Dictamen de Consello Consultivo de Galicia 115 de 19 de julio de 2023
Resoluciones
Dictamen de Consello Cons...io de 2023

Última revisión
05/10/2023

Dictamen de Consello Consultivo de Galicia 115 de 19 de julio de 2023

Tiempo de lectura: 82 min

Tiempo de lectura: 82 min

Relacionados:

Órgano: Consello Consultivo de Galicia

Fecha: 19/07/2023

Num. Resolución: 115


Cuestión

Reclamación de responsabilidade patrimonial

Resumen

Reclamación de responsabilidade patrimonial interposta por C. en nome e representación de G., como consecuencia do tratamento dunha hipertrofia de próstata con síntomas de tracto urinario inferior no Hospital Universitario Álvaro Cunqueiro.

Organismo:

Consellería de Sanidade (Xunta de Galicia)

Letrado:

Oreiro Romar

Propuesta:

Desestimatoria

Conclusion:

Favorable

Relator:

Martínez Yáñez

Contestacion

ANTECEDENTES

1.- Con data 14.12.2020, C., letrado, actuando en nome e representación de G. interpuxo unha reclamación de responsabilidade

patrimonial polos danos que entende derivados do que considera unha deficiente asistencia sanitaria recibida por este último

no Complexo Hospitalario Universitario de Vigo (en diante, CHUVI) con ocasión do tratamento dunha hipertrofia de próstata.

O paciente, con cadro de polaquiuria e nicturia é derivado polo seu médico de cabeceira a consulta co Servizo de Uroloxía,

practicándoselle biopsia transrectal de próstata (6.5.2020) e posterior adenectomía de glándula prostática (20.5.2019). A

histoloxía amosa un adenocarcinoma de tipo acinar que é seguido con actitude conservadora.

Alega a parte reclamante que ante o enfoque expectante do seguimento se viu obrigado a acudir á medicina privada, sendo sometido

o 10.6.2020 a tratamento radical cirúrxico dun adenocarcinoma evolucionado.

Repróchase na reclamación pasividade na resposta por parte dos sanitarios, o que se identifica como a causa da progresión

da doenza, que no estadio no que se atopa no momento da cirurxía practicada na clínica privada, determina o paso a un grupo

con maior probabilidade de recidiva.

Alégase ausencia de información e de consentimento informado en todo o proceso.

Peticiónase unha indemnización por importe de 80.450 ?.

2.- Na instrución do expediente incorporouse a historia clínica e informe do Servizo de Uroloxía do CHUVI, do 15.2.2021.

Concedeuse audiencia á parte reclamante que presentou alegacións o 27.7.2021.

Con data 23.11.2021 achégase informe pericial asinado por especialista en oncoloxía (indícase como data outubro de 2021, sen

fixación do día).

Tras a incorporación de historia clínica complementaria, concédese novo trámite de audiencia á parte reclamante, que presenta

alegacións o 11.5.2022.

3.- O 23.3.2023, emitiuse proposta de resolución en sentido desestimatorio da reclamación.

4.- O expediente de razón foi remitido, para preceptivo ditame deste Consello Consultivo de Galicia, polo señor conselleiro de

Sanidade tendo entrada neste organismo o día 3.4.2023.

Con data 3.5.2023, a Sección de Ditames deste Consello Consultivo de Galicia, por unanimidade de todos os seus membros e ao abeiro do artigo

34.4 do seu Regulamento de organización e funcionamento aprobado polo Decreto 91/2015, do 18 de xuño, acordou devolver o expediente

de razón, sen a emisión do preceptivo ditame, para que se complemente a instrución coa consideración e análise expreso do

informe pericial de parte.

5.- Con data do 9.6.2023 emítese novo informe do xefe do Servizo de Uroloxía. Neste informe analízanse polo miúdo os cargos e imputacións realizadas

no informe pericial aboado pola demandante.

6.- O 14.6.2023, a representación da parte reclamante formulou novas alegacións.

Resumidamente, ratifícase nos anteriormente formulados, e manifesta especialmente a súa queixa pola demora na tramitación

do expediente e pola incorporación dun novo informe pericial.

