Dictamen de Consello Consultivo de Galicia 202 de 05 de julio de 2023
Resoluciones
Dictamen de Consello Cons...io de 2023

Última revisión
05/10/2023

Dictamen de Consello Consultivo de Galicia 202 de 05 de julio de 2023

Tiempo de lectura: 141 min

Tiempo de lectura: 141 min

Relacionados:

Órgano: Consello Consultivo de Galicia

Fecha: 05/07/2023

Num. Resolución: 202


Cuestión

Proxecto de decreto

Resumen

Proxecto de decreto polo que se establece o currículo do ámbito de Comunicación e ciencias sociais e do ámbito de Ciencias aplicadas dos ciclos formativos de grao básico de formación profesional na Comunidade Autónoma de Galicia.

Organismo:

Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades (Xunta de Galicia)

Letrado:

Tato González

Propuesta:

Conclusion:

Favorable

Relator:

Martínez Yáñez

Contestacion

ANTECEDENTES

1.- Con data 7.6.2023 ten entrada neste organismo un escrito do señor presidente da Xunta de Galicia solicitando a emisión do preceptivo ditame

sobre o proxecto de decreto de referencia.

2.- No expediente administrativo consta:

Anteproxecto de decreto

Acordo de inicio, do 2.5.2022

Memoria xustificativa, do 18.5.2022

Memoria económica, do 18.5.2022

Táboa de vixencias de disposicións afectadas, do 18.5.2022

Informe do servizo Técnico-xurídico, do 30.5.2022

Aprobación inicial, do 1.6.2022

Proxecto de decreto

Certificación normativa en tramitación, do 27.6.2022

Informe de sostibilidade da Dirección Xeral de Orzamentos, do 9.6.2022

Informe de impacto de xénero, da Secretaría Xeral da Igualdade, do 13.6.2022

Informe do impacto demográfico, do 19.5.2022

Trámite audiencia a consellerías e alegacións remitidas, do 10.6.2022

Ditame do Consello Escolar, do 14.10.2022

Certificación e acta da Mesa Sectorial Docente, do 25.5.2022

Memoria do Órgano Xestor I, do 3.2.2023

Informe da Asesoría Xurídica, do 3.4.2023

Memoria do Órgano Xestor II, do 26.4.2023

Informe da Secretaría Xeral Técnica, do 24.5.2023

Proxecto de decreto que se somete a ditame do Consello Consultivo

3.- Os demais antecedentes dedúcense do contido do ditame.

CONSIDERACIÓNS

Primeira.- Competencia para a emisión do ditame.

O artigo 1 da Lei 3/2014, do 24 de abril, do Consello Consultivo de Galicia, configura a este órgano como o supremo órgano

consultivo da Xunta de Galicia e das administracións públicas da comunidade autónoma.

A competencia deste Consello Consultivo de Galicia para a emisión do ditame deriva da previsión contida no artigo 12.c) da

Lei 3/2014, do 24 de abril, do Consello Consultivo de Galicia, e 15 do Decreto 91/2015, do 18 de xuño, polo que se aproba

o Regulamento de organización e funcionamento do Consello Consultivo de Galicia, cando establece que este deberá ser consultado

preceptivamente nos supostos de proxectos de regulamento de execución de leis autonómicas e de desenvolvemento de normas básicas

do Estado e, de ser o caso, de normas da Unión Europea, así como as súas modificacións.

A este respecto, no presente caso o proxecto de decreto sometido a ditame configúrase como unha norma regulamentaria de desenvolvemento

de normas básicas, concretamente da Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación (disposición derradeira quinta), e do

Real decreto 217/2022, do 29 de marzo, polo que se establece a ordenación e as ensinanzas mínimas da educación secundaria

obrigatoria (disposición derradeira primeira), en relación aos curriculos do ámbito da Comunicación e das Ciencias Sociais

e do ámbito de Ciencias Aplicadas dos Ciclos Formativos de Grao Básico.

Neste sentido, cómpre lembrar o criterio, xa reiteradamente sentado por este Consello Consultivo (entre outros, no CCG 244/2002,

CCG 85/2015, CCG 202/2020 ou, máis recentemente, o CCG 426/2022), e consonte coa doutrina e a xurisprudencia, conforme o cal

no caso de regulamentos autonómicos que, sen intermediación dunha lei autonómica, desenvolven normativa estatal básica, como

é o presente caso, dan lugar a un suposto equivalente ao dos regulamentos executivos, coa diferenza, relevante, de que a técnica

da lexislación básica constitúe un suposto de vinculación negativa para a Comunidade Autónoma, de xeito que no exercicio da

potestade regulamentaria a devandita lexislación básica supón un límite, e non, a diferenza da hipótese do regulamento executivo,

un mandato. De aí a posibilidade dunha regulación con criterios propios, que sexan manifestación da autonomía normativa da

Comunidade Autónoma.

Segunda.- Procedemento de elaboración da norma.

1.- Un aspecto fundamental da análise de legalidade que sobre o proxecto remitido debe realizar este Consello é o da verificación

do seu procedemento de tramitación, operando a súa corrección como condicionante esencial, non só do axuste do regulamento

ao principio de legalidade, senón tamén da habilitación do seu acerto e oportunidade.

