Legislación
Legislación

ORDE do 25 de abril de 2013 pola que se aproba o cambio de denominación do Rexistro da Secretaría Xeral para o Turismo, que pasa a denominarse Rexistro da Axencia Turismo de Galicia., - Diario Oficial de Galicia, de 06-05-2013

Tiempo de lectura: 2 min

Tiempo de lectura: 2 min

Ambito: Galicia

Órgano emisor: VICEPRESIDENCIA E CONSELLERIA DE PRESIDENCIA, ADMINISTRACIONS PUBLICAS E XUSTIZA

Boletín: Diario Oficial de Galicia Número 86

F. Publicación: 06/05/2013

Documento oficial en PDF: Enlace

Esta normal es una reproducción del texto publicando en el Diario Oficial de Galicia Número 86 de 06/05/2013 y no contiene posibles reformas posteriores

O Decreto 191/2011, do 22 de setembro, de organización e funcionamento dos rexistros da Administración xeral e das entidades públicas instrumentais da Comunidade Autónoma de Galicia, dispón no seu artigo 8.2 que a creación, modificación ou supresión das oficinas de rexistro auxiliares se fará mediante orde da consellería competente en materia de administracións públicas por proposta da consellería ou entidade correspondente, logo de informe da Oficina de Rexistro Xeral.

Con data do 1 de marzo de 2013 a anteriormente denominada Secretaría Xeral para o Turismo pasa a funcionar como Axencia Turismo de Galicia, precisando que o rexistro que antes funcionaba como Rexistro da Secretaría Xeral para o Turismo pase a denominarse Rexistro da Axencia Turismo de Galicia coa correspondente adaptación da aplicación á estrutura recollida no Decreto 196/2012, do 27 de setembro, polo que se crea a Axencia Turismo de Galicia e se aproban os seus estatutos.

Tendo en conta a anterior situación, resulta preciso proceder á modificación da denominación do Rexistro da Secretaría Xeral para o Turismo por Rexistro da Axencia Turismo de Galicia.

Polo exposto e en uso das facultades que me confiren os artigos 34.6º e 38 da Lei 1/1983, do 22 de febreiro, reguladora da Xunta e da súa Presidencia,

DISPOÑO:

Artigo único. Modifícase a denominación do Rexistro da Secretaria Xeral para o Turismo por Rexistro da Axencia Turismo de Galicia.

Disposición derradeira primeira

O establecido nesta orde non suporá incremento de gasto.

Disposición derradeira segunda

Esta orde entrará en vigor o mesmo día da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 25 de abril de 2013

Alfonso Rueda Valenzuela

Vicepresidente e conselleiro de Presidencia,

Administracións Públicas e Xustiza