Última revisión
09/02/2023
Dictamen de Consello Consultivo de Galicia 097 de 07 de abril de 2021
GPT Iberley IA
Copiloto jurídico
Relacionados:
Tiempo de lectura: 86 min
Órgano: Consello Consultivo de Galicia
Fecha: 07/04/2021
Num. Resolución: 097
Cuestión
Reclamación de responsabilidade patrimonialResumen
Reclamación de responsabilidade patrimonial interposta por C., en nome e representación de L., polos danos e perdas polo atraso diagnóstico da súa doenza no Hospital Universitario Lucus Augusti.Organismo: Consellería de Sanidade (Xunta de Galicia)
Letrado: Gallego Fouz
Propuesta: Desestimatoria
Conclusion: Favorable
Relator: Souto Souto
Contestacion
ANTECEDENTES
1.- Con data 27.10.2020 C., en representación de L., presentou un escrito polo que interpón unha reclamación de responsabilidade
patrimonial contra o Servizo Galego de Saúde polos danos derivados da asistencia sanitaria prestada no PAC de Vilalba e no
Hospital Universitario Lucus Augusti de Lugo (en diante, HULA).
Reclama polo atraso diagnóstico xa que a paciente fixo un cadro de obstrución do intestino delgado acompañado dunha isquemia intestinal, presentando logo da cirurxía unha síndrome de intestino curto.
Engade a parte reclamante que se produciu durante todo o proceso asistencial, ademais do alegado déficit asistencial na asistencia sanitaria prestada, unha ausencia de información e de consentimento informado.
Reclama por todos os conceptos, de forma provisoria, a contía de 125.450,00 ? até que unha vez instruído o procedemento se teña coñecemento da incidencia concreta do déficit asistencial.
2.- Instruído o correspondente expediente de responsabilidade patrimonial, incorporouse a este historia clínica da paciente,
amais informes dos servizos de Cirurxía Xeral e Aparato Dixestivo (18.11.2020), Aparato Dixestivo (24.11.2020) Medicina Interna
(25.11.2020) e de Urxencias (2.12.2020).
3.- Rematada a instrución do procedemento, concedeuse trámite de audiencia á parte reclamante, quen presentou alegacións con
data 23.1.2021 nas que amais de ratificar os argumentos do escrito inicial, sinala que a historia clínica está incompleta
por non aparecer as probas de imaxe e tampouco os protocolos médicos aplicábeis ao caso. Ademais, solicita que se conceda
un prazo non inferior a dous meses para achegar un informe pericial.
Unha vez incorporada a documentación solicitada, foi remitida á interesada, e déuselle un novo prazo de alegacións de 15 días.
Respecto do prazo de 2 meses para a achega da pericial, dita petición é denegada en data 24.2.2021, concedéndolle non obstante, e de acordo co artigo 77.2 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento
administrativo común das administracións públicas, un prazo extraordinario de proba de 10 días para que puidese achegar a
proba pericial solicitada.
A representación da interesada, unha vez recibido o expediente completo, dentro do prazo de alegacións reitera en data 9.3.2021 a petición de concesión de prazo de dous meses para achega da pericial, que
de novo é desestimada pola instrutora en data 12.3.2021.
4.- Unha vez finalizado o prazo de alegacións, con data 17.3.2021 asinouse unha proposta de resolución en sentido desestimatorio
da reclamación presentada.
5.- O expediente de razón foi remitido, para preceptivo ditame deste Consello Consultivo de Galicia, polo señor conselleiro de
Sanidade tendo entrada neste organismo con data 26.3.2021.
6.- Os demais antecedentes dedúcense do contido do presente ditame.
CONSIDERACIÓNS
Primeira.
O Consello Consultivo de Galicia é competente para coñecer do expediente de reclamación de responsabilidade patrimonial das Administracións públicas ao que se fixo referencia nos antecedentes a teor
do previsto nos artigos 12.j) da Lei 3/2014, do 24 de abril, do Consello Consultivo de Galicia, e 17.a) do seu Regulamento
de organización e funcionamento, aprobado polo Decreto 91/2015, do 18 de xuño, por tratarse dunha reclamación de responsabilidade
patrimonial da Administración autonómica de contía superior a 30.000,00 ?.
Segunda.