Como se ten sinalado reiteradamente por este Consello Consultivo, na elaboración de disposicións de carácter xeral deben observarse

tanto as normas substantivas como as de carácter adxectivo que regulan a canle a través da cal se debe producir a actividade

normativa da Administración, xa que forman parte do ordenamento xurídico ao que se atopan sometidos os poderes públicos na

súa actuación (artigos 9.1 e 103.1 da Constitución española). Por conseguinte, a observancia do procedemento legalmente establecido

elévase ao rango de medio de garantía das disposicións administrativas, polo que a súa esixencia é tanto maior cando se trata

de emanar normas que se van inserir no ordenamento xurídico cunha vocación de permanencia e xeneralidade.

A este procedemento de elaboración normativa resúltanlle aplicables, en primeiro termo, as prescricións contidas no título

VI, artigos 129 e 133, da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas

(en diante, LPAC); e as disposicións ditadas ao abeiro das competencias estatais previstas no artigo 149.1.18ª da Constitución,

segundo precisa a disposición derradeira primeira da devandita lei.

Cómpre referir que os citados artigos teñen un novo alcance constitucional após da sentenza 55/2018, do 24 de maio, do Tribunal

Constitucional (Boletín Oficial do Estado do 22.6.2018) que no seu fundamento xurídico 7.c) sinala:

?[...] Los artículos 129 y 130.2 de la Ley 39/2015 no regulan las fases del procedimiento administrativo de elaboración de normas

ni siquiera establecen la estructura general del íter procedimental. Se limitan a recoger directrices a las que deben responder

las políticas, cualquiera que sea su signo, de los diferentes niveles de gobierno. Tales directrices proceden, con pocos cambios,

de los derogados artículos 4 («Principios de buena regulación aplicables a las iniciativas de las administraciones Públicas»)

y 5 («Instrumentos de las administraciones Públicas para la mejora de la regulación») y 7 («Transparencia y seguimiento de

la mejora regulatoria») de la Ley 2/2011. En particular, la obligación de justificar en el preámbulo la adecuación de la iniciativa

reglamentaria a los principios de buena regulación (art. 129, apartados 1, segundo inciso, y 5) proviene del artículo 4.1,

segundo inciso, de la Ley 2/2011 («En la iniciativa normativa quedará suficientemente justificada la adecuación a dichos principios»).

[...]?.

As anteditas directrices non impiden o seu desenvolvemento autonómico ?? ni la posibilidad de establecer otros diferentes ??, apunta o Tribunal Constitucional na citada sentenza, o que ocorre nas directrices semellantes que aparecen recollidas no

título III (relativo á racionalización, simplificación e mellora da calidade normativa), da Lei 14/2013, do 26 de decembro,

de racionalización do sector público autonómico, e, en particular, do requirido no seu artigo 37.a), no que se dispón que:

?Para contribuír ao obxectivo de cumprir o principio de calidade normativa: a) En todas as iniciativas normativas xustificarase a súa adecuación aos principios de seguridade xurídica,

transparencia, accesibilidade, simplicidade e eficacia?.

Do mesmo xeito, resulta de aplicación o disposto no capítulo II, do título II (artigos 40 e seguintes) da Lei 16/2010, do

17 de decembro, de organización e funcionamento da Administración xeral e do sector público autonómico de Galicia (en diante,

LOFAXGA), que regula o procedemento de elaboración das disposicións administrativas de carácter xeral.

Continuando coa análise da normativa aplicable ao procedemento de elaboración de disposicións de carácter xeral, procede citar

o artigo 12 da Lei 15/2010, do 28 de decembro, de medidas fiscais e administrativas, que ordena elaborar unha memoria económica

financeira e solicitar un informe da dirección xeral competente en materia de orzamentos. No seu desenvolvemento ditouse a

Orde do 3.3.2011 pola que se establece o contido mínimo da memoria económico-financeira nos casos de iniciativas lexislativas

ou de aprobación de normas con rango regulamentario, plans ou programas de actuación.

Ademais, a Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno (artigo 9) esixe a publicación na sede electrónica

ou páxina web, da relación circunstanciada e motivada dos procedementos de elaboración de anteproxectos de lei e de disposicións

administrativas de carácter xeral que estean en tramitación, a partir do intre no que se produza a aprobación do anteproxecto.

E conforme co artigo 37.a) da Lei 14/2013, do 26 de decembro, de racionalización do sector público autonómico, en todas as

iniciativas normativas xustificarase a súa adecuación aos principios de necesidade, proporcionalidade, seguridade xurídica,

transparencia, accesibilidade, simplicidade e eficacia. Para o obxectivo de cumprir o principio de calidade normativa, o artigo

37.b) da Lei 14/2013, do 18 de xaneiro, encomendou ao Consello da Xunta a aprobación dunhas ?directrices de técnica normativa que, carecendo do valor das normas xurídicas, proporcionen criterios técnicos ou pautas de

redacción na elaboración de anteproxectos de lei, proxectos de decreto lexislativo e proxectos de disposicións administrativas

de carácter xeral?. Para dar resposta a este mandato, o Consello da Xunta de Galicia aprobou, con data 5.11.2014, as correspondentes directrices

de técnica normativa* (directrices, no sucesivo).

*?Resolución do 5 de novembro de 2014, da Dirección Xeral da Asesoría Xurídica Xeral, pola que se ordena a publicación do Acordo

do Consello da Xunta de Galicia, do 30 de outubro de 2014, polo que se aproban as Directrices de técnica normativa? (DOG núm. 219, do 14 de novembro de 2014).

