Última revisión
09/02/2023
Dictamen de Consello Consultivo de Galicia 064 de 10 de marzo de 2021
GPT Iberley IA
Copiloto jurídico
Relacionados:
Tiempo de lectura: 42 min
Órgano: Consello Consultivo de Galicia
Fecha: 10/03/2021
Num. Resolución: 064
Cuestión
Reclamación de responsabilidade patrimonialResumen
Reclamación de responsabilidade patrimonial interposta por Á. en nome e representación do seu cónxuxe F., polos danos sufridos como consecuencia do tratamento dunha tetraplexia pola asistencia recibida na Fundación Pública Urxencias Sanitarias de Galicia-061 en Ourense.Organismo: Consellería de Sanidade (Xunta de Galicia)
Letrado: Blanco Serrano
Propuesta: Desestimatoria
Conclusion: Favorable
Relator: Aranguren Pérez
Contestacion
ANTECEDENTES
1.- Con data 27.9.2019, Á. actuando como titora de F. presentou unha reclamación de responsabilidade patrimonial polos danos
sufridos por este último tras sufrir unha parada cardio respiratoria na cidade de Vigo o 30.7.2017.
Así a reclamación presentada indica:
?Desde la recepción del hotel donde se encontraba se hizo llamada inmediata al Servicio de Emergencias 061, explicando lo sucedido.
Transcurrido un largo periodo de tiempo, superior a los 40 minutos, el servicio de emergencias 061 se presenta en el lugar, encontrándose al paciente en parada cardíaca total. Se consigue revertir la situación
a fibrilación ventricular con la administración de adrenalina intravenosa y aplicar desfibrilación, siendo el tiempo total
de reanimación superior a 30 minutos.
(?)
El paciente es trasladado al HUAC, y a su llegada el estudio hemodinámico muestra estenosis total de la arteria descendente anterior, implantándose un stent.
Tras un nuevo episodio de fibrilación el paciente es ingresado en la Unidad de Cuidados Intensivos en la que, tras ser estabilizado hemodinámicamente alcanza solo una puntuación de escala de Glasgow de
10 puntos, desconectado del medio. En el mismo ingreso, al paciente debe practicársele una traqueotomía percutánea, en fecha
10 de agosto.
El Juicio Clínico del informe de alta de UCI de 17 de agosto de 2017 arroja una secuela de extrema gravedad para el paciente: encefalopatía postanóxica. Esto es, el prolongado estado de parada cardíaca
que supuso el lapso de tiempo que los servicios de emergencia demoraron en socorrer al paciente, privó de oxígeno a la sangre,
lo que detuvo los procesos metabólicos aerobios necesarios para mantener la función neuronal cerebral.
(?)
Se procede al traslado del HUAC al CHUO para el seguimiento más cercano a su domicilio, pero el paciente se encuentra en estado vegetativo, con tetraparesia espástica y deterioro cognitivo severo, episodios
de inquietud y desasosiego y síntomas mal controlados. Tanto es así que se deriva a un centro concertado, Hospital Quirón
Salud Miguel Domínguez, a su unidad de Daño Cerebral Adquirido, donde ingresa el 6 de octubre de 2017.
(?)
Siendo que el paciente es dado de alta en el Hospital Miguel Domínguez no evidenciándose mejor alguna e incluso constatándose un estado clínico peor que al ingreso, razón por la cual y, ante la falta
de alternativas por parte del Sistema Público de Salud, la familia decide el ingreso en el Hospital Nisa de Valencia?.
Reclámase unha indemnización que se fixa en 3.000.000 ?.
2.- Instruído o correspondente expediente de responsabilidade patrimonial, e concedida audiencia á parte reclamante, sen que conste
a presentación de alegacións, con data 9.2.2021 emitiuse unha proposta de resolución en sentido desestimatorio da reclamación.
3.- O expediente de razón foi remitido, para preceptivo ditame deste Consello Consultivo de Galicia, polo señor conselleiro de
Sanidade tendo entrada neste organismo o día 26.2.2021.