O expediente sobre o que se solicita a emisión de ditame suscita un caso de responsabilidade patrimonial das administracións públicas que, como tal suposto, vén regulado basicamente polo artigo 106.2
da Constitución española, pola Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas
(en diante, LPAC) nos seus aspectos procedementais, e polos artigos 32 a 37 da Lei 40/2015, do 1 de outubro, de réxime xurídico
do sector público (en diante, LRXSP).
Así, no que ao presente expediente se refire, cómpre dicir que as esixencias de orde procedemental, en xeral, foron cumpridas, sobre todo o esencial trámite de audiencia que permite ás partes interesadas
exercitar as súas posibilidades de defensa no procedemento administrativo.
En relación ao trámite de proba e a solicitude de ampliación do prazo por dous meses para presentar un informe pericial, considérase que o criterio da instrutora ao denegar a ampliación solicitada é axustado
a dereito á vista do estado da instrución, dado que non houbo que engadir nova documentación clínica ao expediente ao estar
completada a historia clínica na primeira vista do expediente que tivo lugar o 18.1.2021, sen que neste momento nin no escrito
de iniciación a parte reclamante propuxera realizar proba pericial ningunha.
Este Consello Consultivo tense pronunciado sobre a necesidade da apertura dun período probatorio nos termos do artigo 77.2 LPAC cando a Administración non teña por certos os feitos determinantes da reclamación
(vide ditame CCG 459/2019), considerando contrarios a dereito os acordos da instrución no sentido de denegar tal trámite. Con todo,
no presente expediente non se acordou a denegación expresa do trámite, senón a concesión dun prazo adicional de dous meses
para practicalo, outorgándose aos efectos da presentación das probas solicitadas un prazo extraordinario de dez días, que
a interesada non cumprimentou, co que se deron por finalizadas as actuacións de forma previa á redacción da proposta de resolución.
Neste sentido, cómpre lembrar que o artigo 77.2 da LPAC sinala un prazo de dez días a trinta días para a práctica do período
probatorio, e de dez no caso do período extraordinario, co que o prazo concedido sitúase nas marxes legais, sen existir fundamento
legal para a concesión do prazo de dous meses solicitado.
Por outra banda, respecto da igualdade de condicións entre as partes alegada pola interesada, no presente expediente, logo do nomeamento da instrutora en data 12.11.2020, foron solicitados os informes
dos servizos implicados cun prazo de dez días, que foron cumprimentados conforme dito requirimento nas datas expresadas nos
antecedentes deste ditame, polo que, no que atinxe a este concreto expediente, non pode estimarse a alegación xenérica da
demora na emisión dos informes do servizo en contraposición coa premura que se concede á parte reclamante.
Poden así considerarse razoablemente atendidas as garantías procedementais que contemplan os artigos 77 e 78 da LPAC.
Terceira.
No que atinxe aos aspectos de fondo hai que indicar que os principios que rexen a responsabilidade patrimonial das administracións públicas son o resultado dunha elaboración da doutrina e da xurisprudencia,
e teñen sido reiteradamente expostos polo Consello Consultivo.
Sinteticamente expostos, os presupostos mínimos para que xurda a responsabilidade patrimonial da Administración, partindo do principio de responsabilidade obxectiva e directa, son:
a) O dano producido no patrimonio dos particulares ten que ser efectivo e individualizado nunha persoa ou nun grupo de persoas.
b) O precitado dano ou lesión debe producir no patrimonio do particular lesionado un prexuízo antixurídico que este non teña
o deber de soportar.
c) O dano ou lesión patrimonial ten que gardar un nexo causal co funcionamento normal ou anormal dos servizos públicos.
d) O dano non debe ser produto dunha situación de forza maior.
e) A reclamación ten que ser presentada polo particular interesado dentro do prazo legalmente establecido.
Xunto co anterior cabe indicar que a responsabilidade patrimonial da Administración configúrase como unha responsabilidade obxectiva. Como máis significados lindes daquel principio xeral poden
destacarse catro acoutacións de formulación legal:
a) A forza maior (artigo 32.1 LRXSP).
b) A obriga xurídica de soportar o dano (artigo 32.1 e 34.1 LRXSP).
c) A non indemnizabilidade dos danos derivados de feitos e circunstancias que non se puideran evitar ou prever segundo o estado
da ciencia e a técnica existentes na produción daqueles (artigo 34.1 LRXSP), e
d) Aqueloutras de creación xurisprudencial, tales como a culpa da vítima e feito de terceiro (recollidas en incontables pronunciamentos
do Tribunal Supremo, entre outros, o contido na súa sentenza do 27.7.2002, recurso 4012/1998).
