ORDE do 31 de xaneiro de 2014 pola que se crea o Rexistro Auxiliar da Área Provincial de Turismo de Ourense., - Diario Oficial de Galicia, de 18-02-2014

TIEMPO DE LECTURA:

  • Ámbito: Galicia
  • Boletín: Diario Oficial de Galicia Número 33
  • Fecha de Publicación: 18/02/2014
  • PDF de la disposición

O Decreto 191/2011, do 22 de setembro, de organización e funcionamento dos rexistros da Administración xeral e das entidades públicas instrumentais da Comunidade Autónoma de Galicia, dispón no seu artigo 8.2 que a creación, modificación ou supresión das oficinas de rexistro auxiliares se fará mediante orde da consellería competente en materia de administracións públicas por proposta da consellería ou entidade correspondente e logo de informe da Oficina de Rexistro Xeral.

Con data do 9 de outubro de 2012 publícase no Diario Oficial de Galicia o Decreto 196/2012, do 27 de setembro, polo que se crea a Axencia de Turismo de Galicia e se aproban os seus estatutos.

Así, a Axencia Turismo de Galicia asume as competencias, recursos e medios materiais que lle corresponden á Secretaría Xeral para o Turismo, aos servizos de turismo nas xefaturas territoriais, á Sociedade de Imaxe e Promoción Turística de Galicia, S.A. e ao consorcio Instituto de Estudos Turísticos, desde o momento en que se produza a extinción da súa personalidade xurídica.

O artigo 26 do Decreto 196/2012 configura as áreas provinciais da Axencia e sinala que as áreas da Axencia en cada provincia, con nivel orgánico equivalente a servizo, teñen encomendada a xestión de competencias desta no respectivo ámbito territorial.

Conforme o anterior, resulta preciso proceder á creación do Rexistro da Área Provincial de Turismo de Ourense, sito na rúa Curros Enríquez nº 1-3, no concello de Ourense.

Polo exposto e en uso das facultades que me confiren os artigos 34.6º e 38 da Lei 1/1983, do 22 de febreiro, reguladora da Xunta e da súa Presidencia,

DISPOÑO:

Artigo único

Créase o Rexistro da Área Provincial de Turismo de Ourense, sito na rúa Curros Enríquez nº 1-3, no concello de Ourense.

Disposición derradeira primeira

O establecido nesta orde non suporá incremento de gasto.

Disposición derradeira segunda

Esta orde entrará en vigor o mesmo día da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 31 de xaneiro de 2014

Alfonso Rueda Valenzuela

Vicepresidente e conselleiro de Presidencia,

Administracións Públicas e Xustiza


No hay versiones para esta norma