7.- Con data 14.6.2023, ditase nova proposta de desestimación das pretensións do demandante.

8.- O expediente de razón foi novamente remitido, tendo entrada neste organismo con 3.7.2023.

9.- Os demais antecedentes dedúcense do contido do ditame.

CONSIDERACIÓNS

Primeira.

O Consello Consultivo de Galicia é competente para coñecer do expediente de razón, en virtude do disposto no artigo 12.j)

da Lei 3/2014, do 24 de abril, do Consello Consultivo de Galicia, e 17.a) do Decreto 91/2015, do 18 de xuño, polo que se aproba

o seu Regulamento de organización e funcionamento, por tratarse dunha reclamación de responsabilidade patrimonial interposta

contra a Administración autonómica por contía superior a 30.000,00 ?.

Segunda.

O expediente sobre o que se solicita a emisión de ditame suscita un caso de responsabilidade patrimonial das administracións

públicas que, como tal suposto, vén regulado basicamente polo artigo 106.2 da Constitución española, polos artigos 32 a 37

da Lei 40/2015, do 1 de outubro, de réxime xurídico do sector público (en diante, LRXSP); e, no que atinxe aos aspectos procedementais,

pola Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas (en diante, LPAC).

Así, no que ao presente expediente se refire, cómpre dicir que as esixencias de orde procedemental, en xeral, foron cumpridas,

sobre todo o esencial trámite de audiencia que permite aos interesados exercitar as súas posibilidades de defensa no procedemento

administrativo.

Non obstante, cómpre censurar a excesiva dilación na tramitación do procedemento, aspecto denunciado pola representación da

parte reclamante, e que se viu obrigada a recorrer á vía contencioso administrativa ante o silencio da Administración. É certo

que este expediente sufriu múltiples vicisitudes, entre elas o feito de que se formule cando aínda estaban vixentes certas

limitacións derivadas da pandemia, e o propio acordo de devolución deste organismo, que o obrigou a completar a instrución,

pero estas circunstancias non abondan para explicar a demora, xa que desde a data da reclamación (14.12.2020) ata a súa remisión

a este organismo (3.7.2023), incumpriuse sobradamente o prazo de seis meses que establece o artigo 91.3 da LPAC. Deste xeito, recoméndase que tal actuar

administrativo, contrario aos principios de eficacia e celeridade que deben rexer no procedemento administrativo, sexa corrixido

para futuras ocasións.

Por outra banda, en relación coas queixas que a representación da parte reclamante formula no seu escrito de alegacións do

14.7.2023, non lle falta razón cando protesta pola incorporación extemporánea dun novo informe de servizo realizado ad hoc, co único fin de desvirtuar o que achegou previamente. Pero este informe incorporase a petición deste organismo, e esta petición

deriva das limitacións propias dun órgano de composición exclusivamente xurídica, que carece dos coñecementos técnicos necesarios

para resolver un debate exclusivamente científico. Como temos reiterado, a verificación das imputacións nas que se sustenta

a reclamación interposta esixe, en todo caso, unha análise da historia clínica e informes incorporados ao expediente, e son

estes informes os que deben conter as valoracións técnicas, debendo este órgano limitarse á súa subsunción en categorías xurídicas

(vide CCG 77/2003 e CCG 168/2020). Deste xeito, o novo informe permite a este organismo coñecer a opinión científica da Administración

sanitaria sobre a pericia achegada pola parte reclamante, e en definitiva contribúe a achegar elementos de xuízo de carácter

técnico para o esclarecemento dos feitos, e a correcta resolución da controversia.

Terceira.

Os principios que rexen a responsabilidade patrimonial das administracións públicas son o resultado dunha elaboración da doutrina

e da xurisprudencia, e teñen sido reiteradamente indicados polo Consello Consultivo. Sinteticamente expostos, os presupostos

mínimos para que xurda a responsabilidade patrimonial da Administración, partindo do principio de responsabilidade obxectiva

e directa, son:

O dano producido no patrimonio dos particulares ten que ser efectivo e individualizado nunha persoa ou nun grupo de persoas.