Cómpre así mesmo indicar que a Lei 5/2021, do 2 de febreiro, de impulso demográfico de Galicia, introduciu un novo trámite

na fase intermedia do procedemento de elaboración de decretos mediante a adición dun número 9 no artigo 42 da LOFAXGA, conforme

o cal:

?9. Todos os proxectos de decreto serán remitidos, xunto cunha análise do seu impacto demográfico, ao órgano de dirección

competente en materia de dinamización demográfica, para os efectos previstos no artigo 8 da Lei de impulso demográfico de

Galicia?.

O artigo 8 ao que remite o precepto transcrito dispón:

?Artigo 8. Análise do impacto demográfico.

1. Nos procedementos de elaboración de proxectos de lei e decretos, así como de documentos de planificación sectorial que

tramite a Administración autonómica, deberá darse traslado do texto proxectado, xunto cunha análise do seu impacto demográfico,

ao órgano de dirección con competencias en materia de dinamización demográfica, concedéndolle un prazo de dez días hábiles

para a formulación, se é o caso, das observacións que considere procedentes nesta materia.

2. O órgano de dirección con competencias en materia de dinamización demográfica proporcionará directrices, criterios e metodoloxías

para facilitar a elaboración da análise prevista no número 1?.

Xunto a estas disposicións será precisa a observancia, segundo cal sexa a materia concreta obxecto de regulación, do disposto

noutros textos normativos. Neste sentido, no presente caso é de aplicación o artigo 9.1.a) da Lei 3/1986, do 18 de decembro,

de Consellos Escolares de Galicia, conforme co cal o Consello Escolar de Galicia debe ser consultado preceptivamente, dentro

do ámbito das súas competencias, sobre os proxectos de disposicións xerais de ámbito educativo que deban ser sometidos á aprobación

do Consello da Xunta de Galicia.

2.- En suma, unha vez examinada a documentación remitida, cabe deducir do actuado que o proceso de elaboración do proxecto se

adecuou ás esixencias que, con relación á elaboración de disposicións de carácter xeral, se conteñen na normativa citada.

Terceira.- Marco normativo de referencia.

O artigo 149.1.1ª da Constitución española reserva ao Estado a competencia exclusiva sobre a regulación das condicións básicas

que garantan a igualdade de todos os españois no exercicio dos dereitos e no cumprimento dos deberes constitucionais. E o

artigo 149.1.30ª da Constitución española tamén atribúe ao Estado a competencia exclusiva para a regulación das condicións

de obtención, expedición e homologación de títulos académicos e profesionais e normas básicas para o desenvolvemento do artigo

27 da Constitución, co fin de garantir o cumprimento das obrigas dos poderes públicos nesta materia.

Conforme ao artigo 31 do Estatuto de autonomía de Galicia, aprobado pola Lei orgánica 1/1981, do 6 de abril, é da competencia

plena da Comunidade Autónoma galega a regulación e administración do ensino en toda a súa extensión, niveis e graos, modalidades

e especialidades, no ámbito das súas competencias, sen prexuízo do disposto no artigo 27 da Constitución e nas leis orgánicas

que, conforme ao apartado 1 do artigo 81 da mesma, o desenvolven, das facultades que atribúe ao Estado o número 30 do apartado

1 do artigo 149 da Constitución, e da alta inspección necesaria para o seu cumprimento e garantía.

Neste marco competencial, no ámbito estatal ha de partirse da Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación (en diante,

LOE), a cal inclúe aos ciclos formativos de grado básico (artigo 3.3) dentro da educación básica, e, na materia concreta do

currículo, dispón con carácter xeral no seu artigo 6 que:

?1. A los efectos de lo dispuesto en esta Ley, se entiende por currículo el conjunto de objetivos, competencias, contenidos,

métodos pedagógicos y criterios de evaluación de cada una de las enseñanzas reguladas en la presente Ley.

En el caso de las enseñanzas de formación profesional se considerarán parte del currículo los resultados de aprendizaje.

2. El currículo irá orientado a facilitar el desarrollo educativo de los alumnos y alumnas, garantizando su formación integral,

contribuyendo al pleno desarrollo de su personalidad y preparándoles para el ejercicio pleno de los derechos humanos, de una

ciudadanía activa y democrática en la sociedad actual. En ningún caso podrá suponer una barrera que genere abandono escolar

o impida el acceso y disfrute del derecho a la educación.

3. Con el fin de asegurar una formación común y garantizar la validez de los títulos correspondientes, el Gobierno, previa

consulta a las Comunidades Autónomas, fijará, en relación con los objetivos, competencias, contenidos y criterios de evaluación,

los aspectos básicos del currículo, que constituyen las enseñanzas mínimas. Para la Formación Profesional fijará así mismo

los resultados de aprendizaje correspondientes a las enseñanzas mínimas.

4. Las enseñanzas mínimas requerirán el 50 por ciento de los horarios escolares para las Comunidades Autónomas que tengan

lengua cooficial y el 60 por ciento para aquellas que no la tengan.

5. Las Administraciones educativas establecerán el currículo de las distintas enseñanzas reguladas en la presente Ley, del

que formarán parte los aspectos básicos señalados en apartados anteriores. Los centros docentes desarrollarán y completarán,

en su caso, el currículo de las diferentes etapas y ciclos en el uso de su autonomía y tal como se recoge en el capítulo II

del título V de la presente Ley. Las Administraciones educativas determinarán el porcentaje de los horarios escolares de que

dispondrán los centros docentes para garantizar el desarrollo integrado de todas las competencias de la etapa y la incorporación

de los contenidos de carácter transversal a todas las áreas, materias y ámbitos.

Las Administraciones educativas podrán, si así lo consideran, exceptuar los cursos de especialización de las enseñanzas de

Formación Profesional de estos porcentajes, pudiendo establecer su oferta con una duración a partir del número de horas previsto

en el currículo básico de cada uno de ellos.

6. Las Administraciones educativas revisarán periódicamente los currículos para adecuarlos a los avances del conocimiento,

así como a los cambios y nuevas exigencias de su ámbito local, de la sociedad española y del contexto europeo e internacional.

7. El Gobierno incluirá en la estructura orgánica del Ministerio de Educación y Formación Profesional una unidad que, en cooperación

con las Comunidades Autónomas, desarrolle las funciones a las que se refieren los apartados tercero y cuarto de este artículo

y contribuya a la actualización permanente de los currículos que constituyen las enseñanzas mínimas, sin perjuicio de lo previsto

para la actualización de currículos de enseñanzas de formación profesional y enseñanzas de régimen especial.

8. Los títulos correspondientes a las enseñanzas reguladas por esta Ley serán homologados por el Estado y expedidos por las

Administraciones educativas en las condiciones previstas en la legislación vigente y en las normas básicas y específicas que

al efecto se dicten.

9. En el marco de la cooperación internacional en materia de educación, el Gobierno, de acuerdo con lo establecido en el apartado

1 del artículo 6 bis, podrá establecer currículos mixtos de enseñanzas del sistema educativo español y de otros sistemas educativos,

conducentes a los títulos respectivos?.

En coherencia co disposto no artigo 6.3 transcrito, o artigo 6 bis.1.c) da LOE atribúe ao Goberno estatal a fixación das ensinanzas

mínimas a que se refire o dito artigo 6.

En relación aos ciclos formativos de grado básico cómpre salientar que a súa actual configuración é unha das novidades da

modificación introducida pola Lei orgánica 3/2020, do 29 de decembro, que establece o seguinte calendario de implantación

no número seis da súa disposición derradeira quinta:

?Las modificaciones introducidas en el currículo, la organización y objetivos en los ciclos formativos de grado básico se

implantarán en el curso que se inicie un año después de la entrada en vigor de esta Ley. En este curso se suprimirá la oferta

de módulos obligatorios de los Programas de Cualificación Profesional Inicial preexistentes. El segundo curso de los ciclos

formativos de grado básico se implantará en el curso que se inicie dos años después de dicha entrada en vigor. En este curso

se suprimirá la oferta de módulos voluntarios de los Programas de Cualificación Profesional Inicial preexistentes?.

Na medida en que a amentada Lei orgánica 3/2020, do 29 de decembro, entrou en vigor o 19.1.2021 (consonte a súa disposición

derradeira sexta, Lei orgánica 3/2020, do 29 de decembro, entraría en vigor aos vinte días da súa publicación no Boletín Oficial

Estado. Esa publicación produciuse o 30.12.2020, no BOE núm. 340), o primeiro curso de implantación sería o correspondente

ás anualidades 2022-2023.

Consonte o artigo 30.3 da LOE:

?Los Ciclos Formativos de Grado Básico facilitarán la adquisición de las competencias establecidas en el Perfil de salida

a través de enseñanzas organizadas en los siguientes ámbitos:

a) Ámbito de Comunicación y Ciencias Sociales, que incluirá las siguientes materias: 1.º Lengua Castellana. 2.º Lengua Extranjera

de Iniciación profesional. 3.º Ciencias Sociales. 4.º En su caso, Lengua Cooficial.

b) Ámbito de Ciencias Aplicadas, que incluirá las siguientes materias: 1.º Matemáticas Aplicadas. 2.º Ciencias Aplicadas.

c) Ámbito Profesional, que incluirá al menos la formación necesaria para obtener una cualificación de nivel 1 del Catálogo

Nacional de las Cualificaciones Profesionales a que se refiere el artículo 7 de la Ley Orgánica 5/2002, de 19 de junio, de

las Cualificaciones y de la Formación Profesional.

Asimismo, se podrán incluir otras materias o módulos que contribuyan al desarrollo de dichas competencias?.

A nivel estatal é obrigada tamén a cita do Real decreto 217/2022, do 29 de marzo, polo que se establece a ordenación e as

ensinanzas mínimas da Educación Secundaria Obrigatoria, que, a pesar do seu obxecto, adica o seu artigo 25 aos ciclos formativos

de grao básico, desenvolvendo no anexo V as competencias específicas, así como os criterios de avaliación e os contidos, enunciados

en forma de saberes básicos, do ámbito da Comunicación e das Ciencias Sociales e do ámbito das Ciencias Aplicadas.

No ámbito autonómico, o Real decreto 217/2022, do 29 de marzo, desenvolveuse mediante o Decreto 156/2022, do 15 de setembro,

polo que se establecen a ordenación e o currículo da educación secundaria obrigatoria na Comunidade Autónoma de Galicia, pero

esta norma non aborda as cuestións relativas aos ciclos formativos de grao básico.

Neste contexto normativo, o proxecto de decreto que nos ocupa ten por obxecto, tal e como dispón o seu artigo 1, establecer

os currículos do ámbito de Comunicación e Ciencias Sociais, e do ámbito de Ciencias Aplicadas dos ciclos formativos de grao

básico de formación profesional na Comunidade Autónoma de Galicia.

Cuarta.- Observacións de legalidade.

Non se formulan observacións de legalidade ao proxecto.

Quinta.- Observacións de mellora.

Observacións de carácter xeral

1.- Sen prexuízo do que se dirá en relación a artigos concretos, é preciso adiantar que gran parte do contido da norma analizada

consiste nunha reprodución da normativa básica estatal.

Como xa se advertiu noutros ditames deste órgano consultivo (por todos, CCG 106/2017, CCG 119/2017, CCG120/2017, CCG 116/2018,

CCG 273/2018 ou nos máis recentes CCG 20/2021, CCG 24/2021 e CCG 299/2022), en liña coa doutrina do Tribunal Constitucional,

esta técnica é admisible sempre que sirva á finalidade dunha mellor intelixibilidade da norma, permitindo así que no texto

normativo queden perfectamente integradas as normas básicas estatais e as autonómicas a fin de que os seus destinatarios poidan

ter unha visión de conxunto da regulación aplicable.

Con todo, non cabe esquecer que un risco inherente a esta técnica é a posible confusión sobre a procedencia das normas contidas

no texto regulamentario, de xeito que as directrices de técnica normativa esixen nestes casos unha expresa referencia aos

preceptos estatais que se están a reproducir, precedida da expresión ?De acordo con? ou ?De conformidade con? (concretamente a directriz número 6). Tal referencia enerva, ademais, a posibilidade de que, por un erro, unha posterior

norma autonómica pretenda modificar un precepto que copia a norma estatal, incorrendo así nun vicio de incompetencia. Alén

disto, a reprodución deberá ser literal, evitando alteracións, pois con elas poden introducirse matices ou xiros de relevancia

substantiva ou material e non meramente nominal ou de estilo.

De feito, no proxecto de decreto podemos localizar varios artigos que, a pesar de constituír tal reprodución, non inclúen

a obrigada formula de ?De acordo con? ou de ?De conformidade con?.

As observacións precedentes deben ser atendidas naqueles lugares do texto nos que se faga uso da dita técnica de reprodución

da normativa básica estatal.

2.- No caso de reprodución de normativa básica estatal, a amentada directriz de técnica normativa número 6 esixe que ?na memoria xustificativa que conste no expediente de elaboración da norma deberá facerse unha mención á escolla desta opción

de técnica normativa, fronte á outra posibilidade consistente en regular unicamente os aspectos innovadores ou de desenvolvemento,

remitíndose no resto á normativa básica estatal?. En todo o expediente, non atopamos ningunha reflexión sobre este extremo; aspecto que debería ser obxecto de emenda.

3.- Consonte a directriz 64, ?a primeira cita dunha norma, tanto na parte expositiva como na parte dispositiva, deberá realizarse completa e poderá abreviarse

nas demais ocasións sinalando unicamente o tipo, o número e o ano, se for o caso, e a data?. Recoméndase que se faga unha revisión global do texto, pois a cita de normas non sempre se axusta á amentada directriz.

4.- Tanto na parte expositiva como no articulado do proxecto atopamos a seguinte referencia ?Decreto __/__, do __ de _ de 2022, polo que se establece a ordenación e o currículo da educación secundaria?; que debe substituírse pola mención ao Decreto 156/2022, do 15 de setembro, polo que se establecen a ordenación e o currículo

da educación secundaria obrigatoria na Comunidade Autónoma de Galicia.

5.- No que atinxe á división interna do proxecto, a parte dispositiva conta coas seguintes separacións formais:

Disposicións xerais

Disposicións adicionais

Disposicións transitorias

Disposicións derrogatorias

Disposicións derradeiras

Debe recordarse que, consonte a directriz número 22, o artigo é a unidade básica de toda disposición normativa, polo que esta

división debe aparecer sempre nesas disposicións, calquera que for a extensión do texto. O articulado poderase dividir en:

Libros, Títulos, Capítulos, seccións ou Subseccións. A utilización destas divisións internas ten sentido, con carácter xeral,

en aquelas disposicións cunha notable extensión, na medida en que facilita a estruturación e diferenciación de contidos.

Por outra banda, as directrices non contemplan unha separación formal especificar para dividir e separar ás disposicións que

compoñen a parte final, ou para agrupalas por categorías.

En base ao anterior, recoméndase eliminar as amentadas divisións formais, na medida en que non se axustan aos criterios recollidos

nas directrices de técnica normativa. Por outra banda, a escasa extensión do proxecto tampouco aconsella acudir ás divisións

internas da directriz 22.

Título da disposición

Dado que o proxecto regula tanto o currículo do ámbito de Comunicación e Ciencias Sociais e o currículo do ámbito de Ciencias

Aplicadas parece procedente o emprego do plural. En base ao anterior, recoméndase a seguinte redacción: ?decreto polo que se establecen os currículos do ámbito de Comunicación e Ciencias Sociais e do ámbito de Ciencias Aplicadas

dos ciclos formativos de grao básico de formación profesional na Comunidade Autónoma de Galicia?.

Parte expositiva

Consonte a directriz número 17, cando a parte expositiva resulte longa, ?poderase dividir en partes, que se identificarán con números romanos centrados no texto?. Vista a extensión que ten no proxecto, seis páxinas, recoméndase a súa división en partes.

O artigo analizado ten a seguinte redacción:

?Este decreto ten por obxecto establecer o currículo do ámbito de Comunicación e Ciencias Sociais, e do ámbito de Ciencias

Aplicadas dos ciclos formativos de grao básico de formación profesional na Comunidade Autónoma de Galicia, de acordo co disposto

no artigo 6 da Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación, e no artigo 13 do Real decreto 217/2022, do 29 de marzo, polo

que se establecen a ordenación e as ensinanzas mínimas da educación secundaria obrigatoria?.

En primeiro lugar, en liña co xa manifestado en relación co título, recoméndase o emprego do plural. Un exemplo de redacción

sería a seguinte: ?Este decreto ten por obxecto establecer os currículos do ámbito de Comunicación e Ciencias Sociais e do ámbito de Ciencias

Aplicadas dos ciclos formativos [...]?.

Por outra banda, o precepto cita como fundamento o artigo 13 do Real decreto 217/2022, do 29 de marzo, que ten o seguinte

contido:

?1. El conjunto de objetivos, competencias, contenidos enunciados en forma de saberes básicos, métodos pedagógicos y criterios

de evaluación de la Educación Secundaria Obligatoria constituyen el currículo de esta etapa.

2. El presente real decreto fija los aspectos básicos del currículo que constituyen las enseñanzas mínimas de la Educación

Secundaria Obligatoria a los que se refiere el artículo 6.3 de la Ley Orgánica 2/2006, de 3 de mayo, de Educación.

3. Las administraciones educativas establecerán, conforme a lo dispuesto en este real decreto, el currículo de la Educación

Secundaria Obligatoria, del que formarán parte en todo caso las enseñanzas mínimas fijadas en el mismo, que requerirán el

60 por ciento de los horarios escolares para aquellas comunidades autónomas que no tengan lengua cooficial, y el 50 por ciento

para las que la tengan.

4. Los centros docentes, en el uso de su autonomía, desarrollarán y completarán, en su caso, el currículo de la Educación

Secundaria Obligatoria establecido por las administraciones educativas, concreción que formará parte de su proyecto educativo.

5. Las agrupaciones por ámbitos que se establezcan al amparo de lo dispuesto en los artículos 5.4 y 8.6 deberán respetar las

competencias específicas, los criterios de evaluación y los saberes básicos de las materias que se integren en estos?.

Porén, como pode observarse, este precepto ten por obxecto a regulación do currículo da educación secundaria obrigatoria.

Se atendemos ás previsións da actual redacción da LOE, podemos apreciar que unha das finalidades da reforma efectuada pola

Lei orgánica 3/2020, do 29 de decembro, é introducir os ciclos formativos de grao básico de formación profesional dentro da

educación básica, dotándoos de individualidade propia. Neste sentido, o artigo 6.3 da LOE dispón que ?La educación primaria, la educación secundaria obligatoria y los ciclos formativos de grado básico constituyen la educación

básica?.

Por estas razóns considérase máis oportuno citar, xunto coa mención ao artigo 6 da LOE, o artigo 25 do Real decreto 217/2022,

do 29 de marzo, que se refire de xeito específico aos ciclos formativos de grao básico.

Artigo 3

1.- No inciso final do número 2 do artigo 3, onde di ?desde decreto?, debería dicir ?deste decreto?.

2.- O número catro do artigo, que fai mención aos criterios pedagóxicos, é unha reprodución das previsións do artigo 30.3 da

LOE. Procede, por tanto, respectar as directrices de técnica normativa, xa explicadas con anterioridade, no que atinxe á reprodución

da normativa básica estatal.

Disposición adicional primeira

1.- O número 1 da disposición adicional primeira do proxecto regula os requisitos de acceso do alumnado aos ciclos formativos

de grao básico de formación profesional.

Paralelamente, o número 1 da disposición derradeira única do proxecto derroga o artigo 15.1 do Decreto 107/2014, do 4 de setembro,

polo que se regulan aspectos específicos da formación profesional básica das ensinanzas de formación profesional do sistema

educativo en Galicia e se establecen vinte e un currículos de títulos profesionais básicos.

Do informe de Asesoría Xurídica infírese que a amentada disposición adicional, en relación coa disposición derrogatoria única,

implica, ?de facto?, a substitución do contido no artigo 15.1 do Decreto 107/2014, do 4 de setembro. En base ao anterior, propón expresamente

a modificación deste última norma. Sobre este punto, o informe do 26.4.2023 da Dirección Xeral de Formación Profesional recolle o seguinte:

?Non é esta a intención da redacción do texto do proxecto de decreto. A intención da disposición adicional primeira do proxecto

de decreto, tanto no seu punto 1 como no seu punto 2 é regular a incorporación do alumnado aos novos ciclos de grao básico

e non ten intención de substituír ningunha parte do anterior Decreto 107/2014, é dicir, é regulación nova.

Na disposición derrogatoria do proxecto de decreto derrógase soamente o artigo 15.1 do Decreto 107/2014, do 4 de setembro,

e non ten substitución por ningunha parte do proxecto do decreto. Cabe lembrar que no Decreto 107/2014, regúlase a ordenación

dos ciclos profesionais básicos e no proxecto de decreto regúlase aspectos dos ciclos de grao básico: anterior e actual denominación

das ensinanzas de formación profesional básica?.

Sobre esta cuestión debe indicarse que o actual artigo 15.1 do Decreto 107/2014, do 4 de setembro, ten o seguinte contido:

?A consellería con competencias en materia de educación establecerá a oferta obrigatoria para o alumnado que cumpra de forma

simultánea os seguintes requisitos:

a) Ter quince anos, ou facelos durante o ano natural en curso, e non superar os dezasete anos no momento do acceso nin durante

o ano natural en curso.

b) Ter cursado o primeiro ciclo de educación secundaria obrigatoria ou, excepcionalmente, ter cursado o segundo curso de educación

secundaria obrigatoria.

c) Ser propostos/as polo equipo docente ao pai, á nai ou á persoa que teña a titoría legal para a incorporación a un ciclo

de formación profesional básica?.

Este precepto é copia literal do artigo 44.1 da LOE, na versión vixente con anterioridade á modificación operada pola Lei

orgánica 3/2020, do 29 de decembro. A disposición adicional primeira do proxecto analizado consiste, igualmente, nunha reprodución

literal do actual artigo 44.1 da LOE.

Así as cousas, este órgano consultivo coincide co parecer manifestado pola Asesoría Xurídica, xa que o xogo da disposición

adicional primeira e a disposición derrogatoria única, número un, implican unha modificación dos criterios recollidos no artigo

15.1 do Decreto 107/2014, do 4 de setembro. En base ao anterior, recoméndase regular expresamente a modificación do artigo

15.1 do Decreto 107/2014, do 4 de setembro, como unha disposición derradeira (directriz número 44).

2.- O número 2 da disposición adicional primeira do proxecto consiste nunha reprodución do inciso final do artigo 30.1 da LOE.

Procede, por tanto, adaptarse ás directrices de técnica normativa no que atinxe á reprodución da normativa estatal básica.

Disposición adicional terceira

1.- Consonte a disposición adicional segunda:

?A consellería con competencias en materia de educación establecerá:

[...]

b) O procedemento de incorporación do alumnado nestas ensinanzas, que incluirá, consonte o artigo 25.1 do Real decreto 217/2022,

a intervención do alumno ou da alumna, das súas familias e dos equipos ou servizos de orientación neste proceso?.

A redacción anterior xera certas dúbidas en relación ao seu contido. Se á finalidade da norma transcrita é habilitar á persoa

titular da consellería para elaborar o correspondente desenvolvemento regulamentario, debe recordarse que o contido propio

das disposicións adicionais, consonte a directriz número 41, é regular, entre outras cuestións, ?os mandatos e autorizacións non dirixidos á produción de normas xurídicas?.

Os mandatos e autorizacións dirixidos á produción normativa, por tanto, deben recollerse nunha disposición derradeira. Así,

a directriz 44, letra e), sinala como posible contido deste tipo de disposicións o seguinte:

?As autorizacións e mandatos dirixidos á produción de normas xurídicas (tales como habilitacións de desenvolvemento regulamentario,

mandatos de presentación de proxectos normativos, autorización de modificación futura do contido dos anexos da propia norma

para adaptalos a novas situacións, e similares).

As cláusulas de habilitación regulamentaria dirixiranse á persoa titular do órgano e delimitarán o ámbito material e, se procede,

os prazos e os principios e criterios que deberá conter o futuro desenvolvemento. Estas cláusulas deberán evitar ser xenéricas,

tratando de concretar, na medida do posible, os desenvolvementos regulamentarios futuros?.

Por tanto, no caso de que a finalidade da letra b) da disposición adicional segunda sexa habilitar á persoa titular da consellería

con competencias en materia de educación para acometer o desenvolvemento regulamentario das materias alí sinaladas, ese contido

tería mellor acomodo como unha disposición derradeira (por exemplo, completando a actual disposición derradeira primeira).

2.- En relación co contido material da disposición transcrita, debe destacarse que se cita como fundamento o artigo 25.1 do Real

decreto 217/2022, do 29 de marzo, que no seu inciso final dispón que ?Las administraciones educativas determinarán la intervención del propio alumnado, sus familias y los equipos o servicios de

orientación en este proceso?. Esta previsión, á súa vez, é unha reprodución parcial do artigo 30.1 da LOE. En base ao anterior, recoméndase identificar

como fundamento normativo do posible desenvolvemento regulamentario ao artigo 30.1 da LOE.

Disposición transitoria primeira

1.- Desde o punto de vista da técnica normativa, recoméndase axustar a división interna ás directrices de técnica normativa.

Así, a título de exemplo, a aplicación da directriz número 34 á actual redacción daría o seguinte resultado: Trátase, como

indicamos, dun exemplo só para os efectos da aplicación da directriz número 34, que non recolle as correccións indicadas nos

restantes apartados do ditame.

?O currículo dos ciclos de grao básico da formación profesional básica será o establecido no Decreto 107/2014 e no Decreto

71/2017, salvo no referente ao currículo dos módulos profesionais dos bloques comúns, que será substituído. En concreto:

No curso 2022-2023 e posteriores:

1º O currículo do módulo profesional de Comunicación e Sociedade I será substituído polo currículo que figura no anexo deste

decreto para o ámbito de Comunicación e Ciencias Sociais I.

2ª O currículo do módulo profesional de Ciencias Aplicadas I será substituído polo currículo que figura no anexo deste decreto

para o ámbito de Ciencias Aplicadas I.

b) No curso 2023-2024 e posteriores:

1º O currículo do módulo profesional de Comunicación e Sociedade II será substituído polo currículo que figura no anexo deste

decreto para o ámbito de Comunicación e Ciencias Sociais II.

2º O currículo do módulo profesional de Ciencias Aplicadas II será substituído polo currículo que figura no anexo deste decreto

para o ámbito de Ciencias Aplicadas II?.

2.- En relación ao contido material da disposición analizada, debemos destacar que contén previsións aplicables ao curso 2022-2023, curso que, nas previsibles datas de publicación do proxecto, xa estaría finalizado. O que prevé a disposición, por tanto,

é unha aplicación retroactiva da nova norma que non resulta contraria á prohibición do artigo 9.3 da Constitución española,

ao non tratarse o proxecto de decreto que nos ocupa dunha norma sancionadora non favorable nin restritiva de dereitos individuais.

Con todo, a redacción empregada non semella ser a máis axeitada, pois parece partir da base de que tal curso non finalizou.

Supoñemos que tal circunstancia obedece á data de iniciación da tramitación do proxecto. Por tanto, recoméndase actualizar

a redacción do proxecto, non só na disposición analizada, ao feito de que o amentado curso 2022-2023 xa tería finalizado no momento de publicación da norma. Esta adaptación tería múltiples opcións e podería pasar, por exemplo,

pola regulación nun número ou nunha disposición independente.

A maior abastanza, recoméndase incluír na parte expositiva do proxecto unha referencia expresa ao amentado curso, no que se

exprese cal é a finalidade de incorporar esta regulación retroactiva; pois tal extremo non figura recollido no expediente.

Como reflexión final, debería evitarse esta práctica no futuro, de xeito que a implantación das ensinanzas se realice, precisamente

con plenas garantías para o alumnado, unha vez aprobado o correspondente decreto autonómico de establecemento do currículo.

Disposición transitoria terceira

Esta disposición é un mera reprodución da disposición transitoria segunda do Real decreto 217/2022, do 29 de marzo. Como xa

apuntamos con anterioridade, a diferencia da norma estatal básica, o actual proxecto entrará en vigor nun momento en que o

amentado curso 2022-2023 xa estará finalizado. Así mesmo, no expediente non atopamos razóns que xustifiquen a reprodución da normativa básica estatal

sobre esta cuestión. En base ao anterior, recomendamos a súa supresión.

Disposición derrogatoria única

En relación co número 1 da disposición derrogatoria única reiteramos o xa manifestado nas observacións relativas á disposición

adicional primeira.

Disposición derradeira segunda

A disposición derradeira segunda prevé a entrada en vigor do decreto o día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia. Ao respecto resulta conveniente lembrar a recomendación realizada por este Consello Consultivo en anteriores ditames (por

todos, os CCG 22/2021, CCG 383/2021 CCG 262/2022, CCG 326/2022, CCG 26/2023 e CCG 82/2023), conforme coa cal a supresión do período da ?vacatio legis? previsto no artigo 2.1 do Código Civil esixe razóns xustificadas de perentoriedade, sen que no proxecto de decreto que nos

ocupa se cheguen a manifestar estas.

Anexo

En relación á composición do título do anexo, a directriz de técnica normativa número 46 sinala que a expresión ?ANEXO? debe

ir centrada, en maiúscula e sen punto; e na alínea seguinte deberá figurar o seu título centrado, en minúscula salvo a maiúscula

inicial e as que procedan ortograficamente, en grosa e sen punto final.

Procede, por tanto, adaptar a composición do anexo á amentada directriz.

CONCLUSIÓN

Por todo o anteriormente exposto, o Pleno do Consello Consultivo de Galicia, por unanimidade dos seus membros presentes, ditamina:

?Que o Proxecto de decreto polo que se establece o currículo do ámbito de Comunicación e ciencias sociais e do ámbito de Ciencias

aplicadas dos ciclos formativos de grao básico de formación profesional na Comunidade Autónoma de Galicia resulta conforme

ao ordenamento xurídico?.

LIBROS Y CURSOS RELACIONADOS

Comentarios de un magistrado de lo Social sobre la justicia y otros aspectos
Disponible

Comentarios de un magistrado de lo Social sobre la justicia y otros aspectos

Pedro Tuset del Pino

21.25€

20.19€

+ Información

La negociación colectiva de la industria de los juegos de azar en España
Disponible

La negociación colectiva de la industria de los juegos de azar en España

José Jesús de Val Arnal

14.45€

13.73€

+ Información

¿Quién quiere ser funcionario?
Disponible

¿Quién quiere ser funcionario?

Álvaro Barrio Román

6.75€

6.41€

+ Información

Gestión recaudatoria de la Seguridad Social
Disponible

Gestión recaudatoria de la Seguridad Social

Dpto. Documentación Iberley

6.83€

6.49€

+ Información