4.- Os demais antecedentes dedúcense do contido do ditame.
CONSIDERACIÓNS
Primeira.
O Consello Consultivo de Galicia é competente para coñecer do expediente de reclamación de responsabilidade patrimonial das administracións públicas ao que se fixo referencia nos antecedentes a teor
do previsto nos artigos 12.j) da Lei 3/2014, do 24 de abril, do Consello Consultivo de Galicia, e 17.a) do seu Regulamento
de organización e funcionamento, aprobado polo Decreto 91/2015, do 18 de xuño, por tratarse dunha reclamación de responsabilidade
patrimonial da Administración autonómica de contía superior a 30.000,00 ?.
Segunda.
O expediente sobre o que se solicita a emisión de ditame suscita un caso de responsabilidade patrimonial das administracións públicas que, como tal suposto, vén regulado basicamente polo artigo 106.2
da Constitución española, pola Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas
(en diante, LPAC) nos seus aspectos procedementais, e polos artigos 32 a 37 da Lei 40/2015, do 1 de outubro, de réxime xurídico
do sector público (en diante, LRXSP).
Así, no que ao presente expediente se refire, cómpre dicir que as esixencias de orde procedemental, en xeral, foron cumpridas, sobre todo o esencial trámite de audiencia que permite á parte interesada exercitar
as súas posibilidades de defensa no procedemento administrativo.
Terceira.
No tocante aos aspectos de fondo hai que indicar que os principios que rexen a responsabilidade patrimonial das administracións públicas son o resultado dunha elaboración da doutrina e da xurisprudencia,
e teñen sido reiteradamente expostos polo Consello Consultivo.
Sinteticamente expostos, os presupostos mínimos para que xurda a responsabilidade patrimonial da Administración, partindo do principio de responsabilidade obxectiva e directa, son:
a) O dano producido no patrimonio dos particulares ten que ser efectivo e individualizado nunha persoa ou nun grupo de persoas.
b) O precitado dano ou lesión debe producir no patrimonio do particular lesionado un prexuízo antixurídico que este non teña
o deber de soportar.
c) O dano ou lesión patrimonial ten que gardar un nexo causal co funcionamento normal ou anormal dos servizos públicos.
d) O dano non debe ser produto dunha situación de forza maior.
e) A reclamación ten que ser presentada polo particular interesado dentro do prazo legalmente establecido.
Xunto co anterior cabe indicar que a responsabilidade patrimonial da Administración configúrase como unha responsabilidade obxectiva. Como máis significados lindes daquel principio xeral poden
destacarse catro acoutacións de formulación legal:
a) A forza maior (artigo 32.1 LRXSP)
b) A obriga xurídica de soportar o dano (artigo 32.1 e 34.1 LRXSP)
c) A non indemnizabilidade dos danos derivados de feitos e circunstancias que non se puideran evitar ou prever segundo o estado
da ciencia e a técnica existentes na produción daqueles (artigo 34.1 LRXSP), e
d) Aqueloutras de creación xurisprudencial, tales como a culpa da vítima e feito de terceiro (recollidas en incontables pronunciamentos
do Tribunal Supremo, entre outros, o contido na súa sentenza do 27.7.2002).
Cuarta.
Ao exposto cabe engadir a consolidada liña xurisprudencial segundo a cal nas reclamacións derivadas da actuación médica ou sanitaria non resulta suficiente a existencia dunha lesión (que conduciría a
responsabilidade obxectiva máis aló dos límites do razoable), senón que é preciso acudir ao criterio da lex artis, como modo de determinar cal é a actuación médica correcta, independentemente do resultado producido na saúde ou na vida
do enfermo xa que non é posible nin á ciencia nin á Administración garantir, en todo caso, a sanidade ou a saúde do paciente.