O antedito dano ou lesión debe producir no patrimonio do particular lesionado un prexuízo ilegal que este non teña o deber

de soportar.

O dano ou lesión patrimonial ten que gardar un nexo causal co funcionamento normal ou anormal dos servizos públicos.

O dano non debe ser produto dunha situación de forza maior.

A reclamación ten que ser presentada polo particular interesado dentro do prazo legalmente establecido.

De maneira particularizada, no que concirne á responsabilidade da Administración no ámbito sanitario, o Consello Consultivo

concretou as modulacións ás que está sometida con relación ao sistema xeral de responsabilidade en canto aos requisitos precisos

para poder esixila e entre os que resaltan, por unha banda, que a asistencia sanitaria é unha prestación de medios e non de

resultado e que a actuación médica debe desenvolverse conforme coa denominada lex artis ad hoc, de modo que, aínda tendo o dano alegado a súa causa na prestación sanitaria, se esta se ten realizado de acordo co estado

do saber, estase ante unha lesión que non constitúe dano ilegal. E, por outra banda, que os pacientes teñen dereito a obter

cumprida información sobre o seu proceso curativo, o que implica a necesidade de prestación dun consentimento informado.

Deste xeito, no ámbito da responsabilidade sanitaria, o parámetro que permite apreciar o grao de corrección da atención sanitaria

é o da lex artis. A análise de acordo con este parámetro obriga á observación detida do concreto emprego da ciencia e da técnica

médicas esixibles atendendo ás circunstancias de cada caso: recursos dispoñibles, forma de emprego dos devanditos recursos,

e, polo tanto, estándar razoable de funcionamento.

Nesta análise da suficiencia dos medios empregados na asistencia controvertida hai que lembrar que, como xa se indicou en

anteriores ditames (vide CCG 98/2001, CCG 98/2014 ou CCG 198/2015, entre outros), pesa sobre o servizo público sanitario a

obriga de posta a disposición daqueles medios diagnósticos e terapéuticos orientados ao fin último de lograr a curación do

paciente. Mais, a antedita obriga, razoablemente entendida, ten que vir dada, máis que por unha utilización ilimitada da variedade

de medios diagnósticos e terapéuticos ao alcance do profesional sanitario, por unha actuación proporcionada e, ao mesmo tempo,

xenerosamente entendida, que pasa pola posta en práctica daqueles medios que razoablemente resulten precisos atendidas as

circunstancias que se presentan.

Por iso, agás que exista unha evidente desproporción entre o acto médico realizado e o resultado danoso producido, non abonda,

para determinar a existencia de responsabilidade patrimonial, con mostrar un resultado danoso e conectalo coa prestación sanitaria

recibida, senón que ha de probarse igualmente que o dano sufrido é consecuencia dunha asistencia errónea, atendendo ás circunstancias

concretas de cada caso. Se a prestación sanitaria resulta ser a indicada conforme coas regras do saber e da ciencia esixibles

en cada momento para o concreto caso suscitado, non pode apreciarse que se teña incorporado ao proceso causal incrementando

o risco preexistente, debéndose concluír que o dano resulta materialización exclusiva do devandito risco que o paciente ha

de soportar.

Cuarta.

Polo que se refire ás cuestións materiais ou de fondo que suscita o expediente examinado, de acordo coas previsións do artigo

81.2 da LPAC, cómpre determinar neste ditame se existe, relación de causalidade entre o funcionamento do servizo e a lesión

aducida e, eventualmente, haberá de recollerse un pronunciamento sobre a oportuna valoración do prexuízo, a contía da indemnización

e o modo de facela efectiva.