Cuarta.
E, nesta análise da suficiencia dos medios empregados na asistencia controvertida cómpre lembrar que, como xa se indicou en anteriores ditames (vide, CCG 98/2001, CCG 98/2014 ou CCG 198/2015, entre outros), pesa sobre o servizo público sanitario a obriga de posta a disposición
daqueles medios diagnósticos e terapéuticos orientados ao fin último de lograr a curación do paciente. Mais a antedita obriga,
razoablemente entendida, ten que vir dada, máis que por unha utilización ilimitada da variedade de medios diagnósticos e terapéuticos
ao alcance do profesional sanitario, por unha actuación proporcionada e, ao mesmo tempo, xenerosamente entendida, que pasa
pola posta en práctica daqueles medios que razoablemente resulten precisos atendidas as circunstancias que se presentan.
Velaí que, agás que exista unha evidente desproporción entre o acto médico realizado e o resultado danoso producido, non abonda, para determinar a existencia de responsabilidade patrimonial, con mostrar
un resultado danoso e conectalo coa prestación sanitaria recibida, senón que ha de probarse igualmente que o dano sufrido
é consecuencia dunha asistencia errónea, atendendo ás circunstancias concretas de cada caso. Se a prestación sanitaria resulta
ser a indicada conforme coas regras do saber e da ciencia esixibles en cada momento para o concreto caso suscitado, non pode
apreciarse que se teña incorporado ao proceso causal incrementando o risco preexistente, debéndose concluír que o dano resulta
materialización exclusiva do devandito risco que o paciente ha de soportar.
Xunto co anterior cómpre lembrar que é dende unha perspectiva ex ante da asistencia sanitaria desde a que se debe examinar a prestación de medios, por ser a que se corresponde coa que teñen a
disposición os profesionais da medicina cando realizan tal prestación.
En efecto, como se indicou, entre outros, nos ditames CCG 198/2015, CCG 10/2018 e 23/2019, en sede de responsabilidade patrimonial da Administración por defectuosa asistencia sanitaria, non é factible cuestionarse
o diagnóstico inicial ou a inadecuación dun tratamento dun paciente se o reproche se realiza exclusivamente fundándose na
súa evolución posterior. É dicir, non é posible soster a insuficiencia de probas diagnósticas, o erro ou atraso diagnóstico
ou a inadecuación do tratamento, só mediante unha regresión a partir do desgraciado curso posterior seguido polo doente, xa
que a devandita valoración ha de efectuarse segundo as circunstancias no momento no que tiveron lugar. En definitiva, é a
situación existente ao tempo de efectuar o diagnóstico a que determina a corrección da decisión médica adoptada, debendo ponderarse
para chegar a unha valoración positiva se se puxeron á súa disposición as exploracións diagnósticas indicadas conforme cos
síntomas que presentaba.
Quinta.
Entrando xa na análise da proxección dos principios expostos na consideración anterior, sobre os particulares aspectos de fondo suscitados no presente expediente, a cuestión primeira que suscita o exame
da causalidade vinculada co dano neste suposto é, xa que logo, a determinación da posible existencia dunha delonga no diagnóstico
tal e coma afirma a parte reclamante. En definitiva, trátase de determinar se, de acordo co estado da ciencia, a técnica,
e a praxe médica considerada máis axeitada á natureza da doenza e os medios á súa disposición, estaba ao alcance dos facultativos
que atenderon á paciente dar cun diagnóstico conforme ao que posteriormente se evidenciou.
Na análise deste particular débese partir daquela doutrina reiterada por este Consello Consultivo en numerosos ditames, CCG 298/2006 entre outros, segundo a cal, a existencia dun erro nun diagnóstico
ou a falta dun diagnóstico certeiro non son, sen mais, presupostos determinantes da existencia dun dano antixurídico vinculado
co funcionamento do servizo sanitario, pois, para chegar a tal conclusión, ten que darse a concorrencia de dúas circunstancias
que doutrina reiterada do Consejo de Estado e do Consello Consultivo veñen esixindo: que exista unha neglixencia ou impericia
probada na aplicación da lex artis, e que esta sexa, á súa vez, xeradora dun dano innecesario e evitable nas súas consecuencias e resultado, e xa que logo, antixurídico
e indemnizable.