Así pois, só no caso de que se produza una infracción da dita lex artis responde a Administración dos danos causados; en caso contrario, os devanditos prexuízos non son imputables á Administración,
e non terían a consideración de antixurídicos polo que deberán ser soportados polo prexudicado.
A existencia deste criterio da lex artis alicérzase no principio xurisprudencial de que a obriga do profesional da medicina é de medios e non de resultado; é dicir,
a obriga concrétase en prestar a debida asistencia médica e non de garantir en todo caso a curación do enfermo.
Estamos diante dun criterio que permite valorar a corrección dos actos médicos e que impón ao profesional o deber de actuar conforme coa dilixencia debida; criterio que é fundamental pois permite delimitar
os supostos nos que verdadeiramente pode haber lugar a responsabilidade ao esixirse non só que exista o elemento da lesión
senón tamén a infracción do repetido criterio; prescindir del levaría consigo unha excesiva obxectivización da responsabilidade
que podería declararse coa única esixencia de existir unha lesión efectiva, sen necesidade de demostración da infracción do
criterio de normalidade.
Quinta.
Entrando xa na análise da proxección dos principios expostos nas consideracións anteriores sobre os particulares aspectos de fondo suscitados no presente expediente, resulta preciso determinar neste ditame
se, no caso que se nos presenta a exame, existe relación de causalidade entre o funcionamento do servizo e a lesión aducida,
por ser este presuposto esencial para a imputación, en réxime obxectivo, da responsabilidade por normal ou anormal funcionamento
do servizo público.
Para centrar os termos da cuestión controvertida, procede partir das argumentacións realizadas pola parte reclamante que reprocha na reclamación que:
?La infracción de la lex artis se desprende del propio curso asistencial descrito. La imputación de responsabilidad se basa
en la existencia de un daño irrogado al paciente, en la forma de anoxia cerebral, como consecuencia del evidente retraso en
la atención proporcionada por el servicio de emergencias del 061, lo que causó al paciente una afectación cerebral severa.
(?)
Por tanto, no puede sino considerarse como mala práctica, un tiempo de respuesta, como en el caso presente, que superó 40 minutos.
Un tiempo de respuesta inferior habría evitado la producción de un estado de anoxia cerebral, o al menos habría reducido drásticamente las probabilidades de su aparición; siendo que en tal caso las secuelas,
bien no se habrían producido, bien no habrían revestido la gravedad que finalmente se constató.
Al margen de dicho reproche, se deja también en evidencia, como funcionamiento normal del Servicio Público Sanitario, en este caso a través del centro concertado Hospital QuirónSalud Miguel Domínguez de
Pontevedra, en el tratamiento, o más bien falta del mismo, al paciente, obligando al paciente y a su familia a asumir a su
propio gasto la atención que luego le fue dispensada en el Hospital Nisa Aguas Vivas de Valencia?.
A Administración de contrario rexeita os reproches que se formulan ao funcionamento dos seus servizos, considerando que a asistencia prestada foi a adecuada ás circunstancias de presenza.
Sexta.
Exposta a contraposición de criterios, o pronunciamento legalmente esixido a este Consello Consultivo ao respecto da existencia de nexo causal entre o funcionamento do servizo e o dano que motiva a reclamación,
procede establecer a seguinte serie de premisas sobre as que asentar o pronunciamento demandado deste Consello Consultivo
e establecidas a partir dos datos que se entenden acreditados no expediente.
Así, en primeiro lugar, hai que partir da apreciación de que, segundo se afirma no informe do 061, do 15.10.2020, o tempo total desde que se recibe a chamada ata que chega a ambulancia ao punto onde se
encontra o paciente é de 11 minutos, indicando que o 30.7.2017 recíbese a alerta na Central de Coordinación do 061, a través
do 112 ás 1:57:50 horas e a ambulancia chegou ao punto ás 2:09:20 horas.
Por tal razón non pode acollerse a esencial alegación da parte reclamante e establecer que a ambulancia tardou máis de 40 minutos en chegar ao punto indicando.