Comezando pola primeira das imputacións, e coma xa foi indicado nos antecedentes, a representación do señor G. afirma que

o enfoque expectante e conservador do seu cancro de próstata foi a causa da evolución tórpida da doenza, ata o punto de ter

que acudir á medicina privada, determinando o paso a un grupo con maior probabilidade de recidiva, e sendo sometido o 10.6.2020

a tratamento radical cirúrxico dun adenocarcinoma evolucionado. Polo tanto, de acordo cos protocolos e a lex artis, houbo un déficit asistencial debido á pasividade da sanidade pública. Estas imputacións veñen sustentadas tecnicamente nun

informe pericial elaborado pola doutora O. (sen data), que despois de analizar a historia clínica, conclúe o seguinte:

?Si se hubiese evaluado exhaustivamente al paciente, siguiendo las directrices de guías de actuación urológicas vigentes,

el caso del enfermo tras la de neto mía, y barajando la posibilidad de la pérdida de una prostatectomía radical curativa tras

el hallazgo casual de cáncer de próstata al realizar la misma, se hubiera obviado que un año más tarde no se debería haber

sometido a una prostatectomía radical realizada en un hospital privado por iniciativa del propio paciente ante el resultado

de la biopsia realizada en mayo 2020, ya que la misma no fue indicada tampoco por los oncólogos responsables del enfermo durante

el seguimiento clínico del mismo en el Hospital Universitario de Vigo. El resultado es la exéresis de un tumor más agresivo,

con mayor incidencia de recidiva local y a distancia, en resumen con un la menor supervivencia global en junio de 2020 que

en mayo de 2019, añadiéndose que la cirugía radical sobre una próstata sin cirugía previa presenta mínimas complicaciones,

al contrario de la misma cirugía en una próstata con tratamiento quirúrgico anterior?.,

Pola súa banda, a Administración sanitaria nega estas acusacións, e apoia a súa posición na historia clínica, en dous informes

dos xefes do Servizo de Uroloxía do CHUVI. O primeiro deles, elaborado o 15.2.2021 polo doutor O., ofrece a versión clínica

da asistencia sanitaria ofrecida, e as consecuencias que sofre actualmente. Rexeita totalmente as acusacións, é crítico coa

intervención realizada na medicina privada á vista dos resultados, e anexa, pola súa relevancia, informes extraídos da historia

clínica e referencias bibliográficas para apoiar as súas afirmacións:

?No es correcta la descripción de los hechos y de la dinámica del PSA.

La persona que reclama fué diagnosticada preoperatoniamente de Hipertrofia Prostática Benigna: Por los estudios ecográficos

y por la dinámica del PSA (análisis).

La ecografia mostraba una próstata de 74 gramos. El PSA preoperatorio estuvo siempre dentro de límites de la normalidad, descendiendo

de 3,05 a 1,1 mg/ml. Por lo tanto el PSA siempre estuvo normal (

La indicación de Adenometomía se hizo por la sintomatología clínica que refería el paciente. No había ningún dato o signo

en aquel momento que hiciese sospechar la presencia de cancér de próstata asociado a su patología benigna (Documento 2).

TERCERO.- Adenomectomía glándula próstatica 20/05/2019.

Don G. fue intervenido quirúrgicamente el 20/05/2019 con el mismo diagnóstico clínico preoperatorio que postoperatorio; macroscopicamente

no se detectaba ninguna anomalía asociada a su patología benigna. (Documento 3).

La decisión del Comité Clínico de Tumores Urológicos, que se reune todos los viernes, constituído por Urólogos, Anatomopatólogos,

Oncólogos médicos, Oncólogos radioterapeutas, Radiólogos y Faimacéuticos fue de recomendar seguimiento (Documento 7).

[?].

SEXTO.- La guía europea para el tratamiento del cáncer de próstata de 2020 difiere de las recomendaciones ciadas en el hecho

Sexto de la reclamación. La guía europea está confeccionada por un grupo multidisciplinario internacional de científicos y

asociasiones de reconocido prestigio (Documento 9).

Las recomendaciones de la guía europea para el cáncer de próstata de bajo riesgo como es el caso, son las de ofrecer a pacientes

con unas espectativas de vida de >1O años y bajo riesgo, vigilancia activa, con un grado de recomendación alta (Strong) (Documento

9).

La experiencia propia y la literatura nacional revisada también dice que los cánceres de próstata incidentales descubiertos

en las piezas de Adenomectomía o Resección transuretral de próstata solamente progresan el 9% de los casos y que ese porcentaje

mínimo de progresión se puede rescatar con cirugía o radioterapia sin que se ponga en peligro la vida del paciente, obviando

la intervención quirúrgica y los efectos secundarios de la misma al 91% de los pacientes restantes (Documento 10)?.