E ao respecto do expediente que estamos a analizar hai que partir da circunstancia de que a reclamación de referencia suscita un suposto no que se alega un atraso no diagnóstico que de non terse
producido tería permitido, a xuízo da parte reclamante, detectar con antelación a lesión que padecía de obstrución intestinal
secundaria a brida a nivel pélvico con isquemia de asa ileal e absceso secundario e isquemia parcheada de intestino delgado.
A administración, de contrario, rexeita a tese da parte reclamante, entendendo que a atención sanitaria prestada no PAC de Vilalba e no HULA adecuouse en todo momento á clínica e sintomatoloxía
que presentaba a doente, defendendo a inexistencia de datos para establecer outra sospeita diagnóstica, distinta da que xa,
patentes os síntomas, derivou no diagnóstico antes indicado.
Sexta.
Pois ben, partindo de tales presupostos e pasando arestora analizar os concretos feitos que motivan a reclamación, a parte reclamante no seu escrito inicial expón resumidamente o seguinte:
Que a paciente acudiu e foi atendida no PAC de Vilalba en tres ocasións (22.9.2019,17.10.2019 e 18.11.2019) por presentar dor abdominal intensa que non cedía cos tratamentos que lle prescribiran.
Nas dúas primeiras ocasións foi diagnosticada de gastroenterite aguda; e na terceira consideraron que a dor podía ser causada
por Helicobacter pylori non erradicado aínda. Fixéronselle probas complementarias (EKG, ecografía abdominal (normal), Rx de tórax, Rx de abdome,
analítica de ouriños e sangue).
Que tamén acudira antes ao médico privado (22.10.2019) onde lle fixeron varias probas, entre elas unha gastroscopia na que se aprecia unha imaxe de compresión extrínseca pulsátil sobre o estómago e con
biopsia positiva de Helicobacter pylori. Realízase unha TAC abdominal no Hospital Polusa, e páutaselle tratamento para tratar a antedita bacteria.
Que ao continuar mal e con moita dor, ten que acudir de novo a Urxencias (18.11.2019). Presenta cólicos, vómitos, ausencia de deposición. Na exploración atopan que ten defensa abdominal e temperatura
de 37º. Practícaselle unha TAC abdominal na que se aprecia dilatación de asas intestinais, fundamentalmente duodeno, xexuno
e íleo proximal, marcada distensión da cámara gástrica. Valórase a posibilidade de brida cirúrxica antiga. Hai pequenas adenopatías
mesentéricas, liquido libre intra-abdominal.
Realízaselle unha cirurxía urxente o día 19.11.2019. Resécase a asa de íleo distal adherida a pelve e decídese colocar un sistema de cura de baleiro e facer nova exploración cirúrxica en 36-48 h. Faise
un diagnóstico de obstrución intestinal secundaria a brida a nivel pélvico con isquemia de asa ileal e absceso secundario.
Isquemia parcheada de intestino delgado.
O día 20 seguinte practícase unha reintervención, resécanse dous segmentos de intestino delgado, deixando 2 metros de intestino viable, e realízase unha anastomose íleo-cólica. Pasa a planta o día 22.
Finalmente é alta hospitalaria o día 26. A paciente ten que volver a Urxencias o 4.12.2019 por un cadro de intolerancia oral
e diarrea acuosa polo que ingresa en Medicina Interna para completar estudo e mellorar o seu estado xeneral. Exploráselle,
fanse probas e consulta con Cirurxía Vascular por anormalidade dos pulsos periféricos, e tendo en conta que é fumadora (isquemia
crónica grado I). Presenta fisura anal causada pola diarrea que a obrigou a acudir os días 6.1.2020 e 7.1.2020 a que lle prestaran
asistencia.
Remata a súa reclamación alegando atraso diagnóstico no cadro de obstrución intestinal de delgado acompañada de isquemia intestinal presentando logo da cirurxiá unha síndrome de intestino curto. Engade,
ademais, que durante todo o proceso asistencia produciuse unha ausencia de información e de consentimento informado.
Os escritos de alegacións posteriores non engaden nada novo a nivel argumental xa que a parte reclamante limítase a reiterar as alegacións expostas no seu escrito inicial de reclamación.
