Dictamen de Consello Cons...io de 2019

Última revisión
09/02/2023

Dictamen de Consello Consultivo de Galicia 181 de 05 de junio de 2019

Tiempo de lectura: 36 min

Tiempo de lectura: 36 min

Relacionados:

Órgano: Consello Consultivo de Galicia

Fecha: 05/06/2019

Num. Resolución: 181


Cuestión

Reclamación de responsabilidade patrimonial

Resumen

Reclamación de responsabilidade patrimonial interposta por M., polos danos sufridos como consecuencia dunha caída por mor da empedrada mollada e cuberta de verdello na Praza Entrepraciñas da cidade de Santiago de Compostela.

Organismo: Concello de Santiago de Compostela (A Coruña)

Letrado: Carballo Marcote

Propuesta: Desestimatoria

Conclusion: Favorable

Relator: Costa Pillado

Contestacion

ANTECEDENTES

1.- Con data 21.2.2017, M. presentou reclamación de responsabilidade patrimonial ante o Concello de Santiago polos danos producidos

a causa dunha caída acontecida na Praza Entrepraciñas o 9.4.2015 sobre as 17:45.

Segundo sinala o reclamante, a caída foi ocasionada polo mal estado do pavimento ao escorregar na praza, xa que como consecuencia da choiva o adoquinado se atopaba mollado e cuberto de verdín.

Xunto co escrito de reclamación achega, informes médicos acreditativos da realidade da lesión.

Reclama unha indemnización de 25.315,48 ?

2.- Instruído o expediente, ao que se achegaron, entre outros documentos, o informe da Policía Local, informe do servizo de obras

e proxectos do Concello, informe da xefatura do servizo de contratación e servizos comunitarios, informe de U. e logo de practicado

o trámite de audiencia, no que o interesado formulou alegacións, elaborouse proposta de resolución en sentido desestimatorio

da reclamación.

3.- O expediente de razón foi remitido, para preceptivo ditame deste Consello Consultivo de Galicia, polo señor alcalde do Concello

de Santiago de Compostela tendo entrada neste organismo con data 9.5.2019.

4.- Os demais antecedentes dedúcense do contido do ditame.

CONSIDERACIÓNS

Primeira.

O Consello Consultivo de Galicia é competente para coñecer do expediente de reclamación de responsabilidade patrimonial das Administracións públicas ao que se fixo referencia nos antecedentes a teor

do previsto nos artigos 12.j) da Lei 3/2014, do 24 de abril, do Consello Consultivo de Galicia, e 17.a) do seu Regulamento

de organización e funcionamento, aprobado polo Decreto 91/2015, do 18 de xuño, por tratarse dunha reclamación de responsabilidade

patrimonial dunha entidade local de Galicia e de contía superior a 15.000,00 ?.

Segunda.

O expediente sobre o que se solicita a emisión de ditame suscita un caso de responsabilidade patrimonial das administracións públicas que, como tal suposto, vén regulado basicamente polo artigo 106.2

da Constitución española, e as previsións específicas contidas na Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo

común das administracións públicas (en adiante, LPAC), respecto dos aspectos adxectivos; e, na Lei 40/2015, do 1 de outubro,

do réxime xurídico do sector público (en adiante, LRXSP), no tocante aos aspectos substantivos ou cuestións de réxime xurídico.

Terceira.

A teoría da responsabilidade patrimonial das administracións públicas, como suxeitos pasivos das indemnizacións de danos e perdas,

vénse artellando, en canto á responsabilidade obxectiva destas polo funcionamento, que se lles poida imputar, dos servizos

públicos, sobre a existencia, ou non, dunha relación de causalidade directa e inmediata entre o funcionamento do servizo público

e a lesión antixurídica producida.

Por outra parte para que a lesión poida ser resarcible, ten que demostrarse a efectiva realización dun dano, que haberá de ser avaliable economicamente e individualizado en relación cunha persoa ou grupo

de persoas. En definitiva, para que a responsabilidade se faga efectiva, esíxese a proba dunha causa concreta que determine

o dano e a conexión entre a actuación administrativa e o dano real ocasionado.

O abandono do criterio subxectivista de responsabilidade non supón, non obstante, a inexistencia de límites fronte a unha eventual aplicación automática do principio resarcitorio sobre a base dunha

vinculación máis ou menos ampla entre o funcionamento do servizo e o dano padecido; e, así, como máis significados lindes

daquel principio xeral poden destacarse tres acoutacións de formulación legal: a forza maior (artigo 32.1 da LRXSP), a obriga

xurídica de soportar o dano (artigos 32.1 e 34.1 da LRXSP), e a non indemnizabilidade dos danos derivados de feitos e circunstancias

que non se puideran evitar ou prever segundo o estado da ciencia e a técnica existentes na produción daqueles (artigo 34.1

inciso 2º da mesma LRXSP).

Cuarta.