En conclusión, considera que a vixilancia activa era a solución ideal para este tipo de tumor, que non se apreciaba ningunha

progresión tumoral, e que o paciente non cumpría os criterios para a cirurxía de ?rescate?. Tampouco está de acordo coa solución ofrecida pola medicina privada tendo en conta que por idade e historial médico, o

rescate máis adecuado "cuando tocase? (sic) sería a radioterapia.

O informe elaborado o 8.6.2023 polo doutor B., tamén xefe do Servizo de Uroloxía do CHUVI, en cumprimento do acordo de devolución deste organismo, e co

fin de ofrecer unha análise crítica ao informe pericial da parte, expresa un profundo desacordo con conclusións médicas científicas

do mesmo. Por unha banda, critica por obsoleta a literatura médica, os protocolos citados pola doutora O. (particularmente,

as guías europeas sobre o cancro de próstata 2012) e os artigos científicos. Defende que a actuación levada a cabo se axusta

ás actuais guías europeas sobre cancro de próstata 2023, e, en definitiva, a evidencia científica real. Discrepa, punto por punto, de todas as afirmacións e reproches do informe

pericial da doutora O., xustifica co mesmo detalle cada unha das decisións adoptadas, e indica citas completas de bibliografía

médica que xustifica estas decisións. Tamén se ratifica na súa crítica ás solucións terapéuticas adoptadas na medicina privada,

nas que deriva, sempre segundo o seu criterio, parte das secuelas que sofre actualmente o doente. Conclúe que ?el seguimiento y las medidas terapéuticas llevadas a cabo son correctas y ajustadas a la evidencia clínica actual, no comprometiendo

el pronóstico del paciente?.

A contradición de criterios existente sobre os feitos determinantes da reclamación desprazan a resolución da disputa ao terreo

da valoración da proba. Situados neste punto cómpre lembrar que, como xa se manifestou noutros ditames deste Consello (por

todos eles vide CCG 75/1996 e CCG 176/2017) a carga da proba da existencia dun dano avaliable economicamente e singularizado

e a súa conexión causal co funcionamento dalgún servizo público corresponde, certamente, á parte reclamante, e a dos feitos

impeditivos da pretensión (forza maior, culpa do prexudicado, etc...) á Administración (artigo 217 da Lei 1/2000, do 7 de

xaneiro, de axuizamento civil, en diante, LAC).

Así e todo, aínda que a proba incumbe a quen reclama, a actividade que desenvolve a Administración está presidida polo interese

xeral, obxectividade e imparcialidade e, na súa consecuencia está atada e interesada ?de oficio? no esclarecemento da verdade material, e engadidamente, os principios de dispoñibilidade e facilidade da proba (art. 217.7

da LAC) tamén introducen modulacións nas regras xerais de reparto da carga probatoria. Así o considera o Tribunal Supremo

en xurisprudencia que modera a súa propia doutrina relativa á carga da proba que pesa sobre a parte reclamante, que pode resultar

particularizada ?precisamente en aplicación del principio de facilidad probatoria, obligando en consecuencia a la administración, en determinados

supuestos, a ser ella la que ha de acreditar que su actuación fue conforme a las exigencias de la lex artis? (STS do 28.5.2018, recurso 120/2017).

Pois ben, de acordo co exposto na consideración precedente, este Consello atopase na tesitura de ter que ditaminar con base

en informes periciais totalmente contraditorios sobre a cuestión esencial do debate, cal é a pasividade da Administración

denunciada polo representante do Sr. G., que, segundo o informe médico da doutora O., tería evitado as consecuencias dunha

intervención cirúrxica e de consecuencias negativas para o doente.