Pola súa parte, a proposta de resolución sinala que a paciente foi asistida en diversas ocasións por molestias dixestivas. En cada unha destas ocasións fixéronselle as exploracións e estudos diagnósticos
que eran requiridos segundo a práctica médica recomendada, cos coñecementos científicos actuais non se atoparon signos que
suxeriran obstrución intestinal.
Por outra parte, a proposta de resolución expresa que non houbo ausencia de información e de consentimento informado, pois no expediente pode verificarse a existencia de documentos de consentimento
informado asinados pola parte reclamante, incluído o de cirurxía de urxencia asinado con data 18.11.2019.
Sétima.
Pois ben, o exame destas alegacións da parte reclamante esixe unha análise da historia clínica e informes médicos que figuran no expediente, dado o cualificado valor probatorio das consideracións técnicas
que neles se conteñen, debendo así limitarse este órgano consultivo á súa inclusión en categorías xurídicas (neste sentido,
entre outros, vide CCG 71/2016).
Desta pódense establecer, resumidamente, a seguinte secuencia de feitos:
?23/10/2017, PAC de Vilalba: dolor de estómago/epigástrico. Ayer por la tarde comenzó con dolor epigástrico opresivo cólico,
ayer le duró 2 horas. Suele tomar Almax por dolor epigástrico, bastantes días en el último mes; hoy mejoró. [?]. Sin alergias. Abdomen blando, depresible, sensible en epigastrio: Gastritis. Omeprazol 20 1 cada 24 horas durante 2 semanas.
Control por su médico.
28/09/2018, se presenta en el PAC. Desde esa mañana tuvo ascos y dolor abdominal que mejoró al vomitar (3 vómitos claros) Abdomen sin signos de gravedad. Gastroenteritis aguda.
10/01/2019, acude al PAC por vómitos y diarrea. Palpación abdominal normal. Dieta y Primperán.
22/09/2019, la paciente acude al PAC de Villalba por dolor abdominal. Relata dolor postprandial de semanas de evolución y que no cede con Omeprazol y Enterosilicona. No se aprecia en la exploración datos
de alarma [?]. Se diagnostica dispepsia y faringitis se añade antiinflamatorio y analxesia (Buscapina).
30/09/2019 Tiene otra asistencia en primaria por dolor abdominal. La palpación es normal y se continúa que el mismo tratamiento sintomático.
El 17/10/2019 derivada por su médico por la no mejoría, acude a Urgencias del HULA. Se transcribe: Antecedentes personales: Sin alergias medicamentosas conocidas. Sin antecedentes médicos de interés.
Iqx: Apendicectomía la los 11 años de edad. FUR: hace 2 semanas [?]. Enfermedad actual: La paciente refiere dolor epigástrico sin irradiación de 3 meses de evolución que empeoró hace 3 días.
Realizó un vómito hace 3 días y desde hoy al mediodía, refiere numerosos vómitos. Además relata diarrea de 3 veces al día
de 3 días de evolución [?]. La exploran y se hace batería de pruebas analíticas y radiológicas. No hay signos de irritación peritoneal, la radiografía
de abdomen es normal. Se diagnostica de gastroenteritis aguda no complicada [?]. Se le recomienda que su médico siga controlando el cuadro de epigastralxia y diarreas para poder hacer el diagnóstico diferencial
(Helicobacter, celiaquía...).
22/10/2019 Acude a médico privado. Este le solicita una gastroscopia y posteriormente un TAC abdominal. En la gastroscopia se ve una compresión extrínseca y pulsátil (origen vascular) en el estómago
que recomienda estudiar con otra técnica de imagen. La trata con Enantyum (analgésico antiinflamatorio) intramuscular durante
20 días cada 12 horas. Por test de ureasa +, se inicia tratamiento para erradicar el Helicobacter Pylori (antibiótico).
10/11/2019 Acude al PAC de nuevo por presentar cuadro de vómitos incoercibles y dolor intenso en piso abdominal superior, después de haber acabado el tratamiento de erradicación del Helicobacter. No se
alivia con tratamiento analgésico y las 8:22 el médico de primaria la deriva a Urgencias del HULA. En Urgencias del HULA,
en la anamnese se anota entre otras la apendicectomía la los 11 años y el tratamiento contra lo Helicobacter. Se le hace exploración
completa, sin otras alteraciones abdominales que dolor a palpación en el epigastrio, merma de los ruidos intestinales, puño
percusión negativa y ausencia de masas o megalias. Las pruebas de imagen (Rx tórax y abdomen, ecografía abdominal) sin alteraciones
de interés. La analítica de sangre y orina tampoco es aclaratoria. El diagnóstico es de epigastralgia en probable relación
con Helicobacter Pylori no erradicado totalmente. Mejoría franca con el tratamiento administrado antes del alta. Se pauta
tratamiento y se le recomienda ser vigilada por el médico de primaria y solicitar consulta en Digestivo para completar estudio.
