Dictamen de Consello Cons...io de 2022

Última revisión
09/02/2023

Dictamen de Consello Consultivo de Galicia 149 de 01 de junio de 2022

nuevo

GPT Iberley IA

Copiloto jurídico


Relacionados:

Tiempo de lectura: 40 min

Órgano: Consello Consultivo de Galicia

Fecha: 01/06/2022

Num. Resolución: 149


Cuestión

Recurso administrativo de revisión

Resumen

Organismo: Consellería do Medio Rural (Xunta de Galicia)

Letrado: Quintana Acebo

Propuesta: Parcialmente estimatoria

Conclusion: Desfavorable

Relator: Fernández Vázquez

Contestacion

ANTECEDENTES

1.- O Monte de Narla no Concello de Friol foi clasificado como monte veciñal en man común (en diante MVMC) por resolución de

data 25.8.1975 (expediente 42/1975). A superficie de clasificación, recollida no expediente de investigación do que resultou

aquela, foi de 415 hectáreas.

2.- O día 19.11.2018, A. como representante da comunidade, presentou escrito no que solicitaba que se procedese á revisión do

esbozo conforme coa documentación que achegaba.

3.- O 27.2.2019 o Servizo de Montes elabora unha proposta de novo esbozo (núm. 89/18) para o monte de Narla nos termos que no

dito informe se describen, quedando cunha superficie de 380 hectáreas, de conformidade coa nova cartografía. Examinada a devandita

proposta, o xurado provincial, por unanimidade, acorda aceptala e proceder á oportuna incorporación do esbozo ao expediente.

4.- Con datas 10.9.2021 e 25.10.2021 R., presentou escritos nos que vén manifestar a súa desconformidade coa inclusión na devandita

revisión de esbozo de catro parcelas que di considerar da súa propiedade, presentando documental para os efectos de acreditalo.

Concretamente as parcelas respecto das que solicita a exclusión do perímetro do monte son as seguintes: parcelas 34, 35 e 36 do polígono 38 e parcela 76 do polígono 100 do termo municipal de Friol

5.- Con data 11.11.2021 notificouse aos interesados que a solicitude presentada sería tratada como recurso extraordinario de

revisión, de acordo co establecido no artigo 125.1.b) da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común

(en diante LPAC).

6.- Deuse trámite de audiencia á Comunidade de Monte Veciñal en Man Común de Narla que, con data 11.11.2021, presentou escrito

de alegacións.

No expediente figuran dous informes emitidos polo Servizo de Montes da Consellería de Medio Rural, Xefatura Territorial de Lugo (un do 26.12.2017 e outro sen data).

7.- Con data 31.3.2022, o Xurado Provincial de Clasificación de Montes Veciñais en Man Común propuxo:

?1º.- Estimar parcialmente o recurso presentado, no senso de excluír do esbozo revisado como consecuencia da resolución recorrida a parcela 35 do polígono 38 do termo municipal de Friol.

A anterior exclusión faise unicamente polo feito de considerar que procedimentalmente non cabía facer un ha inclusión ?ex novo? da dita parcela na revisión realizada porque antes do procedemento

xa constaba inscrita no Rexistro da Propiedade a favor dun particular (da documental se conclúe que está inscrita desde o

ano 1996).

Poren (sic), o anterior en ningún caso implica que este Xurado determine que a documental achegada polo interesado é suficiente para a acreditación da propiedade por aquel nin que se recoñeza que ostente

ningún dereito sobre os ditas terreos.

2°.- Desestimar parcialmente o recurso presentado respecto á solicitude de exclusión das parcelas 34, 36 do polígono 38 e da parcela 76 do polígono 100 do termo municipal de Friol, por considerar que

a documental achegada polo recorrente non evidencia ningún erro na resolución ditada acordando a revisión de esbozo respecto

delas, que fíxose adecuándose ao establecido para o dito procedemento e baseándose na documental achegada pola comunidade

propietaria do monte a aquel, que implicada (sic) claros indicios da natureza veciñal en man común destes terreos?.

8.- O expediente de razón foi remitido, para preceptivo ditame deste Consello Consultivo de Galicia, polo señor conselleiro do

Medio Rural tendo entrada neste organismo con data 3.5.2022.

9.- Os demais antecedentes dedúcense do contido do ditame.

CONSIDERACIÓNS

Primeira.

O Consello Consultivo de Galicia resulta competente para a emisión do ditame solicitado, de acordo co artigo 12.f) da Lei 3/2014, do 24 de abril, do Consello Consultivo de Galicia, e 17.a) do seu Regulamento

de organización e funcionamento, aprobado polo Decreto 91/2015, do 18 de xuño, ao tratarse dun expediente relativo a un recurso

extraordinario de revisión.

O ditame ten carácter preceptivo, de acordo co estipulado na citada norma.

Segunda.

Como reiteradamente vén sinalando este Consello Consultivo, recollendo a máis consolidada doutrina e xurisprudencia, o recurso de revisión é unha vía excepcional fronte a certos actos que adquiriron firmeza,

ao que só cabe acudir cando concorra algunha das circunstancias taxadas previstas legalmente, recollidas hoxe no artigo 125.1

da LPAC, que reproduce con fidelidade o contido do artigo 118.1 da derrogada Lei 30/1992, do 26 de novembro, do réxime xurídico

das administracións públicas e do procedemento administrativo común (en diante LRXPAC).