Na confrontación dos dous criterios expostos temos que considerar que, como xa se indicou noutros ditames, na formación de

convicción xurídica sobre uns feitos o operador xurídico debe realizar unha tarefa de indagación probatoria, verificando os

elementos de argumentación e xustificación que obran en cada informe para identificar aquel que, de ser o caso, permite formar

tal convicción sobre os feitos ou, noutro caso, a formulación da conclusión de que estes permanecen dubidosos, co establecemento

das conclusións que procedan de conformidade coas regras de distribución da carga probatoria (por todos, CCG 65/2021, CCG

299/2020 e CCG 142/2020).

E, tendo en conta que a liberdade de valoración non pode confundirse coa arbitrariedade na elección dos criterios de convicción,

resulta que esta debe ser razoablemente motivada, sendo así que na operación argumentativa de motivación si existen diversos

criterios que orientan o proceso lóxico. Así, as SSTS do 12.2.2018, rec. 2386/2016 ou do 20.12.2017, rec. 2652/2016 mencionan,

a título exemplificativo, ?la magnitud cuantitativa, la clase e importancia o dimensión cualitativa de los datos recabados y observados por el perito,

las operaciones realizadas y medios técnicos empleados, el detalle, la exactitud, la conexión y resolución de los argumentos

que soporten la exposición, así como la solidez de las declaraciones?.

Así, neste exercicio de avaliación temos que dar unha certa preponderancia aos criterios expresados polos profesionais da

saúde pública, realizando en ambos os informes unha tarefa didáctica que merece ser atendida. Por un lado, o doutro O. ofrece

unha explicación lóxica e coherente da asistencia prestada no Hospital Universitario de Vigo, e por outro, o doutor B. fai

un esforzo argumentativo para desmontar todas as acusacións feitas pola doutora O.

Tamén é importante sinalar, por ser un criterio empregado por este organismo noutras materias similares (por todos o CCG 345/2021),

que o informe pericial, elaborado por un facultativo non especialista neste tipo de doenzas, non resulta suficiente para rebater

o diagnóstico indicado. A doutora O. alude á súa condición de ?licenciada en medicina y cirugía, especialista en oncología radioterápica?. Pola contra, os doutores B. e O. son especialistas en Uroloxía, especialidade que parece a idónea para avaliar o seguimento

continuo se temos en conta que a asistencia prestada ao paciente comeza en xaneiro de 2019, cando, segundo a reclamación (feito

segundo) o Sr. G. é derivado polo seu médico de familia á consulta de uroloxía do CHUVI, e continúa ata que decide interrompelo

para ir á medicina privada someténdose a unha prostatectomía radial robótica no Hospital Nuestra Señora de Fátima o 10.6.2020.

E como destacan ambos facultativos, o caso foi analizado no Comité Clínico de Tumores Urolóxicos (27.9.2019) do que forman

parte médicos con diferentes especialidades (urólogos, patólogos, oncólogos médicos, radiólogos, farmacéuticos e tamén oncólogos

radioterapeutas, especialidade que a doutora O. manifesta ostentar), e as recomendacións deste Comité foron atendidas.

Finalmente, tamén cabe destacar que a pesar de que a instrución acordou un trámite específico de audiencia con traslado deste

novo informe, no escrito de alegacións formulado impugnase o informe e formulase expresa protesta sobre a súa incorporación

extemporánea, pero non se ofrece unha contradición desde un punto de vista médico científico, de xeito que as alusións concretas

ás referencias bibliográficas e protocolos obsoletos por parte da doutra Oms quedan sen resposta.

Como temos sinalado noutras ocasións (vide CCG 142/2020), nos informes periciais, emitidos para achegar ao procedemento coñecementos

técnicos, resultan de importancia capital os razoamentos e o proceso lóxico que conduce ao establecemento das conclusións,

que son colofón de tal proceso lóxico; porén, na súa ausencia, simples teses hipotéticas, cando non meramente argumentais.