18/11/2019, El médico del PAC la explora y elabora un informe de derivación a Urgencias. Acude a Urgencias HULA por segunda vez en esa semana, por molestias abdominales inespecíficas que se han intensificado
sobre todo nos últimos 3 días, con exacerbaciones tipo cólico, vómitos y ausencia de deposición. Al explorarla tiene febrícula
y claros signos de defensa abdominal. En la analítica hay leucocitose con desviación izquierda y en la radiografía abdominal
dilatación de asas de intestino delgado. Si le realiza TAC abdominal que muestra dilatación fundamentalmente de duodeno, ayuno
y íleo proximal, marcada distensión de cámara gástrica colapso de íleo terminal y colon con cambio de calibre en fosa ilíaca
izquierda. Valorar en el contexto de brida post-quirúrgica. No se puede descartar sufrimiento intestinal. Pequeñas adenopatías
mesentéricas de aspecto reactivo. Líquido libre abdominal. Diagnóstico: Abdomen Agudo, sospecha de brida y sufrimiento intestinal
secundario. Tratamiento: ingreso en cirugía para intervención urgente. Si le explica que inicialmente será laparoscopia exploradora
y que puede tener que hacerse una laparotomía. Se le habla de las posibles complicaciones. Firma el documento de C.I. [?].
19/11/2019. Intervención quirúrgica urgente. Inicio las 23:00 y finaliza a las 00:15 h. Se practica primero una laparoscopia exploradora, se continúa con laparotomía y resección de íleon distal y laparostomía
VAC. Diagnóstico preoperatorio de obstrucción intestinal y diagnóstico postoperatorio de obstrucción intestinal por brida
a nivel pélvico con isquemia de asa ileal y absceso circundante, isquemia parcheada de intestino delgado. Se decide no realizar
la anastomose y colocar una laparotomía VAC para revisión en 36/48 horas.
20/11/2019. Inicio las 10:10 y finalice las 12:00 h. Se retira VAC abdominal, se examina, se observa isquemia de intestino delgado en dos segmentos que se resecan y se hace anastomose. 22/11/2019 pasa
la planta y es dada alta hospitalaria el día 28 con tratamiento médico y recomendaciones. Se solicita al mismo tiempo el estudio
a Medicina Interna para que evalúe la posibilidad de que la isquemia intestinal de la paciente pueda ser causada por una enfermedad
de base.
En la evolución posterior, el 4/12/2019 la paciente acude al Hospital de Día Polivalente para ser valorada por Medicina Interna. Siendo ingresada para poder hacer el estudio con más agilidad. En la anamnese
se anotan como antecedentes personais.... H. Pylori con tratamiento erradicador hasta hace una semana tras endoscopia digestiva
alta extramuros con una imagen de compresión extrínseca pulsátil sobre estómago y con TAC abdominal normal. En la exploración
física está algo deshidratada (por diarrea acuosa), con regular estado general. Herida quirúrgica en buen estado. No tiene
dolor. Se le coge vía, practican ECG (taquicardia sinusal), analítica (datos de anemia), TAC (dilatación de asas intestinales,
ligero engrosamiento de la pared aórtica a nivel abdominal infrarrenal), es ingresa en Medicina Interna.
Durante el ingreso la paciente es sometida a una batería de pruebas y se estudian los resultados de las mismas. La colonoscopia no muestra hallazgos significativos (descarta colitis pseudomembranosa),
tiene hemorroides internas. En el TAC vascular hay placas de ateroma y habría que descartar vasculite por las imágenes de
la aorta. La paciente va tolerando la alimentación y mejora por lo que se decide alta a domicilio. El juicio diagnostico es:
Postoperatorio de obstrucción intestinal secundaria la brida a nivel pelve, con isquemia de asa ileal y absceso secundario.
Isquemia parcheada de intestino delgado que precisó resección segmentaria [?].