Das premisas descritas pode concluírse que non está acreditado que nos atopemos ante un suposto no que os servizos sanitarios valoren inadecuadamente a situación de urxencia do paciente, suposto que orixinaría
responsabilidade patrimonial por quebrantamento da lex artis cando os servizos sanitarios contasen con datos suficientes para establecer un mellor diagnóstico (como sucede no suposto
resolto na Sentenza 760/2018, do 19 de decembro, do TSX de Madrid) e mellores medios que os asignados para resolver a urxencia.
Tampouco pode apreciarse unha demora na actuación do 061, xa que o tempo de resposta está dentro do razoable, e resulta considerablemente inferior ao de 20 minutos que cita a Carta de Servizos de Urxencia
Sanitaria de Galicia (aprobada por orde da Consellería de Sanidade do 29.6.2016) que invoca a parte reclamante.
Debe chegarse polo tanto á conclusión de que a lesión finalmente producida foi debida ao estado físico do paciente e non a unha indebida actuación sanitaria.
En tales circunstancias, non pode considerarse probada a existencia dun déficit asistencial, podendo apreciarse un curso lóxico razoable en atención ás condicións na demanda da atención urxente, no contexto
dun paciente que se atopa nun moi serio compromiso para a súa vida pola progresión dunha doenza crítica que dificulta igualmente
a formulación dunha hipótese diagnóstica alternativa para o caso de que se tivera logrado unha asistencia sanitaria en menor
tempo, o cal, en atención ás circunstancias descritas, non está acreditado que fora esixible.
En canto ao segundo reproche que formula a parte reclamante, verbo da falta de tratamento no centro concertado Hospital Quirón-Salud Miguel Domínguez de Pontevedra, constan no expediente distintos informes
médicos do citado centro no que se indican as distintas terapias efectuadas nas áreas de Neuropsicoloxía, Logopedia, Terapia
Ocupacional e Fisioterapia.
Tamén consta informe do Servizo de Rehabilitación do Complexo Hospitalario Universitario de Ourense (en diante, CHOU) do 11.1.2021, no que se recollen as actuacións efectuadas no Hospital Miguel Domínguez,
indicando que a alta no centro se produce o 5.1.2018 figurando como diagnóstico ?Estado vegetativo?, sen cambios significativos na súa situación clínica. Engade que:
?Acorde a protocolo para la Atención de Daño Cerebral Severo vigente el periodo de rehabilitación en el Hospital Quironsalud Miguel Domínguez, sería de 3 meses, transcurridos los cuales los pacientes son
remitidos de nuevo al sistema público correspondiente tal y como figura en el informe de alta del Hospital Quirónsalud Miguel
Domínguez donde consta ?control por su MAP y/o Especialista de Área?. Esta derivación finalmente no se produce por ?decisión
familiar? tal y como refleja en su informe fechado el 8 de noviembre de 2017 Dña. I., y es por decisión de la familia el motivo
por el que el paciente se traslada al Hospital Nisa de Valencia y por decisión de la familia no continuó seguimiento dentro
del Sistema Sanitario Público (SERGAS)?.
Non pode apreciarse polo tanto un déficit de atención polo Servizo Público de Saúde, senón unha decisión voluntaria da familia de acudir a un centro privado, perfectamente lexítima, pero que, ao romper
o nexo causal, impide imputar á sanidade pública os gastos derivados desta decisión.
Boa proba do anterior é que o doente tras permanecer no centro privado é atendido na actualidade no Servizo Público de Saúde, segundo recolle o informe do CHOU citado.
Consecuentemente co argumentado, procede a desestimación da reclamación, coincidindo co criterio exposto na proposta de resolución
remitida.
CONCLUSIÓN
Por todo o anteriormente exposto, a Sección de Ditames do Consello Consultivo de Galicia, por unanimidade dos seus membros, ditamina:
?Que informa favorablemente a proposta de resolución desestimatoria á que o presente expediente se refire?.