En canto aos extremos propios da reclamación que se analiza, hai que indicar que, dende o punto de vista da causalidade do dano, a viabilidade da reclamación require a xustificación de que a lesión se

produciu, efectivamente, nas circunstancias indicadas polo interesado, que relata que ?el hecho se produjo a consecuencia del mal estado del pavimento, que ante la lluvía del día y la presencia de verdín carecía

de la más mínima adherencia, resultando un peligro para los viandantes?.

Ademais, débese acreditar que tal extremo configura a existencia dun vínculo causal entre o dano e o funcionamento do servizo asumido pola Administración á que aquel se imputa, o que constitúe, de xustificarse

o primeiro aspecto, o segundo presuposto esencial a analizar por este Consello Consultivo.

No presente caso a Administración dá por certa a realidade da caída sufrida polo reclamante o 9.4.2015, e a lesión diagnosticada (?fractura trimaleolar de tobillo izquierdo?), considerando o contido dos informes médicos achegados polo reclamante, polo que procede verificar se ese curso de feitos

son determinantes do nacemento de responsabilidade patrimonial a cargo da Administración.

Quinta.

A este respecto debemos partir da consolidada doutrina deste Consello Consultivo segundo a cal, a responsabilidade vinculada á titularidade dos bens e a súa conservación non pode ser identificada cunha ilimitada responsabilidade

patrimonial con asento exclusivo na circunstancia de que o dano aconteza no espazo físico de que é titular a Administración

contra a que se reclama, aínda que este poida presentar algunha deficiencia no seu estado, pois ese entendemento creba o deseño

legal e xurisprudencial da imprescindible concorrencia do vínculo causal entre o dano e o funcionamento do servizo público,

no que a actuación da propia vítima ten que ser debidamente considerada, tanto mais cando se presenta como usuario activo

das instalacións públicas, e polo tanto, cunha actuación suxeita a regras de dilixencia.

Pois ben, a análise da actividade probatoria que consta no expediente non permite ter por probada a invocada relación causal entre o devandito dano e a actuación administrativa.

Así resulta, en primeiro termo, do informe da Policía Local datado o 21.11.2018 e do informe do Servizo de Obras e Proxectos do Concello do 12.4.2018, nos que se indica que non se ten constancia da existencia

doutros accidentes similares no mesmo lugar e nas datas próximas ao referido no escrito de reclamación.

Pola súa banda, o informe da empresa concesionaria encargada do servizo de recollida e limpeza viaria U. manifesta que:

?O baldeo con auga faise, os domingos en horario de mañá de 7:00 a 13:30 h, polo que as 17:45, o pavimento estaba mollado polas

precipitacións acontecidas es día e non consta terse recibido ninguna otra reclamación referida a caídas ou mal estado do

adoquinado da indicada Praza?.

En outro orden de cousas, a proba testemuñal practicada a instancia do reclamante e con independencia da recoñecida relación de amizade, manifesta que ?non percibiu obstáculo que dificultara ou impedise el tránsito?.

Ademais no presente caso, se se examinan as circunstancias de presenza temos que non constan no expediente a concorrencia de condicións físicas, psíquicas ou sensoriais no accidentado que puidesen afectar

ao control da súa propia deambulación.

E a apreciación da imputación da caída á esfera de responsabilidade da propia vítima é unha conclusión imposta polas propias circunstancias do caso pois, sendo apreciable que chovía, a súa falta de anticipación

tivo que obedecer necesariamente -ante a ausencia de constancia de circunstancia impeditiva ningunha- a unha omisión da atención

debida por parte do accidentado.

Así, en sentenza do Tribunal Supremo do 17.6.2014 se argumenta que a vinculación do dano ao funcionamento normal ou anormal dos servizos públicos, sobre o fundamento de que os danos ocasionados con esa prestación a

determinados cidadáns comporta unha discriminación en relación coa xeneralidade dos cidadáns, que se ven beneficiados co servizo

prestado, non ofrece grandes complicacións cando o dano xorde nunha acción positiva na dita prestación. Cando así sucede,

razoa o tribunal, basta con que a lesión sexa lóxica consecuencia daquel funcionamento de modo que eses supostos non ofrecen

grandes problemas de configuración do nexo causal, incluso non é difícil a determinación da existencia dunha concausa dun

terceiro, ou do mesmo lesionado, que puidera moderar a indemnización pola súa cooperación ao resultado lesivo, porque a relación

aparece vinculada a ese actuar administrativo.

Mais cando a imputación da lesión ao funcionamento do servizo público se vincula a unha omisión da Administración na súa prestación, considera o Tribunal Supremo na mesma sentenza que ?... la determinación del nexo causal se complica, porque (?) no es ya suficiente con que la lesión sea esa consecuencia

lógica de la actividad prestacional pública, porque siempre se dará dicha conexión, es decir, siempre existirá una vinculación

entre la prestación del servicio, en su modalidad omisiva, y la lesión?.

E partindo de que sempre existirá vinculación entre resultado e servizo se o reproche que se realiza consiste nunha omisión, o tribunal de casación considera necesaria a exixencia dalgún presuposto engadido,

para evitar unha desaforada interpretación da causalidade, STS 17.6.2014 ?si (?) el reproche que a la Administración se hace

(?) es a una omisión, deberá concluirse que siempre existirá vinculación entre el resultado y el servicio. Por ello, o se

exige algún otro presupuesto del nexo causal o la responsabilidad adquiere una extensión que no es la que se corresponde con

esta institución indemnizatoria; porque siempre será la prestación del servicio (?) el generador de la lesión?.