Consulta (22/10/2020) es de diarrea persistente debida el síndrome de intestino corto, secuela de la intervención quirúrgica. Continua a ser estudiada para descartar con seguridad que pueda estar afectada
de alguna enfermedad de base que había habido sido la causa de la intensa isquemia intestinal concomitante a la brida y a
la obstrucción. El mismo tiempo se trata el síndrome de intestino corto.
14/07/2020, Endocrinología: Refiere diarrea importante, subió de peso desde la intervención. Diagnóstico: diarrea post-resección segmentaria de intestino delgado (probable síndrome de intestino corto), [?].
[?]?.
En canto aos os informes dos diferentes servizos destácase en todos eles que na fase previa ao diagnóstico de abdome agudo non se detectaba ningunha sintomatoloxía que fixera sospeitar unha obstrución nin
parcial nin completa do intestino delgado.
Así, o informe do Servizo de Medicina Interna do 25.11.2020 fai constar:
?Que de la historia clínica se deduce que la paciente inicia dolor abdominal a nivel epigástrico probablemente en julio del 2019. Sin embargo en la primera anotación de la historia clínica en Atención
Primaria en septiembre de este año consta una exploración normal y un diagnóstico de dispepsia. Posteriormente fue atendida
en diferentes ocasiones tanto por su médico de Atención Primaria (30 de septiembre, 18 de noviembre), en el Servicio de Urgencias
hospitalario (17 de octubre y 10 de noviembre) y por un facultativo con atención privada (22 de octubre). En todas esas valoraciones
no se detectaron datos de alarma, realizándose tratamiento sintomático. Sin embargo en la valoración en medicina privada se
demostró la existencia de Helicobacter pylori con un test de ureasa positivo lo que justificó un tratamiento erradicador.
En todo momento las exploraciones efectuadas en estas valoraciones fueron anodinas o sin datos relevantes y los estudios complementarios
conocidos no mostraban signos de alarma [?] según consta en documentación anexa se le realizó un TAC abdominal en el sanatorio POLUSA que se supone normal ya que no
modificó la actitud del médico solicitante y se inició tratamiento erradicador de Helicobacter pylori?.
Consta incorporado ao expediente un informe do coordinador do Servizo de Urxencias do 2.12.2020 que insiste na mesma liña argumental que o anterior no sentido de que durante o proceso asistencial
non existiu dato ningún que fixese sospeitar a patoloxía que finalmente presentou a Sra L.
Engadidamente, consta no expediente un informe do Servizo de Cirurxía Xeral e Aparato Dixestivo do 18.11.2020 do que cabe salientar o seguinte:
?Primero.- La paciente fue perfectamente informada de sus patologías, firmando los consentimientos adecuados a las intervenciones realizadas.
Segundo.- Siempre se actuó segundo a Lex Artis de acuerdo con los hallazgos quirúrgicos. Con respecto a patología de la paciente y el diagnóstico realizado, los cuadros obstructivos intestinales por bridas
son difíciles de diagnosticar sobre todo cuando se resuelven de forma espontánea como ocurrió con esta paciente en diversas
ocasiones no observando niveles hidroaéreos radiológicos ni cuadro abdominal cuando acudió a Urgencias si no se hubiera actuado
de otra forma sin lugar a dudas.
Las obstrucciones intestinales crónicas por brida ceden muchas veces de forma espontánea en minutos y en horas de ahí que se traten a veces con tratamientos médicos ya que no se objetivan patologías que
requieren otras terapéuticas que no sean médicas. Esta paciente cuando ingresó por última vez vino a urgencias y fue consultado
el Servicio de Cirugía cuando ya presentaba un cuadro obstructivo, que posiblemente se agrava debido a que la paciente es
fumadora crónica, toma anticonceptivos y posiblemente eso afecte a la vascularización intestinal sobre todo a los microvasos.
Creemos que la asistencia de la paciente ha sido en todo momento la adecuada y con unos resultados desde el punto de vista quirúrgico óptimos. La paciente tiene dos metros de intestino delgado y el 90%
del colon por lo que creemos que no tiene un intestino con síndrome intestino corto que es suficiente para la vida normal
solamente tiene que tener cuidado con su dieta y con el tiempo va a mejorar paulatinamente ya que es suficiente el intestino
para la vida normal de cualquier paciente y más una paciente 38 años... [?]
La conclusión y en contestación al 9º y 10º no existe una ausencia de información del consentimiento informado en el proceso asistencial y no existe déficit asistencial realizada por el Sergas a la paciente?.