Este recurso administrativo constitúe unha vía extraordinaria que procede exclusivamente polos motivos taxados pola lei, e que manifestan a evidencia do erro, para evitar a súa desnaturalización converténdoo

nunha vía ordinaria de impugnación dos actos administrativos, introducindo un debate que corresponde propiamente realizar

na antedita vía.

Conseguintemente, o recurso de revisión non é un instrumento apto para corrixir eventuais apreciacións máis ou menos rigorosas nas que, potencialmente, puidera ter incorrido unha resolución, xa que tales

supostos teñen que ser canalizados por outras vías revisoras. Neste sentido, podemos facer referencia á sentenza do Tribunal

Supremo do 16.3.2004, recurso de casación núm. 7301/1999 (?El recurso de Revisión supone una excepción a los efectos típicos de la firmeza de los actos administrativos y con ello del

principio de seguridad jurídica, por razones de justicia. Dado el carácter excepcional del recurso, únicamente puede fundarse

en alguna de las causas tasadas en la norma, que deben ser interpretadas en forma restrictiva -STS de 17 de julio de 1981,

9 de octubre de 1984, 26 de septiembre de 1988 y 6 de julio de 1998-. Así, por todas, la STS de 26 de septiembre de 1988,

razona que ?dada la naturaleza extraordinaria del recurso de revisión, han de examinarse con estricto rigor los elementos

determinantes del mismo, limitando su alcance a los casos taxativamente señalados por la ley y al contenido de los mismos,

sin que sea lícito ampliarlos, ni en su número, ni en su significado, por interpretación o consideraciones de tipo subjetivo??) ou á sentenza do Tribunal Supremo do 25.5.2015 (recurso de casación núm. 519/2013), que ratifica pronunciamentos anteriores

da sala terceira:

?El recurso extraordinario de revisión previsto en el artículo 118 de la Ley 30/1992, de 26 de noviembre, es un recurso excepcional

que, aparte de una interpretación estricta de los motivos invocados -sólo los enumerados en dicho precepto-, impide examinar

cuestiones que debieron invocarse en la vía de los recursos ordinarios o en el jurisdiccional contra el acto que puso fin

a la vía administrativa, pues lo contrario atentaría contra la seguridad jurídica, dejando en suspenso sine die la firmeza

de los actos administrativos, a la vez que permitiría soslayar la vía de los recursos ordinarios, por lo que no cabe la admisión

de argumento alguno de los contenidos en la demanda que suponga el examen, más allá de los motivos específicos invocados en

el recurso extraordinario, de la concurrencia de otras posibles circunstancias que pudieran afectar a la situación de los

recurrentes en este tipo de recursos?.

Por maior abastanza, tamén a consolidada doutrina do Consejo de Estado (ad exemplum, no seu ditame 953/2008, do 10 de xullo):

?Este Consejo de Estado viene sosteniendo que el recurso extraordinario de revisión es una vía excepcional que procede exclusivamente

en una serie de supuestos tasados, objeto de interpretación estricta, sin que pueda convertirse en una vía ordinaria de impugnación

de los actos administrativos. Ello explica, además, los muy rigurosos requisitos procedimentales que impone esta vía extraordinaria,

entre ellos el dictamen preceptivo de este Consejo de Estado?.

Terceira.

Como tal medio impugnatorio extraordinario, debe considerarse como condición legal (conditio iuris) de admisibilidade do recurso a invocación dunha causa legal taxada, na medida na que é extraordinario, e precisamente baixo

esa súa cualificación singular, é de todo punto necesaria a concreción e explicitación dun fundamento específico lexitimador,

para non provocar que resten na vía administrativa expedientes ordinarios que xa esgotaron esa canle e deberían, en boa técnica,

acceder, en condicións normais, á vía xurisdicional contencioso-administrativa.

En consecuencia, corresponderá ao recorrente asumir a carga procedemental de invocar, no escrito de interposición, a causa ou causas concretas das sinaladas no artigo 125 da LPAC, que concorren no caso

e que xustifican a utilización deste medio impugnatorio extraordinario. A devandita invocación resulta de tal modo esencial

que a súa ausencia determinaría a non admisibilidade do recurso.

No presente caso, o interesado non identificou o motivo en que alicerza a súa pretensión. Así e todo, emítese o presente ditame en virtude do principio de economía procedemental e eficacia administrativa,

tendo en conta a cualificación realizada pola Administración autonómica que incardina o suposto no artigo 125.1.b) da LPAC.

A resolución do expediente demanda, daquela, o exame do cumprimento, no presente suposto, de todas e cada unha das condicións establecidas na citada causa b) do artigo 125.1 da LPAC, interpretadas

á luz da doutrina, xurisprudencial e consultiva, existente na materia.

Cuarta.

O Monte de Narla no Concello de Friol foi clasificado como MVMC por resolución de data 25.8.1975.

