Orde do 4 de abril de 2008 sobre a aprobacion definitiva do proxecto de modificacion puntual numero 4 do Plan Xeral de Ordenacion Municipal de Tomiño, de creacion da ordenanza de bloque aberto e ordenacion das areas de reparticion numero 1 e numero 2. - Diario Oficial de Galicia, de 21-05-2008
GPT Iberley IA
Copiloto jurídico
Ambito: Galicia
Órgano emisor: CONSELLERIA DE POLITICA TERRITORIAL, OBRAS PUBLICAS E TRANSPORTES
Boletín: Diario Oficial de Galicia Número 97
F. Publicación: 21/05/2008
O Concello de Tomiño remite o proxecto de modificación puntual referido, para a súa aprobación definitiva, conforme o artigo 85.5º da Lei 9/2002, do 30 de decembro, de ordenación urbanística e protección do medio rural de Galicia, modificada pola Lei 15/2004, do 29 de decembro (LOUG).
I. Antecedentes.
1. O Plan Xeral de Ordenación Municipal (PXOM) do Concello de Tomiño foi aprobado definitivamente o 29-3-2001.
2. Antecedentes na tramitación desta modificación puntual:
a) O 28 de decembro de 2005, a Dirección Xeral de Urbanismo emitiu informe previo á aprobación inicial, dun proxecto anterior de modificación.
b) O 14 de xullo de 2006, a Dirección Xeral de Urbanismo emitiu informe previo á aprobación inicial, no que se realizaron unha serie de observacións.
c) A modificación puntual foi aprobada inicialmente polo Pleno en sesión do 28 de abril de 2007. Foi sometida a información pública mediante publicación de anuncios nos xornais La Voz de Galicia e Faro de Vigo o 10 de maio de 2007 e mediante publicación no DOG nº 95, do 18 de maio e no BOP nº 99, do 23 de maio de 2007. Deuse audiencia aos municipios limítrofes de Gondomar, O Rosal, Oia e Tui.
d) No expediente da modificación puntual constan os informes sectoriais:
-Decisión do 17 de abril de 2007, da Dirección Xeral de Desenvolvemento Sostible, sobre a non necesidade de avaliación ambiental estratéxica.
-Informe favorable da Subdirección Xeral de Estradas da Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Transportes do 3 de xuño de 2007.
-Informe favorable da Deputación de Pontevedra do 8 de xuño de 2007.
-Informe da Confederación Hidrográfica do Norte, do Ministerio de Medio Ambiente do 31 de agosto de 2007, sinalando unha serie de condicións que hai que ter en conta no desenvolvemento do proxecto.
e) Os informes técnico e xurídico municipais previos á aprobación provisional son do 30-10-2007.
f) A modificación puntual foi aprobada provisionalmente polo Pleno en sesión do 7 de novembro de 2007.
g) O 11-1-2008 a conselleira de Política Territorial, Obras Públicas e Transportes emitiu unha orde na que se resolveu non outorgar a aprobación definitiva á modificación puntual ata a emenda das deficiencias sinaladas.
h) Constan informes técnico e xurídico municipais previos á aprobación provisional do texto refundido do 13-2-2008.
i) O Pleno do Concello de Tomiño aprobou provisionalmente a modificación puntual nº 4, texto refundido, o 18-2-2008.
j) Tras introducir certas modificacións, con data do 28-3-2008 o Pleno do concello aprobou provisionalmente a modificación puntual nº 4, texto refundido de marzo de 2008.
II. Consideracións e fundamentación.
1. Con data do 4-4-2008, a Dirección Xeral de Urbanismo elevou un informe-proposta de resolución, no que se expresa o seguinte:
a) A modificación, formulada polo Concello de Tomiño, ten unha dobre finalidade: por unha banda, a creación da nova ordenanza nº 1-B Edificación en bloque aberto, con dúas subordenanzas, 1-B-1 Bloque exento e 1-B-2 Bloque acaroado e, por outra a ordenación das áreas de repartición de solo urbano non consolidado AR-1 e AR-2 (as únicas do solo urbano da vila de Tomiño nas que o PXOM establece tipoloxías de edificación residencial colectiva), incorporando a nova ordenanza. Na memoria da modificación puntual sinálase que a creación da ordenanza de bloque aberto e o seu emprego na ordenación proxectada se encamiña á mellora substancial da ordenación vixente de espazos libres e volumes, consonte o artigo 94.1º da Lei 9/2002.
b) Considéranse suficientemente emendadas as deficiencias postas de manifesto na Orde da conselleira de Política Territorial, Obras Públicas e Transportes do 11-1-2008.
2. De conformidade cos artigos 89 e 93.4º da Lei 9/2002, do 30 de decembro, de ordenación urbanística e protección do medio rural de Galicia, e co artigo 1 do Decreto 519/2005, do 6 de outubro, polo que se establece a estrutura orgánica da Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Transportes, a competencia para resolver sobre a aprobación definitiva das modificacións puntuais dos plans xerais de ordenación municipal correspóndelle á conselleira de Política Territorial, Obras Públicas e Transportes.
III. Resolución:
Visto canto antecede,
RESOLVO:
1º De acordo co punto 5.a) do artigo 85 da Lei 9/2002, do 30 de decembro, de ordenación urbanística e protección do medio rural de Galicia, aprobar definitivamente a modificación puntual nº 4 do concello de Tomiño.
2º Contra esta orde cabe interpoñer recurso contencioso-administrativo ante a sala correspondente do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de dous meses, que se contarán desde o día seguinte ao da súa publicación, segundo dispoñen os artigos 10 e 46 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.
3º De conformidade co disposto polos artigos 92 da Lei 9/2002 e 70 da Lei 7/1985, do 2 de abril, reguladora das bases de réxime local, o concello deberá publicar no BOP a normativa e ordenanzas da modificación aprobada definitivamente.
4º Notifíqueselle esta orde ao concello e publíquese no Diario Oficial de Galicia.
Santiago de Compostela, 4 de abril de 2008.
María José Caride Estévez
Conselleira de Política Territorial, Obras Públicas e Transportes
