Legislación

Resolución sobre o calendario laboral do ano 2023 para a Provincia de Lugo, - Boletín Oficial de Lugo, de 16-09-2022

nuevo

GPT Iberley IA

Copiloto jurídico


Ambito: Lugo

Órgano emisor: CONSELLERÍA DE EMPREGO E IGUALDADE. XEFATURA TERRITORIAL DE LUGO. SERVIZO DE EMPREGO E ECONOMÍA SOCIAL

Boletín: Boletín Oficial de Lugo Número 213

F. Publicación: 16/09/2022

Documento oficial en PDF: Enlace

Esta norma es una reproducción del texto publicado en el Boletín Oficial de Lugo Número 213 de 16/09/2022 y no contiene posibles reformas posteriores

Resolución sobre o calendario laboral do ano 2023 para a Provincia de Lugo

O DECRETO 139/2022, do 21 de xullo, polo que se determinan as festas da Comunidade Autónoma de Galicia do calendario laboral para o ano 2023, recolle no artigo 2 o seguinte:

"Conforme o disposto no artigo 37.2 do Estatuto dos traballadores, no artigo 46 do Real decreto 2001/1983, do 28 de xullo, e no artigo 1.11 do Real decreto 2412/1982, do 24 de xullo, sobre traspaso de funcións e servizos da Administración do Estado á Comunidade Autónoma de Galicia en materia de traballo, tamén serán inhábiles para o traballo, retribuídas e non recuperables, dúas festas locais, propostas polo órgano municipal competente dos respectivos concellos, cuxa publicación no boletín oficial de cada unha das provincias da Comunidade Autónoma será determinada pola persoa titular da xefatura territorial da Consellería de Promoción do Emprego e Igualdade. As ditas festas locais publicaranse, así mesmo, no Diario Oficial de Galicia".
Á vista do que antecede, esta Xefatura Territorial da Consellería de Emprego e Igualdade elabora, para a provincia de Lugo, o seguinte

Calendario laboral 2023

(IMAGEN OMITIDA. CONSULTAR PDF)

Decláranse inhábiles para o traballo, retribuídas e non recuperables, no ámbito de cadanseu concello segundo a proposta dos mesmos, as datas recollidas na táboa anexa.

Todas as empresas da provincia deberán ter exposto nun lugar visible do centro de traballo o calendario laboral para o ano 2023, de conformidade co establecido no artigo 34.6 do Estatuto dos Traballadores, para coñecemento e consulta dos traballadores.

Lugo, 12 de setembro de 2022.- A Xefa Territorial, Pilar Fernández López.