Pois ben, da historia clínica e demais informes obrantes no expediente pódese extraer como conclusión que a paciente dende o ano 2017 foi asistida en diversas ocasións por molestias dixestivas facéndolle
con motivo destas os correspondentes estudos diagnósticos que eran requiridos conforme á sintomatoloxía que presentaba.
Así na historia clínica figuran os seguintes apuntamentos:
- 27.10.2017: ?Rx abdomen: sin alteraciones agudas no momento actual ni datos de complicación actuales. Abundantes gases?.
- 17.10.2019: ?Radiografía de abdomen: Luminograma inespecífico. Presencia de gas distal. Se objetivan ambas líneas del psoas?.
- 10.11.2019: ?Rx abdomen: anodino?. Na ecografía abdominal constan fígado, porta, vesícula, vía biliar, páncreas, riles, bazo e vexiga sen datos que fagan constar
anomalía ningunha, facéndose mención ademais a que ?no se objetiva líquido libre en la cavidad abdominal?.
- Acude á medicina privada o 22.10.2019 na que se lle realizou unha gastroscopia na que se obxectiva Helicobacter pylori positivo.
- Unha TAC abdominal privada realizada o 28.10.2019 no Sanatorio Polusa que, polo que consta, non mostrou anomalía ningunha
no sentido da obstrución intestinal.
En todas estas probas diagnósticas non se observou obstrución intestinal, e consecuentemente non se estimou necesario en ningún momento a súa a derivación a cirurxía, pautándoselle simplemente tratamento
sintomático. Tan só despois de que a paciente volvera o 18.11.2019 ao Servizo de Urxencias, por intensificación da clínica
e unha vez valoradas as probas de imaxe (TAC), que mostraban datos compatibles con unha obstrución intestinal completa e conseguinte
diagnóstico de abdome agudo, decidiuse cirurxía urxente en dúas fases.
Repárese particularmente nun dato revelador: entre a data na que á paciente realízaselle unha TAC (28.10.2019), na que non presentaba ningunha patoloxía relevante, e o 18.11.2019, en que volve ao Servizo
de Urxencias xa con síntomas de abdome agudo, transcorreron vinte días, polo que cobra verosimilitude o relato do xefe do
Servizo de Cirurxía Xeral e Aparato Dixestivo conforme ao que ?los cuadros obstrutivos intestinales por bridas son difíciles de diagnosticar sobre todo cuando se resuelven de forma espontánea
como ocurrió con esta paciente en diversas ocasiones no observando niveles hidroaéreos radiológicos ni cuadro abdominal cuando
acudió a Urgencias si no se hubiera actuado de otra forma sin lugar a dudas?.
A clara argumentación contida nos informes que veñen de transcribirse non reciben un rexeitamento debidamente fundado nas alegacións efectuadas pola parte reclamante con ocasión do trámite de audiencia,
polo que non cabe dalas por desvirtuadas en ningún dos seus extremos.
Finalmente, polo que atinxe á falta de información e consentimento da paciente durante o seu proceso asistencial, debe salientarse que este reproche carece de sustento, por canto consta na folla informativa
do proceso cirúrxico ao que se ía someter, á que se acompaña documento de consentimento informado asinado pola paciente con
data 18.11.2019, con ocasión da intervención que se lle practicou nese mesmo día, e no posterior día 20.11.2019. Igualmente
figuran no expediente, datadas nos días 5.12.2019 e 21.5.2020, as follas de consentimento informado dos procedementos de colonoscopia
que houbo que realizarlle con posterioridade á intervención.
Oitava.
Á vista dos criterios expostos nos informes médicos que constan no expediente remitido, e que conteñen os únicos criterios técnicos de que dispón este órgano consultivo, cabe sinalar que a Sra. L. recibiu
en todo momento a asistencia que o seu estado requiría atendendo á súa evolución, e que se lle aplicaron as medidas terapéuticas
e cirúrxicas que eran precisas. A este respecto, os precitados informes coinciden en afirmar que non pode considerarse que
o tratamento fose desaxeitado nin que existise atraso na asistencia médica prestada.
CONCLUSIÓN
Por todo o anteriormente exposto, a Sección de Ditames do Consello Consultivo de Galicia, por unanimidade dos seus membros, ditamina:
?Que informa favorablemente a proposta de resolución desestimatoria da reclamación á que o presente expediente se refire?.
