Última revisión
09/02/2023
Dictamen de Consello Consultivo de Galicia 1106 de 17 de enero de 2008
GPT Iberley IA
Copiloto jurídico
Relacionados:
Tiempo de lectura: 22 min
Órgano: Consello Consultivo de Galicia
Fecha: 17/01/2008
Num. Resolución: 1106
Cuestión
Reclamación de responsabilidade patrimonialResumen
Reclamación de responsabilidade patrimonial interposta por don M. H. C., polos danos sufridos no seu automóbil ao bater contra unhas varandas colocadas na rúa.
Organismo: Concello de Gondomar (Pontevedra)
Letrado: López Paz
Propuesta: Desestimatoria
Conclusion: Favorable
Relator: Carro Fernández - Valmayor
Contestacion
ANTECEDENTES
1.- Con data 21 de agosto de 2006, don M. H. C. interpón ante o Concello de Gondomar reclamación de responsabilidade patrimonial.
O reclamante alega que o día 13 de agosto de 2006, bateu co seu vehículo matrícula X, contra unhas varandas colocadas polo
Concello na rúa Eduardo Iglesias.
Remata o seu escrito solicitando unha indemnización de 182,92 ?, correspondentes ao importe de reparación do vehículo.
Xunto coa reclamación achega factura de reparación polo importe de 182,92 ?.
2.- Instruído o correspondente expediente de responsabilidade patrimonial, con data 4 de decembro de 2007, ditouse proposta de
resolución en sentido desestimatorio da reclamación presentada.
3.- O expediente de razón foi remitido para preceptivo ditame deste Consello Consultivo de Galicia, polo Sr. alcalde do Concello
de Gondomar, tendo entrada neste organismo con data dezanove de decembro de dous mil sete.
4.- Os demais antecedentes dedúcense do contido do ditame.
CONSIDERACIÓNS
Primeira.-
O Consello Consultivo de Galicia é competente para coñecer do expediente de razón, con base no previsto no artigo 11, j) da
Lei de Galicia 9/1995, do 10 de novembro, e 10 e 17.1, e) do seu regulamento, aprobado polo Decreto 282/2003, do 22 de maio,
por tratarse dunha reclamación de responsabilidade patrimonial das administracións públicas.
Segunda.-
Antes de entrar na análise das cuestión de fondo suscitadas pola reclamación que se analiza, hai que poñer de manifesto unha
omisión na presentación do expediente ante este Consello Consultivo, pois infrinxindo o disposto no artigo 48.1 do Regulamento
do Consello Consultivo, aprobado polo Decreto 282/2003, do 22 de maio, segundo o cal deberán conter un índice numerado de
documentos.
Esta esixencia, que obedece a un elemental principio sistemático que debe presidir a ordenación dos expedientes non se cumprimentou
no presente caso dificultando formalmente o estudo da cuestión sometida a consulta.
Este proceder debe rectificarse para o futuro en aras de posibilitar o exame dos expedientes sometidos a consulta operando
sobre bases formais máis certeiras, sistemáticas e seguras.
Terceira.-
As reclamacións de responsabilidade patrimonial haberán de instruírse e resolverse conforme cos trámites previstos nos artigos
139 e seguintes da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo
común, e no Real decreto 429/1993, do 26 de marzo, polo que se aproba o Regulamento dos procedementos en materia de responsabilidade
patrimonial das administracións públicas.
Cuarta.-
Pasando a abordar o obxecto do presente expediente, é dicir, a determinar se ao reclamante lle asiste, ou non, o dereito a
ser indemnizado como consecuencia dos feitos referenciados nos antecedentes.
A tal efecto, e dado que a responsabilidade patrimonial descansa sobre a base da existencia dunha lesión no patrimonio individualizado
da vítima ou vítimas dun dano, e tal lesión debe aparecer como unha consecuencia do funcionamento dun servizo público, cobra
especial relevancia a precisión do concreto ámbito obxectivo que fundamenta a acción, especificando cales son os feitos ou
circunstancias nos que se basea a existencia dun vínculo causal entre o dano e o actuar do poder público no que, necesariamente,
toda pretensión resarcitoria debe basearse. O artigo 6 do Regulamento dos procedementos de reclamación de responsabilidade
patrimonial das administracións públicas é determinante a este respecto ao esixir no parágrafo segundo do seu apartado primeiro,
que na reclamación se deberán especificar, entre outras, ?as lesións producidas, a presunta relación de causalidade entre estas e o funcionamento do servizo público ...?, engadíndose que tal reclamación irá acompañada de cantas alegacións, documentos
e informacións se estimen oportunos e da proposición de proba, concretando os medios de que pretenda valerse o reclamante.
Estes requirimentos normativos, non foron cumprimentados, non obstante, polo reclamante, quen no seu escrito inicial se limitou
a indicar, como vai dito que o seu vehículo sufrira danos ?por impactar contra vallas colocadas polo Concello? sen que tan xenérica observación, fose precisada ulteriormente, nin sequera no trámite de audiencia que, paralelamente ao
ofrecemento de vista dos informes integrantes do expediente, lle foi concedido para presentar alegacións, especificando cales
foron as concretas circunstancias que, imputables ao funcionamento do servizo público local terían motivado a materialización
do accidente.
Na instrución do expediente observouse o principio de oficialidade e se solicitou informe da Policía Local, manifestándose
polo axente asinante que: ?en archivos de esta Policía no consta informe sobre este tema, pero sí se tiene conocimiento que a dicho vehiculo le había caído una valla que habían colocado operarios de este Ayuntamiento, para los cortes de tráfico y prohibiciones de estacionamientos, para la celebración de las fiestas que se celebraron en esta localidad?.
Igualmente, o capataz de obras, ao servizo do Concello informa de que as vallas ?estaban colocadas na rúa ao obxecto de impedir o aparcamento de vehículos para poder colocar un camión-palco, polo que non ten coñecemento de cómo se produxo o siniestro, si foi ao entrar ao seu garaxe ou ao intentar estacionar na rúa? (sic).
Do informado polos servizos locais resulta que se ten referencia da produción dun incidente que afectou ao vehículo do reclamante
producíndolle danos polo golpeo cunhas vallas instaladas polo Concello, mais se descoñecen as circunstancias puntuais nas
que tal accidente se produciu, sendo a determinación destas unha carga que corresponde solventar ao reclamante, como este
Consello Consultivo ten establecido en numerosos ditames, entre outros, o CCG 9/03. Como vai dito, o accionante non especificou
cal foi o motivo concreto que o levou a ?impactar? coas vallas, e non constando este aos servizos municipais, non resulta posible apreciar aquí cal sería a causalidade vinculada
ao funcionamento do servizo público local, sendo procedente, en consecuencia informar favorablemente a proposta de resolución
desestimatoria da reclamación.
CONCLUSIÓN
Por todo o anteriormente exposto, a Sección Segunda do Consello Consultivo de Galicia, por unanimidade de todos os seus membros
ditamina:
?Que informa favorablemente a proposta de resolución á que o presente expediente se refire?.