A diferencia dos facultativos do Servizo Galego de Saúde, o perito de parte non é un especialista en uroloxía, e o que está

valorando non é unha intervención cirúrxica específica para a cal é plenamente competente -esta intervención realizouse na

medicina privada o 10.6.2020-, senón toda a asistencia sanitaria prestada ao longo de ano e medio, polo que as afirmacións

realizadas non arrancan, en principio, de regras de experiencia ou coñecementos interiorizados pola práctica profesional especializada,

sendo así, ademais, que a tórpida evolución do proceso non aproveita por si soa para cuestionar a praxe médica dunha prestación

de medios, que non de resultado. Ademais, tampouco resulta indiscutido que a decisión para realizar a operación o 20.6.2020

(prostatectomía radial robótica) fose a correcta, por canto que os facultativos do Sergas non comparten esta opinión. En tales

circunstancias, e ante dúbidas razoables de carácter científico que resultan deste expediente, sen prexuízo de recoñecer o

esforzo realizado pola parte reclamante, non podemos descartar máis aló de calquera dúbida razoable que estea enervada a carga

da proba, que como vai dito, corresponde á parte reclamante.

En definitiva, diante da falta de acreditación da existencia dun dano antixurídico vinculado co funcionamento do servizo público,

e malia a presenza dun lamentable proceso complicado de cirurxías, non procede recoñecer a existencia de neglixencia médica,

infracción da lex artis ou déficit asistencial.

Quinta.

Resta por analizar o cumprimento da obriga de información ofrecida ao doente durante todo o proceso asistencial. A representación

do reclamante realiza esta denuncia no escrito de reclamación, e en todos os escritos de alegacións posteriores, en termos

absolutamente xenéricos e carentes de precisión. De feito, vén a recoñecer que si existiu consentimento informado, pero que

o mesmo non informaba dos riscos específicos (?el paciente firmó la autorización para la cirugía, ese modelo estabdar y si firma figura en el reverso de la hoja, sin embargo

en modo alguno podemos considerar ese folleto como informativo?).

Do mesmo xeito que co anterior, este reproche exixe analizar a historia clínica, e desta análise resultan múltiples anotacións

na historia clínica sobre a información subministrada (10.10.2018, 28.1.2019 e 12.2.2019). O informe do xefe de Servizo de

Uroloxía do 15.2.2021 insiste en que ?el paciente siempre estuvo informado de su situación?. Tamén cómpre aclarar que os formularios de consentimento informado teñen que ter necesariamente un certo carácter de documentos

?estándar? homologado, e deben complementarse pola información personalizada que ofrece o facultativo que atende ao doente,

adaptada ás súas peculiaridades.

Cómpre recordar que órgano consultivo ten sinalado (por todos, nos ditames CCG 54/2021 ou CCG 71/2021, e os que neles se citan)

que corresponde á parte reclamante identificar a concreta actuación sanitaria na que existiu a privación de información, en

que consistiu esta, cal debeu ser a atención alternativa e en que momento se produciu a lesión que se aduce, acompañando cantas

alegacións e documentos se estimen oportunos. Porén, no caso que nos ocupa, a parte reclamante non asumiu tal carga de argumentación,

debendo salientarse, a maior abastanza, que da historia clínica que obra no expediente relacionada co proceso asistencial

no que se centra a reclamación non se aprecia a existencia de déficits na información asistencial e no consentimento informado.

CONCLUSIÓN

Por todo o anteriormente exposto, a Sección de Ditames do Consello Consultivo de Galicia, por unanimidade dos seus membros

presentes, ditamina:

?Que informa favorablemente a proposta de resolución desestimatoria á que o presente expediente se refire?.

LIBROS Y CURSOS RELACIONADOS

Responsabilidad civil derivada del uso de vehículos a motor. Paso a paso
Novedad

Responsabilidad civil derivada del uso de vehículos a motor. Paso a paso

Dpto. Documentación Iberley

17.00€

16.15€

+ Información

La prueba pericial en el proceso civil
Disponible

La prueba pericial en el proceso civil

Belhadj Ben Gómez, Celia

21.25€

20.19€

+ Información

Conflictos de competencia en torno al medicamento
Disponible

Conflictos de competencia en torno al medicamento

V.V.A.A

25.50€

24.23€

+ Información

Los honorarios de peritos judiciales. Vías legales para su cobro
Disponible

Los honorarios de peritos judiciales. Vías legales para su cobro

José C. Balagué Doménech

18.70€

17.77€

+ Información