?A partir da necesaria adecuación do alcance da responsabilidade patrimonial aos límites do razoable e asumible dende a perspectiva da previsión constitucional da figura e o seu deseño legal, o Tribunal

Supremo entende que é necesaria a concorrencia dun plus de causalidade vinculado á existencia dun deber xurídico de actuar

que singularice a xenérica responsabilidade de conservación que corresponde á Administración como titular da vía pública,

poñendo énfase no deber que pesa sobre os usuarios dos servizos públicos de aplicar a dilixencia necesaria para evitar o padecemento

de danos, STS 17.6.2014: ?en tales supuestos de omisión, para evitar esa extensión desmesurada de la institución que el Legislador no ha querido, la

relación de causalidad se integra de un elemento añadido al de esa conexión lógica; es decir, la necesidad de un deber -no

solo una obligación- de la Administración de actuar en un determinado sentido; en palabras de las sentencias mencionadas ?es

necesario que haya algún otro dato en virtud del cual quepa objetivamente imputar la lesión a dicho comportamiento omisivo

de la Administración; y ese dato que permite hacer la imputación objetiva sólo puede ser la existencia de un deber jurídico

de actuar [?]?. Porque si bien es cierto que la Administración está obligada a garantizar que las condiciones de la prestación de los servicios

sean acordes a la evitación de daños a los usuarios o minimizar sus efectos cuando fueran previsibles, es lo cierto que también

los usuarios deben utilizar los servicios con la diligencia necesaria para evitar esos daños, sin que pueda imponerse a las

Administraciones una responsabilidad ajena a aquella diligencia"?.

E, ante a falta de constatación dunha especial singularización do risco en atención ás circunstancias que van descritas, e sendo ese plus esixible cando se reclama responsabilidade patrimonial por

caídas en vías públicas ?conforme á xurisprudencia analizada- hai que considerar que en ausencia do dito requisito, o resarcimento

en tales supostos obedecería a unha concepción desnaturalizada e desaforada do instituto da responsabilidade patrimonial.

Como vai dito,no caso analizado, a parte reclamante non achega xustificación suficiente da razón pola que se produciu a súa caída e a singularización

do risco que tería padecido orixinándolle un sacrificio especial xerador dun dano antixurídico.

Por todo isto, enténdese aplicable a doutrina deste Consello Consultivo recollida en numerosos ditames (CCG 420/2007, 177/2012, 498/2012, 431/2013 ou 649/2014, entre outros) sobre a necesidade de

autocontrol da propia deambulación que é esixible das persoas que utilizan as vías públicas de xeito que corresponde a estas

avaliar os riscos que pode ter un actuar pouco atento ás circunstancias, entre outras, sentenza do Tribunal Superior de Xustiza

de Galicia núm. 496/2013, do 3 de abril, ?[?] el daño que se produce como consecuencia de los riesgos generales de la vida inherentes al comportamiento humano, debiendo

soportar los riesgos de una eventual falta de atención o cuidado en la deambulación por lugares de paso, como indican las

SSTS de 17.07.2003 y 22.02.2007?.

En efecto, conforme co disposto en tales sentenzas do Tribunal Supremo (e nas que nelas se citan) necesariamente o comportamento humano, na xeneralidade dos casos, segundo a regra id quod plerumque accidit (as cousas que ocorren con frecuencia), implica soportar os pequenos riscos que unha eventual falta de coidado e atención

leva aparellados na deambulación polas vías públicas.

En definitiva, no caso que nos ocupa da inexistencia dun vínculo causal entre o funcionamento do servizo público e o dano que motiva a reclamación, debe extraerse a procedencia da desestimación desta.

CONCLUSIÓN

Por todo o anteriormente exposto, a Sección de Ditames do Consello Consultivo de Galicia, por unanimidade dos seus membros, ditamina:

?Que informa favorablemente a proposta de resolución desestimatoria á que o presente expediente se refire?.

LIBROS Y CURSOS RELACIONADOS

Acción y omisión en el derecho penal
Disponible

Acción y omisión en el derecho penal

Dpto. Documentación Iberley

6.83€

6.49€

+ Información

Administración inteligente y automática
Disponible

Administración inteligente y automática

Daniel Terrón Santos

12.75€

12.11€

+ Información

Métodos y prácticas de innovación docente universitaria en el Siglo XXI
Disponible

Métodos y prácticas de innovación docente universitaria en el Siglo XXI

Fernando Gil González

7.60€

7.22€

+ Información

Sobre Derecho sanitario
Disponible

Sobre Derecho sanitario

Eugenio Moure González

17.00€

16.15€

+ Información

Administración sanitaria y responsabilidad patrimonial
Disponible

Administración sanitaria y responsabilidad patrimonial

María Jesús Gallardo Castillo

22.05€

20.95€

+ Información