Como consta no expediente, o procedemento de revisión de esbozo do MVMC de Narla foi tramitado con base na solicitude presentada en novembro de 2018 pola propia comunidade propietaria do monte e de

acordo co establecido na disposición transitoria 13ª da Lei 7/2012, do 28 de xuño, de montes de Galicia, que dispón:

?Disposición transitoria décimo terceira. Revisión de esbozos de montes veciñais en man común.

1. Os esbozos de montes veciñais integrados nun expediente que, pola súa antigüidade, non reúnan as características de fiabilidade e precisión que esixen as novas técnicas topográficas poderán ser obxecto

de revisión axustándose e completándose con aqueles datos e documentos que se consideren necesarios, en particular os requiridos

para a súa inmatriculación no Rexistro da Propiedade.

2. Para estes efectos, o xurado provincial de montes veciñais en man común, de oficio ou por instancia de parte, poderá solicitar á Administración forestal unha proposta coa revisión e elaboración da cartografía

actualizada do monte veciñal en man común.

3. Unha vez aceptada a proposta polo xurado, poñerase en coñecemento da comunidade propietaria e publicarase no Diario Oficial de Galicia para o resto de posibles interesados.

4. Aceptada a revisión, poderase proceder á marcaxe dos montes veciñais, que en todo caso se axustará ao plano que resulte da dita revisión. A marcaxe poderá ser realizada de oficio pola propia Administración

forestal ou por instancia das comunidades propietarias.

5. Se no procedemento de revisión ou marcaxe se suscitan cuestións relativas á propiedade, poñerase fin ao procedemento sen máis trámites. Este acordo de finalización e arquivo do procedemento non será

susceptible de impugnación na vía administrativa, sen prexuízo da facultade dos interesados de acudir á vía xurisdicional

civil, por ser esta a competente para dirimir tal controversia?.

Con data 27.2.2019, o Servizo de Montes da Consellería de Medio Rural elaborou unha proposta de novo esbozo para o monte de Narla, nos termos que se describían no referido informe, quedando unha superficie

de 380 hectáreas, de acordo coa nova cartografía. Logo do estudo desta proposta o Xurado Provincial de Montes Veciñais de

Man Común de Lugo acordou aceptala e proceder á oportuna incorporación do esbozo ao expediente e constancia a nivel de Rexistro

de Montes Veciñais en Man Común.

Nas datas 10.9.2021 e 25.10.2021, o señor R. presentou escritos nos que amosaba a súa desconformidade coa inclusión na devandita revisión do esbozo de catro parcelas

que consideraba da súa propiedade e presentou diversa documentación para os efectos de acreditalo.

Logo da cualificación do escrito presentado polo señor R. como recurso extraordinario de revisión, o Xurado Provincial de Clasificación de Montes Veciñais en Man Común con data 31.3.2022, emitiu

proposta polo que procede a unha estimación parcial do recurso, ?no senso de excluir do esbozo revisado a parcela 35 do polígono 38 do termo municipal de Friol?. Fundamenta a estimación parcial na causa recollida no apartado b) do artigo 125.1 da LPAC que considera como tal: ?b) Que aparezan documentos de valor esencial para a resolución do asunto que, aínda que sexan posteriores, evidencien o erro

da resolución impugnada?. Na proposta refire que ?procedimentalmente non cabía facer unha inclusión ?ex novo? de dita parcela na revisión realizada porque antes do procedemento

xa constaba inscrita no Rexistro da Propiedade a favor dun particular (da documental se conclúe que está inscrita desde o

ano 1996)?. Así destaca que un dos predios, en concreto a parcela 35 do polígono 38 constaba inscrito no Rexistro da Propiedade a favor

dun terceiro distinto da comunidade no momento de tramitarse a revisión do esbozo do monte.

Quinta.

Agora ben, este órgano consultivo discrepa co sentido da proposta remitida no que respecta a cualificar os escritos presentados polo señor R. como recurso extraordinario de revisión pola circunstancia

prevista na letra b) do artigo 125.1 da LPAC. Resulta así que, logo do seu exame, parece desprenderse que o obxecto da súa

pretensión afecta á titularidade dominical de diversas parcelas que identifica como propias, acrecentado iso polas dúbidas

que se formulan no propio informe de Servicio de Montes da Consellería de Montes (sen data) en canto a que na cartografía

dispoñible previa á revisión do esbozo non estaban incluídas as parcelas en cuestión, excepción feita de parte dunha delas.

Deste xeito, o pronunciamento que pretende o interesado, á vista do número 5 da disposición transitoria 13ª da Lei 7/2012, do 28 de xuño, que se transcribiu anteriormente, considérase que debería ser dilucidado

no eido da xurisdición civil.

CONCLUSIÓN

Por todo o anteriormente exposto, a Sección de Ditames do Consello Consultivo de Galicia, por unanimidade dos seus membros, ditamina:

?Que informa desfavorablemente a proposta de resolución parcialmente estimatoria á que o presente expediente se refire, pola razón exposta na consideración quinta?.

Fórmate con Colex en esta materia. Ver libros relacionados.