensaios técnicos relativos a varios procedementos de verificación metrolóxica, e a parte administrativa recaía na propia Dirección Xeral de Enerxía e Minas.

Como consecuencia da integración do Laboratorio na Administración Xeral da Comunidade Autónoma de Galicia e para o aproveitamento dos recursos administrativos e técnicos, os ditos procedementos serán tramitados na súa totalidade no propio laboratorio.

Tendo en conta que o Laboratorio Oficial de Metroloxía de Galicia está illado e lonxe doutros edificios administrativos, xa que está situado no Parque Tecnolóxico de Galicia, na localidade de San Cibrao das Viñas (Ourense), resulta preciso proceder á creación do Rexistro Auxiliar do Laboratorio Oficial de Metroloxía de Galicia, sito na avenida de Galicia, nº 5, Parque Tecnolóxico de Galicia, 32901 San Cibrao das Viñas (Ourense).

Polo exposto e en uso das facultades que me confiren os artigos 34.6 e 38 da Lei 1/1983, do 22 de febreiro, reguladora da Xunta e da súa Presidencia,

DISPOÑO:

Artigo único

Créase o Rexistro Auxiliar do Laboratorio Oficial de Metroloxía de Galicia, sito na avenida de Galicia, nº 5, Parque Tecnolóxico de Galicia, 32901 San Cibrao das Viñas (Ourense).

Disposición derradeira primeira. O establecido nesta orde non suporá incremento de gasto.

Disposición derradeira segunda. Esta orde entrará en vigor o mesmo día da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 18 de febreiro de 2014

Alfonso Rueda Valenzuela

Vicepresidente e conselleiro de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza