Preambulo �nico Tenenci...es Caninos

Preambulo �nico Tenencia de animales potencialmente peligrosos y registros gallegos de Identificación de Animales de Compañía y Potencialmente Peligrosos y de Adiestradores Caninos

Ver Indice
»

Preambulo

Vigente
nuevo

GPT Iberley IA

Copiloto jurídico



A lexislación sobre a protección animal en Galicia recolle disposicións destinadas a garantir unha axeitada convivencia entre persoas e animais que habitan no contorno humano, establecendo unha serie de obrigas ós posuidores como responsables finais das accións dos animais baixo a súa custodia.

A Lei 1/1993, do 13 de abril, de protección de animais domésticos e salvaxes en catividade, dispón no artigo 7 que «o posuidor dun animal será responsable de adopta-las medidas necesarias para impedir que os animais causen molestias ós veciños ou poñan en perigo a quen conviva no seu contorno». Neste mesmo artigo a dita lei dispón que «o posuidor dun animal, sen prexuízo da responsabilidade subsidiaria do propietario, será responsable dos danos e das perdas que ocasione, de acordo coa lexislación aplicable en cada caso».

Así mesmo, esta lei prohibe no seu artigo 10 «a tenza de animais salvaxes perigosos para o home fóra dos locais autorizados pola Consellería de Medio Ambiente, así como a súa circulación por lugares abertos ó público sen as medidas protectoras que se establezan, de acordo coas características de cada especie». Por outra banda, recolle como infracción grave a tenza de animais perigosos sen as medidas de protección que se fixen.

O Decreto 153/1998, do 2 de abril, polo que se aproba o regulamento que desenvolve a Lei 1/1993, do 13 de abril, de protección dos animais domésticos e salvaxes en catividade, recolle e desenvolve no seu artigo 25 a previsión anterior ó establecer que «os posuidores dos animais teñen a obriga de adopta-las medidas necesarias para que o animal non poida acceder libremente ás vías e espacios públicos ou privados, así como impedi-lo seu libre acceso a persoas, animais ou cousas que se atopen neles», así como que «os posuidores de animais que se encontren en liberdade en predios ou recintos deberán dispo-los medios adecuados para evitar que se poidan ocasionar danos ou molestias ós viandantes, procurando tamén que a circulación e transporte dos animais pola vía pública se leve a cabo coas adecuadas medidas de protección».

O Decreto 153/1998, do 2 de abril, contén, á marxe das xa referidas, outras moitas referencias á tenza ou posesión de animais no sentido de evitaren danos ou molestias ós cidadáns, así os artigos 29 «as canceiras, cortes, cortellos e demais aloxamentos para acoller animais deberán dispor de cerramentos ou outros mecanismos que, sen producírenlles danos ou molestias físicas, eviten as fugas», 30 «queda prohibida a tenza de animais perigosos para o home sen dispor de recintos apropiados, e a súa circulación en espacios públicos ou en locais abertos ó público sen as debidas garantías de seguridade», 49 «os animais ceibos en vivendas con acceso á vía pública deberán estar cercados de maneira que non poidan alterar ou asusta-los viandantes», 50 «nas vías públicas, os cans irán provistos de buceira, cadea ou correa e colar con identificación do propietario», establecendo nos artigos 51 e 52 o procedemento que hai que seguir no caso de que unha persoa fose agredida por un animal.

No ámbito estatal cómpre sinala-la Lei 50/1999, do 23 de decembro, sobre ó réxime xurídico da tenza de animais potencialmente perigosos, que foi promulgada con base nas competencias asignadas ó Estado no artigo 149.1.29º da Constitución española, e motivada pola proliferación da tenza de animais que pola súa tipoloxía e conducta son susceptibles de xerar un perigo para as persoas, outros animais e para as cousas, incrementado en determinadas ocasións por un adestramento que potencia as súas características específicas.

Nos últimos tempos transcendeu á opinión pública a proliferación de ataques de animais, especialmente de cans, ás persoas, xerando unha situación que motivou a promulgación da referida normativa estatal e que é obxecto de desenvolvemento neste decreto na nosa comunidade autónoma, de conformidade coas competencias atribuídas estatutariamente.

Co fin de garantir axeitadamente a seguridade e protección de persoas, animais e bens, e, así mesmo, a pacífica convivencia entre persoas e animais, é preciso regula-las condicións para a tenza de animais que poidan constituír un potencial perigo, ben pola súa tipoloxía racial concreta, ben por unha modificación de conducta por carecer de educación (entendida esta como proceso de socialización) ou por ser esta inadecuada, ou ben polas condicións ambientais ás que son sometidos por parte dos seus propietarios, criadores e posuidores, estes últimos como responsables finais das accións dos animais baixo a súa custodia.

Este decreto pretende regulariza-la tenza e adestramento dos animais potencialmente perigosos, intentando facer compatible a seguridade e integridade física dos cidadáns con respecto ó uso e desfrute da tenza destes animais.

Regúlase nesta disposición, no seu capítulo I, o seu obxecto, procedéndose a continuación a definir e clarificar conceptos presentes ó longo do articulado e dedicando o último artigo deste capítulo á licencia municipal. O capítulo II, refírese ós rexistros, así e dun xeito meramente indicativo, sinálase a obriga de inscrición dos animais obxecto desta disposición no Rexistro Municipal de Animais Potencialmente Perigosos, créanse os rexistros galegos de Identificación de Animais de Compañía e Potencialmente Perigosos, con dúas seccións,e o deAdestradores Caninos. As obrigas dos propietarios, tedores e veterinarios, xunto coas comunicacións ó rexistro, reflíctense no capítulo III. No capítulo IV regúlase o adestramento, en concreto, a existencia do certificado de capacitación para poder realiza-la dita actividade, os centros de adestramento e a homologación de centros dedicados ó ensino para o adestramento. Os capítulos V e VIconteñen un único artigo, nos que se regula a situación dos animais potencialmente perigosos abandonados ou vagabundos e a posibilidade da súa esterilización. Finalmente, as infraccións e sancións prevense no capítulo VII cunha mera remisión ás disposicións legais aplicables ó respecto.

Na súa virtude, por proposta do conselleiro de Medio Ambiente, de acordo co dictame do Consello Consultivo de Galicia, e logo de deliberación do Consello da Xunta de Galicia na súa reunión do día vinteoito de febreiro de dous mil dous,

DISPOÑO: