Dictamen de Consello Consultivo de Galicia 217 de 31 de julio de 2023
Resoluciones
Dictamen de Consello Cons...io de 2023

Última revisión
05/10/2023

Dictamen de Consello Consultivo de Galicia 217 de 31 de julio de 2023

Tiempo de lectura: 100 min

Tiempo de lectura: 100 min

Relacionados:

Órgano: Consello Consultivo de Galicia

Fecha: 31/07/2023

Num. Resolución: 217


Cuestión

Reclamación de responsabilidade patrimonial

Resumen

Reclamación de responsabilidade patrimonial interposta por B., por mor dos danos sufridos como consecuencia da Resolución do director xeral de Centros e Recursos Humanos do 1.3.2022, que executou a sentenza 765/2021 do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia do 10.12.2021, declarando que a interesada superou o proceso selectivo de ingreso ao Corpo de profesores de música e artes escénicas na especialidade de piano.

Organismo:

Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades (Xunta de Galicia)

Letrado:

López Paz

Propuesta:

Desestimatoria

Conclusion:

Favorable

Relator:

Aranguren Pérez

Contestacion

ANTECEDENTES

1.- Con data 16.10.2022, B. presentou unha reclamación de responsabilidade patrimonial solicitando a indemnización dos danos

que entende determinados pola Resolución do director xeral de Centros e Recursos Humanos do 1.3.2022, na que se dá execución

á sentenza 765/2021 do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia do 10.12.2021 (rec. 36/2020) declarando que a interesada superou

o proceso selectivo de ingreso ao Corpo de profesores de música e artes escénicas na especialidade de piano, convocado pola

Orde do 21.3.2019.

A reclamante solicita o abono da diferenza entre as retribucións por ela percibidas entre o día 1.9.2019 e o 1.3.2022 e as

que debería percibir como funcionaria nese mesmo período, fixando o seu importe na contía de 57.592,57? brutos, mailos intereses

correspondentes.

2.- Na instrución do expediente emitiuse informe por parte da Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos da Consellería de

Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades (23.1.2023).

3.- Concedida audiencia á interesada, presentou alegacións con rexistro de entrada o 7.3.2023.

4.- Con data 9.6.2023, o xefe da Sección de Apoio Normativo e a xefa do Servizo Técnico Xurídico da Área de Educación asinaron a proposta de resolución

en sentido desestimatorio da reclamación.

5.- O expediente de razón foi remitido, para preceptivo ditame deste Consello Consultivo de Galicia, polo conselleiro de Cultura,

Educación, FP e Universidades, tendo entrada neste organismo con data 19.6.2023.

6.- Na sesión do 19.7.2023, da Sección de Ditames do Consello Consultivo de Galicia e de conformidade co previsto no artigo 39.1 do noso Regulamento

de organización e funcionamento (Decreto 91/2015, do 18 de xuño, publicado no DOG núm. 124, do 3.7.2015), acórdase ampliar

o período de emisión do preceptivo ditame polo prazo de 15 días.

7.- Os demais antecedentes dedúcense do contido do ditame.

CONSIDERACIÓNS

Primeira.

O Consello Consultivo de Galicia é competente para coñecer do expediente de reclamación de responsabilidade patrimonial das

Administracións públicas ao que se fixo referencia nos antecedentes a teor do previsto nos artigos 12.j) da Lei 3/2014, do

24 de abril, do Consello Consultivo de Galicia, e 17.a) do seu Regulamento de organización e funcionamento, aprobado polo

Decreto 91/2015, do 18 de xuño, por tratarse dunha reclamación de responsabilidade patrimonial da Administración autonómica

de contía superior a 30.000,00 ?.

Segunda.

O expediente sobre o que se solicita a emisión de ditame suscita un caso de responsabilidade patrimonial das administracións

públicas que, como tal suposto, vén regulado basicamente polo artigo 106.2 da Constitución española, pola Lei 39/2015, do

1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas (en diante, LPAC) nos seus aspectos procedementais

e polos artigos 32 a 37 da Lei 40/2015, do 1 de outubro, de réxime xurídico do sector público (en diante, LRXSP).

Así, no que ao presente expediente se refire, cómpre dicir que as esixencias de orde procedemental, en xeral, foron cumpridas,

sobre todo o esencial trámite de audiencia que permite ás persoas interesadas exercitar as súas posibilidades de defensa no

procedemento administrativo.

Terceira.

No que respecta aos aspectos de fondo hai que indicar que os principios que rexen a responsabilidade patrimonial das administracións

públicas son o resultado dunha elaboración da doutrina e da xurisprudencia, e teñen sido reiteradamente expostos polo Consello

Consultivo.

Sinteticamente expostos, os presupostos mínimos para que xurda a responsabilidade patrimonial da Administración, partindo

do principio de responsabilidade obxectiva e directa, son:

a) O dano producido no patrimonio dos particulares ten que ser efectivo e individualizado nunha persoa ou nun grupo de persoas.

b) O precitado dano ou lesión debe producir no patrimonio do particular lesionado un prexuízo antixurídico que este non teña

o deber de soportar.

c) O dano ou lesión patrimonial ten que gardar un nexo causal co funcionamento normal ou anormal dos servizos públicos.

d) O dano non debe ser produto dunha situación de forza maior.

e) A reclamación ten que ser presentada polo particular interesado dentro do prazo legalmente establecido.

Xunto co anterior cabe indicar que a responsabilidade patrimonial da Administración se configura como unha responsabilidade

obxectiva. Como máis significados lindes daquel principio xeral poden destacarse as catro acoutacións seguintes:

a) A forza maior (artigo 32.1 LRXSP)

b) A obriga xurídica de soportar o dano (artigo 32.1 e 34.1 LRXSP)

c) A non indemnizabilidade dos danos derivados de feitos e circunstancias que non se puideran evitar ou prever segundo o estado

da ciencia e a técnica existentes na produción daqueles (artigo 34.1 LRXSP), e

d) Aqueloutras de creación xurisprudencial, tales como a culpa da vítima e feito de terceiro (recollidas en incontables pronunciamentos

do Tribunal Supremo, entre outros, o contido na súa sentenza do 27.7.2002, rec. 4012/1998).

Cuarta.

Verificada a vixencia do dereito a reclamar, ao terse presentado a reclamación antes do transcurso dun ano desde a firmeza

da sentenza anulatoria (artigo 67.1 da LPAC), estamos en condicións de abordar a análise de fondo.

No presente caso atopámonos ante unha reclamación de responsabilidade patrimonial baseada no dano que se considera causado

como consecuencia dos efectos interinos dun acto administrativo desfavorable para a interesada e ulteriormente anulado pola

xurisdición contencioso-administrativa.

Na análise da responsabilidade patrimonial vinculada á anulación dun acto administrativo debemos partir da previsión contida

no artigo 32.1 da LRXSP segundo o cal, a anulación en vía administrativa ou pola orde xurisdicional contencioso-administrativa

dos actos ou disposicións administrativas non presupón, por si mesma, dereito á indemnización.

Eventualmente, a anulación dun acto administrativo pode levar aparellada a necesidade de reparar os danos e perdas que a súa

eficacia puido producir respecto da persoa que obtén un beneficio pola anulación, o que procederá cando sexa necesario para

restablecer plenamente a situación xurídica vulnerada polo acto administrativo que se anula.

Respecto da referida previsión legal, e reiterando o xa exposto por este órgano consultivo en ditames precedentes (por todos,

CCG 567/2014, CCG 72/2018, CCG 480/2018 ou CCG 190/2021, e os ditames que neles se citan), pode afirmarse que aquela debe

interpretarse no sentido de que a ilegalidade dun acto administrativo e a responsabilidade patrimonial non están necesariamente

unidas, polo que, en definitiva, non pode afirmarse que a anulación exclúa a responsabilidade nin tampouco que toda ilegalidade

leve aparellada responsabilidade. A cuestión ten que situarse no marco do instituto da responsabilidade obxectiva de sorte

que o fundamento da obriga de indemnizar radica no dato obxectivo da ilegalidade do prexuízo e non tanto no aspecto subxectivo

da actuación antixurídica da Administración, de modo que as razóns xurídicas que conducen á anulación dun acto non son inexorablemente

causa da antixuridicidade do dano.

Na mesma liña, a xurisprudencia na materia pode condensarse nos seguintes parámetros (como lembra, entre outras, a sentenza

do Tribunal Supremo do 14.11.2016, rec. 3791/2015).

a) A anulación non presupón o dereito a indemnización, o que implica tanto como dicir que haberá lugar a aquela só cando concorran

os requisitos esixidos con carácter xeral.

b) O requisito esencial e determinante para que poida apreciarse a responsabilidade patrimonial nestes casos é a antixuridicidade

do prexuízo.

c) O exame da antixuridicidade nestes casos non debe facerse desde a perspectiva do xuízo de legalidade do acto ou disposición

anulado, cuxa transgresión do ordenamento xurídico resulta patente ao ter sido así declarada en vía administrativa ou xudicial.

d) Para determinar se un suxeito está obrigado xuridicamente a soportar o dano causado debe ser considerada a natureza mesma

da actividade administrativa da que deriva, deslindando a actividade discrecional e a regrada, e apreciando a marxe de razoabilidade

da actuación da Administración, de modo que, aínda anulada, tiña encaixe nunha interpretación razoable das normas de aplicación.

Quinta.

Polo que respecta aos presupostos específicos da reclamación que agora se analiza hai que indicar que a interesada participou

no proceso selectivo de concurso-oposición convocado pola Orde da Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional

do 21.2.2019, que tiña por obxecto o ingreso no corpo de profesores de música e artes escénicas na especialidade de piano.

Superada a fase de oposición, a aspirante obtivo unha cualificación inicial de 5,8 puntos no baremo provisional da fase de

concurso aprobado polo tribunal o día 15.7.2019. Posteriormente, o tribunal rectificou de oficio a cualificación outorgada

por considerar que foran indebidamente computados méritos da interesada que non se axustaban ás bases da convocatoria aplicadas,

fixando unha valoración definitiva para a interesada de 4 puntos na fase de concurso (28.7.2019).

A resultas da rectificación operada, a interesada obtivo unha cualificación final no proceso selectivo de 6,1613 puntos, insuficiente

para acceder a unha praza das ofertadas, pois o aspirante seleccionado coa cualificación mais baixa obtivera un total de 6,2327

puntos, circunstancia que impediu que a interesada fose seleccionada para incorporarse á fase de prácticas.

A agora reclamante presentou, entón, recurso de alzada contra a resolución do tribunal de selección, alegando que o tribunal

non podía modificar unilateralmente a puntuación fixada no baremo provisional se ningún aspirante presentaba reclamación contra

este, como era o caso. Posteriormente, o 21.9.2021 a interesada presenta recurso de reposición contra a Orde do 31.7.2019

da Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional pola que se fixo pública a relación do persoal aspirante

que superou o concurso-oposición. Os recursos administrativos foron desestimados mediante resolución do director xeral de

Centros e Recursos Humanos do 4.12.2019, fronte á que presenta recurso contencioso administrativo que é estimado por sentenza

765/2021, do 10.12.2021, do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia do 10.12.2021, que anula a resolución e ordena manter

a valoración conferida inicialmente á aspirante, de onde resulta que supera a fase de concurso-oposición, como así se dispón

na resolución do 1.3.2022, ditada polo director xeral de Centros e Recursos Humanos.

A reclamante solicita o abono da diferenza entre as retribucións por ela percibidas e as que debería obter como funcionaria

nese mesmo período, fixando o seu importe na contía de 57.592,57 ? brutos, mailos intereses correspondentes.

Na súa proposta de resolución, a Administración non acolle a tese da parte reclamante e considera que non concorre responsabilidade

patrimonial por canto o acto administrativo logo anulado se ditou dentro das marxes de razoabilidade que exclúen a antixuridicidade

do dano, citando xurisprudencia e pronunciamentos dos órganos da función consultiva sobre os que se asenta tal conclusión.

Sexta.

O argumento do axuste á marxe de razoabilidade encádrase en sede de antixuridicidade do dano e resulta, pois, posterior na

lóxica xurídica ao exame doutros presupostos de necesaria concorrencia para que sexa apreciable a existencia de responsabilidade

patrimonial e que, se anticipa xa, este Consello Consultivo considera ausentes no caso agora analizado.

Así, como xa se indicou anteriormente, na medida en que a anulación dun acto administrativo non presupón o dereito a indemnización,

so haberá lugar a aquela cando concorran os requisitos esixidos con carácter xeral para a concorrencia de responsabilidade

patrimonial, e entre eles, a existencia dun nexo causal que vincule o funcionamento do servizo público cun dano efectivo e

antixurídico padecido pola persoa reclamante.

Deste modo, a apreciación da concorrencia dos referidos presupostos esixe poder afirmar que, como consecuencia do funcionamento

do servizo público de selección de persoal, se lle provocou á reclamante un dano efectivo e antixurídico, que ela identifica

co sacrificio patrimonial provocado pola diferencia retributiva xa indicada.

Analizaremos a continuación as razóns polas que este Consello Consultivo entende que non concorren os referidos presupostos

do nexo causal e o dano efectivo e antixurídico.

Sétima.

Ao respecto do nexo de causalidade, o Tribunal Supremo (STS do 15.1.2013, recurso de casación 779/2012, con cita doutras sentenzas

anteriores) indicou que:

"no es acorde con el referido principio de responsabilidad patrimonial objetiva su generalización más allá del principio de

causalidad, aun de forma mediata, indirecta o concurrente, de manera que, para que exista aquélla, es imprescindible la existencia

de nexo causal entre la actuación de la Administración y el resultado lesivo o dañoso producido, y que la socialización de

riesgos que justifica la responsabilidad objetiva de la Administración cuando actúa al servicio de los intereses generales

no permite extender dicha responsabilidad hasta cubrir cualquier evento (...).

En relación con el nexo causal ha de decirse que, partiendo de que en ningún caso se requiere culpa o negligencia en el actuar

administrativo, al ser la responsabilidad objetiva, el mismo ha de buscarse para la sentencia del Tribunal Supremo de 29

de octubre de 1998, entre las diversas causas, la causa adecuada o eficiente que resulte normalmente para determinar el resultado,

buscando que exista una adecuación objetiva entre acto y evento (...) añadiendo que es necesario, además, que resulte normalmente idónea para determinar aquel evento o resultado, tomando en consideración

todas las circunstancias del caso; esto es, que exista una adecuación objetiva entre acto y evento, lo que se ha llamado la

verosimilitud del nexo y sólo cuando sea así, dicha condición alcanza la categoría de causa adecuada, causa eficiente o causa

próxima y verdadera del daño, quedando así excluidos tanto los actos indiferentes como los inadecuados o inidóneos y los absolutamente

extraordinarios.

La sentencia de 21 de abril de 1998 matiza esta doctrina en el sentido de que basta con la existencia de factores sin cuya

concurrencia no se hubiera producido el resultado, no siendo "admisibles, en consecuencia, restricciones derivadas de otras

perspectivas tendentes a asociar el nexo de causalidad con el factor eficiente, preponderante, socialmente adecuado o exclusivo

para producir el resultado dañoso, puesto que -válidas como son en otros terrenos- irían en éste en contra del carácter objetivo

de la responsabilidad patrimonial de las administraciones públicas?.

Atendida a dita xurisprudencia, e con independencia da distinta gradación causal que se empregue para medir a incidencia dun

feito noutro posterior lesivo, no plano da causalidade e para os efectos da responsabilidade patrimonial, o requisito primixenio

imprescindible para que sexa apreciada a existencia de nexo causal é o da existencia de vínculo efectivo entre a acción ou

omisión reprochable á Administración e o dano polo que se reclama, de modo que a supresión hipotética daquela acción ou omisión

permitiría eliminar ou minorar o resultado lesivo para o reclamante.

Esta reposición á hipótese alternativa á lesiva ten tamén a súa correlación en sede de efectividade do dano, onde resulta

de aplicación o principio de reposición da vítima na situación que lle correspondería de non terse cometido a ilegalidade

(entre outros, ditame CCG 110/2023), o que, no caso de ser apreciada a existencia de dano efectivo e con carácter xeral, se realizará a través dun valor de

resarcimento por substitución, ao non ser posible a reparación in natura.

Oitava.

Pois ben, dende as perspectivas analizadas non pode afirmarse que, no caso sometido a ditame, o funcionamento do servizo público

provocase á reclamante un dano efectivo e antixurídico que deba ser reparado pola vía da responsabilidade patrimonial.

Esta conclusión establécese sobre o presuposto de que a supresión hipotética do acto anulado, a revisión da cualificación

realizada polo tribunal de selección, non conduce a establecer necesariamente que a nota final que correspondería á aspirante

sería a establecida en execución da sentenza anulatoria.

Así, por lexítima estratexia procesual da representación da interesada, non foi sometida a coñecemento do TSX de Galicia a

adecuación dos méritos alegados pola interesada no proceso selectivo aos criterios establecidos na orde de convocatoria. O

recurso contencioso-administrativo tivo un obxecto distinto, cal foi verificar se a rectificación realizada polo tribunal

de selección, nos termos que van descritos, resultaba axustada a dereito, co coñecido resultado da apreciación de conculcación

da legalidade por parte da Administración por considerar que aquela rectificación non se correspondía coa dun erro material

?sino de variar una valoración o interpretación jurídica que con anterioridad se había efectuado, un cambio de criterio para

el que , igualmente, el procedimiento de rectificación seguido por el tribunal no puede ser considerado conforme a derecho?, como así se razoa na sentenza de referencia.

Así pois, o tribunal sentenzador censurou o procedemento seguido para realizar a rectificación do inicial criterio de cualificación,

pero non se pronunciou sobre a adecuación á orde da convocatoria respecto da valoración dos méritos recoñecidos inicialmente

á reclamante, e en base aos cales logrou unha das prazas en disputa ao ser anulada a súa rectificación.

Para determinar se o pleno restablecemento da situación xurídica vulnerada polo acto administrativo anulado require o recoñecemento

dunha indemnización a favor da interesada, hai que considerar que a eficacia da tutela xudicial ao respecto da protección

dos lexítimos intereses da aspirante no ámbito específico do proceso selectivo se proxecta na declaración contida na sentenza

ao respecto da necesaria cualificación con arranxo á nota inicialmente outorgada de onde se deriva a súa prolongación na fase

de execución de sentenza co efecto da procedencia do nomeamento da interesada como funcionaria en prácticas nunha situación

inatacable e protexida pola eficacia da cousa xulgada material*.

* Na sentenza de referencia se dispón: ?debiendo anularse las resoluciones impugnadas en cuanto afecta a la demandante, reconociendo el derecho de la misma a que

se le otorgue la puntuación contemplada en la lista provisional de la fase de concurso, 5,800 puntos, con los efectos que

ello suponga, y, en su caso , si se deriva de la modificación de su puntuación, a ser incluido en la lista de aspirantes que

superaron el procedimiento selectivo de ingreso al cuerpo de profesores de música y artes escénicas en la especialidad de

piano y en el número de orden correspondiente a tal puntuación, según las normas del procedimiento convocado por Orden de

21 de febrero de 2019?.

Pero esta realidade non se proxecta con ese alcance específico sobre a reclamación agora examinada, por tratarse dunha petición

distinta á pretensión exercitada en vía xudicial*, cuns presupostos específicos, e para cuxa verificación é preciso cuestionarse

se o resultado derivado do pronunciamento xudicial -o acceso da interesada á condición de funcionaria en prácticas- resultaba

inexorable en atención aos méritos alegados polos distintos aspirantes no proceso selectivo, ou pola contra, a adecuada ponderación

destes habilitaba un resultado distinto, moito mais desfavorable para a agora reclamante na medida en que, conforme á valoración

anulada xudicialmente -polo procedemento de rectificación seguido, que non pola consideración específica e intrínseca dos

méritos- a interesada non obtiña praza no proceso selectivo ao ser superada por aspirantes con mellor cualificación.

* Sen prexuízo de que, como lembra o Tribunal Supremo na súa sentenza de 20.2.2020 (rec. 4695/2018) ?puede constituir una pretensión accesoria a la pretensión principal de nulidad, como una medida adecuada para el pleno restablecimiento

de una situación jurídica individualizada (artículos 31.2 y 71.1.b) de la LJCA)?.

Se a reclamación da interesada se fundamenta no funcionamento do servizo público, en canto ámbito propio da responsabilidade

patrimonial, a análise do nexo de causalidade dese funcionamento debe ser abordada dende unha visión de conxunto do proceso

selectivo que substancia o funcionamento do servizo público. Dito noutras verbas, o exame da causalidade non se pode limitar

á foto fixa do acto de trámite anulado, de onde resulta que a interesada excluída pasa a formar parte dos aspirantes que obtiveron

praza, de modo que no tempo que mediou entre o nomeamento inicial dos aspirantes e o obtido por sentenza pola agora reclamante

existiu unha mingua de ingresos que constitúen o obxecto da reclamación, sendo preciso verificar as hipóteses verosímiles

no seo do proceso selectivo para o caso de que o tribunal ao revisar a cualificación que consideraba inadecuada ás bases da

convocatoria non incorrera na ilegalidade declarada xudicialmente.

O enfoque limitado ao acto de trámite anulado sería parcial e por iso inválido, pois o servizo de cuxo funcionamento se predica

o dano é o materializado no proceso selectivo de referencia, de modo que é procedente facerse a indicada cuestión ao respecto

de se o funcionamento do servizo lle causou á reclamante un dano efectivo, na medida en que o resultado final do proceso coa

incorporación da interesada ao elenco de aspirantes que obtiveron praza como funcionaria en prácticas, resultaba un resultado

ineludible nunha recta valoración dos méritos invocados polas distintas persoas que concorreron ao proceso selectivo e debe

proxectarse ese efecto ao momento no que o tribunal de selección emitiu a resolución que contiña a relación de aspirantes

que obtiñan a condición de funcionario en prácticas.

Novena.

E resulta que se repoñemos a situación da interesada á posición que lle correspondería de non producirse a ilegalidade declarada

xudicialmente, nos atopamos con que o tribunal de selección entende que a cualificación inicialmente conferida á interesada

non se axusta aos criterios establecidos na convocatoria e conta con procedementos específicos de revisión, si axustados a

dereito, polos que pode deixar sen efecto aquela cualificación, co resultado coñecido de que a interesada non obtería praza

por ser superada por outro aspirante con mellor cualificación.

Neste sentido, o Tribunal Supremo en sentenza do 20.10.2014 (recurso de casación 3409/2013) considerou que os actos de cualificación

provisional dentro da fase de valoración de méritos nun proceso selectivo teñen a condición de actos favorables para os interesados,

e poden ser revisados pola Administración pola vía do procedemento de declaración de lesividade previsto no artigo 107 da

LPAC, pero non a través das vías da revogación de actos de gravame ou desfavorables ou a da rectificación de erros establecidas

no artigo 109 da antedita lei.

Así pois, apreciado o erro na cualificación por parte do tribunal de selección, dispoñía do mecanismo da declaración de lesividade

para corrixir o seu criterio, e o propio aspirante postergado polo erro na cualificación do tribunal dispoñía igualmente de

mecanismos xurídicos para impugnar a situación xurídica xerada polo dito erro de cualificación.

Polo demais, os argumentos de fondo empregados polo tribunal na revisión -realizada por vía improcedente- semellan ser sólidos,

por canto os méritos alegados pola reclamante que foron obxecto da rectificación logo anulada, presentan unha manifesta inadecuación

aos criterios establecidos na orde de convocatoria.

Así, á agora reclamante foille valorada como experiencia en ensinanzas regradas servizos prestados para o Concello de Barbadás

como profesora de piano, actividade que claramente non pertence ás categorías recollidas na Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio,

de educación, e forman parte de ensinanzas non regradas impartidas en escolas de música municipais, de modo que o mérito referido

non resultaba avaliable nos termos nos que o fixo o tribunal de selección en primeira instancia e que resultaron definitivos

logo da anulación da rectificación referida.

Igualmente, á interesada foille computado como título de máster unha titulación que non reúne as condicións de máster oficial

dos previstos no Real decreto 1393/2007, do 29 de outubro, polo que se establece a ordenación das ensinanzas universitarias

oficiais*, polo que, aparentemente, se produciu unha segunda desviación en beneficio da interesada respecto das regras establecidas

na convocatoria.

* Na actualidade derrogado polo Real decreto 822/2021, do 28 de setembro, polo que se establece a organización dos ensinos

universitarios e do procedemento de aseguranza da súa calidade.

Así pois, non pode establecerse a conclusión de que a obtención dunha praza por parte da interesada sería o resultado certo

no caso de que o tribunal de selección non cometese a ilegalidade que provocou a anulación xudicial de razón, e mesmo pode

ser afirmado que, eventualmente, puido ser precisamente a inadecuación a dereito da actuación do tribunal a que provocou o

acceso da agora reclamante a unha das prazas ofertadas, no suposto de que, conforme entendeu o tribunal de selección, os méritos

alegados pola interesada non se correspondesen cos criterios da convocatoria nos termos concretos que resultaron controvertidos,

e sendo así, como vai dito, que a representación procesual da interesada elixiu a lexítima opción de non invocar no recurso

contencioso administrativo a adecuación dos ditos méritos á convocatoria, optando por cuestionar so o procedemento para a

súa revisión.

Nas circunstancias expostas non resulta apreciable a existencia dun nexo causal que vincule o funcionamento do servizo público

cun dano efectivo que teña sufrido a reclamante, polo que non pode ser estimada a reclamación presentada, sendo procedente

que a resolución que se dite no seu día se incorpore a causa de desestimación desenvolvida na presente e anteriores consideracións.

Décima.

O razoado nas consideracións precedentes é argumento abondo para desestimar a reclamación sometida a ditame, se ben resulta

procedente estudar a causa de exoneración invocada pola Administración na súa proposta, a exclusión da antixuridicidade por

operar a Administración dentro das marxes da razoabilidade, condición que igualmente se entende que concorre no caso analizado.

Ao respecto da marxe de razoabilidade como presuposto excluínte da antixuridicidade, este Consello Consultivo ten considerado

(cítanse por todos os ditames CCG 393/2022 e CCG 184/2022) que para determinar se un suxeito está obrigado xuridicamente a

soportar o dano causado polo funcionamento dun servizo público, un dos elementos a tomar en consideración é a natureza mesma

da actividade administrativa, pois non é igual se se trata do exercicio de potestades discrecionais, nas que a Administración

pode optar entre diversas alternativas, indiferentes xuridicamente, sen máis límite que a arbitrariedade que proscribe o artigo

9.3 da Constitución española, que se actúa en exercicio de poderes regrados, nos que non dispón de marxe de apreciación, limitándose

a executar os ditados do lexislador. E, neste segundo grupo, haberá que discernir entre aquelas actuacións nas que a predefinición

esgotadora acada todos os elementos da proposición normativa e as que, acudindo á técnica dos conceptos xurídicos indeterminados,

impelen á Administración a acadar no caso concreto a única solución xusta posible mediante a valoración das circunstancias

concorrentes.

En definitiva, para apreciar se o detrimento patrimonial que supón para un administrado o funcionamento dun determinado servizo

público resulta antixurídico ha de analizarse a índole da actividade administrativa e se responde aos parámetros de racionalidade

esixibles. Isto é, se, malia a súa anulación, a decisión administrativa leva aparellada unha interpretación razoable das normas

que aplica, enderezada a satisfacer os fins para os que se ten atribuído a potestade que se exercita. Non caben, pois, declaracións

xenéricas ao respecto, debendo examinarse polo miúdo as circunstancias que concorran en cada caso concreto.

Así, como sinala a sentenza do Tribunal Supremo do 4.5.2017, recurso de casación 3333/2015:

?(?) Sí existirá esa antijuridicidad del daño cuando la Administración, al ejercitar potestades administrativas discrecionales,

se aparta de toda lógica en la apreciación de tales circunstancias y procede a la aplicación de la norma de manera irrazonada

e irrazonable, o incluso que aplicando potestades regladas se aparta de las exigencias de la norma cuando, por ejemplo, haya

de apreciar conceptos jurídicos indeterminados, que son apreciados y valorados en igual grado de ausencia de lógica. En suma,

como se ha venido acuñando por la jurisprudencia, que la decisión administrativa luego anulada no sea razonable ni esté razonada

(en este sentido, por todas, sentencia de 9 de diciembre de 2015, recurso de casación 1661/2014, con abundante cita) (?)?.

Polo contrario:

?si la solución adoptada se produce dentro de los márgenes de lo razonable y de forma razonada, el administrado queda compelido

a soportar las consecuencias perjudiciales que para su patrimonio jurídico derivan de la actuación administrativa, desapareciendo

así la antijuridicidad de la lesión? (sentenza do Tribunal Supremo do 14.11.2016, Rec. 3791/2015, e as sentenzas citadas nela).

E tamén resulta posible que, ante actos ditados en virtude de facultades absolutamente regradas, proceda o sacrificio individual,

non obstante a súa anulación posterior, porque se exerciten dentro das marxes de razoabilidade que cabe esperar dunha Administración

pública chamada a satisfacer os intereses xerais e que, polo tanto, non pode quedar paralizada ante o temor de que, revisadas

e anuladas as súas decisións, teña que compensar á persoa afectada con cargo aos orzamentos públicos, en todo caso e con abstracción

das circunstancias concorrentes (por todas, sentenzas do Tribunal Supremo do 2.2.2012, rec. 426/2011, e do 17.2.2015, rec.

2335/2012).

Trasladando a anterior doutrina ao presente caso, é apreciable que o criterio do tribunal de selección de rectificar a cualificación

outorgada a unha das aspirantes no proceso selectivo resulta axustada aos parámetros de racionalidade esixibles, en canto

procura a restauración da vixencia dos principios de igualdade e mérito quebrantados por unha previa decisión na que se inclúen

na baremación dunha das persoas concorrentes, méritos que non se corresponden cos criterios establecidos na convocatoria do

dito proceso selectivo, podendo afirmarse, pois, que esa iniciativa de rectificación estaba perfectamente enderezada a satisfacer

os fins para os que se tiña atribuído a potestade de cualificación que se exercita, e de feito, a procedencia da rectificación

non foi cuestionada en vía xudicial, senón so o procedemento en que foi levada a efecto.

Respecto deste último extremo, pode ser mais cuestionable o seu axuste ás indicadas marxes de razoabilidade en canto, como

vai exposto, o TS en sentenza do 20.10.2014 (recurso de casación 3409/2013), considerou que os actos de cualificación provisional

dentro da fase de valoración de méritos nun proceso selectivo teñen a condición de actos favorables para os interesados, e

non poden ser revisados polas vías da revogación de actos de gravame ou desfavorables ou a da rectificación de erros establecidas

no artigo 109 da antedita lei.

Con todo, hai que considerar que o so feito de que a resolución resulte anulada xudicialmente non determina a súa antixuridicidade,

que se predica do resultado respecto da persoa que reclama e non verbo da legalidade ou ilegalidade da actuación da Administración

(STS 297/2018 do 27.2.2018, recurso de casación 2981/2016). Igualmente debe ser considerado que, como vai dito, o resultado

da rectificación tiña mellor axuste aos criterios de baremación que a cualificación inicial, no contexto dun procedemento

de concorrencia competitiva no que existía prexuízo para terceiro e afectación dos principios de igualdade e mérito. E en

terceiro lugar, e moi en especial, que a anulación do procedemento de revisión non produciu un dano efectivo para a interesada,

nos termos argumentados nas consideracións que preceden.

En definitiva, e polas razóns expostas no corpo deste ditame é axustada a dereito a desestimación da reclamación nos termos

indicados na proposta de resolución que procede complementar na resolución que no seu día se dite con aqueles argumentos relativos

a ausencia de nexo causal que vincule o funcionamento do servizo público cun dano efectivo padecido pola reclamante, tal e

como foron desenvolvidos no corpo do presente ditame.

CONCLUSIÓN

Por todo o anteriormente exposto, a Sección de Ditames do Consello Consultivo de Galicia, por unanimidade dos seus membros

presentes, ditamina:

?Que informa favorablemente a proposta de resolución desestimatoria da reclamación á que o presente expediente se refire?.

LIBROS Y CURSOS RELACIONADOS

Sobre Derecho sanitario
Disponible

Sobre Derecho sanitario

Eugenio Moure González

17.00€

16.15€

+ Información

Doctrina de los Consejos Consultivos de España (año 2021)
Disponible

Doctrina de los Consejos Consultivos de España (año 2021)

Consejo Consultivo de Andalucía

29.75€

28.26€

+ Información

Administración sanitaria y responsabilidad patrimonial
Disponible

Administración sanitaria y responsabilidad patrimonial

María Jesús Gallardo Castillo

22.05€

20.95€

+ Información

¿Quién quiere ser funcionario?
Disponible

¿Quién quiere ser funcionario?

Álvaro Barrio Román

6.75€

6.41€

+ Información

Métodos y prácticas de innovación docente universitaria en el Siglo XXI
Disponible

Métodos y prácticas de innovación docente universitaria en el Siglo XXI

Fernando Gil González

7.60€

7.22€

+ Información