Dictamen de Consello Consultivo de Galicia 228 de 12 de julio de 2023
Resoluciones
Dictamen de Consello Cons...io de 2023

Última revisión
05/10/2023

Dictamen de Consello Consultivo de Galicia 228 de 12 de julio de 2023

Tiempo de lectura: 85 min

Tiempo de lectura: 85 min

Relacionados:

Órgano: Consello Consultivo de Galicia

Fecha: 12/07/2023

Num. Resolución: 228


Cuestión

Reclamación de responsabilidade patrimonial

Resumen

Reclamación de responsabilidade patrimonial interposta por F., en nome e representación de S., por mor dos danos e perdas sufridos como consecuencia dunha caída no Centro de Saúde do Servizo Galego de Saúde de Caranza en Ferrol.

Organismo:

Consellería de Sanidade (Xunta de Galicia)

Letrado:

Oreiro Romar

Propuesta:

Desestimatoria

Conclusion:

Desfavorable

Relator:

Souto Souto

Contestacion

ANTECEDENTES

1.- Con data 19.10.2022 iniciouse o procedemento de esixencia de responsabilidade patrimonial da administración pública con base

na reclamación presentada por F., en representación de S., polos danos derivados da caída sufrida pola Sra. S. no Centro de

Saúde de Caranza pertencente á Área Sanitaria de Ferrol.

Sinala o escrito reitor da reclamación que:

?Sobre las 19,30 horas del día 5 de julio de 2021 y en las instalaciones del Centro de Salud del Servicio Gallego de Salud

en Caranza, Ferrol, doña S., tras entrar en dicho centro y al acceder a la zona de consultas médicas, inopinadamente y sin

poderlo evitar, resbaló y cayó violentamente al suelo, al encontrarse este muy mojado y sin señalización ni advertencia alguna

de ello, de tal modo que sufrió graves lesiones en antebrazo, muñeca y mano izquierdas, por las que fue atendida inmediatamente

por la enfermera del turno y por un médico en dicho centro de salud y trasladada seguidamente al Hospital Arquitecto Marcide.

[...]

Como consecuencia de lo ocurrido, la compareciente, de 61 años de edad, sufrió lesiones de importancia por las que fue atendida

médicamente y permaneció bajo tratamiento en proceso curativo al menos hasta su estabilización fijada pericialmente a los

205 días del suceso, tras finalizar el tratamiento rehabilitador recibido el 25-01-22, pero quedándole importantes secuelas

[...].

[...]?.

Solicita unha indemnización de 30.932,70 ? que desagrega nos seguintes conceptos:

- Prexuízo persoal11.693,20 ?

- Secuelas14.239,50 ?

- Prexuízo moral5.000,00 ?

2.- Instruído o correspondente expediente de responsabilidade patrimonial, incorporouse a historia clínica da Sra. S., amais de

informes médicos do Centro de Saúde de Caranza (18.11.2022) e do Servizo de Servizos Xerais da Área Sanitaria de Ferrol (22.11.2022).

Tamén a acta que recolle a declaración das testemuñas directas do accidente (21.3.2023).

Así mesmo, na tramitación do expediente concedeuse audiencia á parte reclamante, quen, con datas 9.5.2023 e 10.5.2023, presentou senllos escritos de alegacións nos que reitera a súa petición inicial; e, a L., S.A., empresa contratista encargada

da limpeza do centro.

3.- Con data 31.5.2023 asinouse pola persoa instrutora unha proposta de resolución en sentido desestimatorio da reclamación presentada.

4.- O expediente de razón foi remitido, para preceptivo ditame deste Consello Consultivo de Galicia, polo señor conselleiro de

Sanidade tendo entrada neste organismo con data 3.7.2023.

5.- Os demais antecedentes dedúcense do contido do presente ditame.

CONSIDERACIÓNS

Primeira.

O Consello Consultivo de Galicia é competente para coñecer do expediente de reclamación de responsabilidade patrimonial das

Administracións públicas ao que se fixo referencia nos antecedentes a teor do previsto nos artigos 12.j) da Lei 3/2014, do

24 de abril, do Consello Consultivo de Galicia, e 17.a) do seu Regulamento de organización e funcionamento, aprobado polo

Decreto 91/2015, do 18 de xuño, por tratarse dunha reclamación de responsabilidade patrimonial da Administración autonómica

de contía superior a 30.000,00 ?.

Segunda.

O expediente sobre o que se solicita a emisión de ditame suscita un caso de responsabilidade patrimonial das administracións

públicas que, como tal suposto, vén regulado basicamente polo artigo 106.2 da Constitución española, pola Lei 39/2015, do

1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas - aspectos procedementais- (en diante, LPAC),

e polos artigos 32 a 37 da Lei 40/2015, do 1 de outubro, de réxime xurídico do sector público - aspectos substantivos- (en

diante, LRXSP).

Así, no que ao presente expediente se refire, cómpre dicir que as esixencias de orde procedemental, en xeral, foron cumpridas,

sobre todo o esencial trámite de audiencia que permite aos interesados exercitar as súas posibilidades de defensa no procedemento

administrativo.

Terceira.

No que atinxe aos aspectos de fondo hai que indicar que os principios que rexen a responsabilidade patrimonial das administracións

públicas son o resultado dunha elaboración da doutrina e da xurisprudencia, e teñen sido reiteradamente expostos polo Consello

Consultivo.

Así, os presupostos mínimos para que xurda a responsabilidade patrimonial da Administración, partindo do principio de responsabilidade

obxectiva e directa, son:

a) O dano producido no patrimonio dos particulares ten que ser efectivo e individualizado nunha persoa ou nun grupo de persoas.

b) O precitado dano ou lesión debe producir no patrimonio do particular lesionado un prexuízo antixurídico que este non teña

o deber de soportar.

c) O dano ou lesión patrimonial ten que gardar un nexo causal co funcionamento normal ou anormal dos servizos públicos.

d) O dano non debe ser produto dunha situación de forza maior.

e) A reclamación ten que ser presentada pola persoa particular interesada dentro do prazo legalmente establecido.

Xunto co anterior cabe indicar que a responsabilidade patrimonial da Administración configúrase como unha responsabilidade

obxectiva. Como máis significados lindes daquel principio xeral poden salientarse:

A forza maior (artigo 32.1 LRXSP).

A obriga xurídica de soportar o dano (artigo 32.1 LRXSP).

A non indemnizabilidade dos danos derivados de feitos ou circunstancias que non se puideran prever ou evitar segundo o estado

dos coñecementos da ciencia ou da técnica existentes no momento de produción daqueles (artigo 34.1 LRXSP), e

Aqueloutros de creación xurisprudencial, tales como a culpa da vítima ou o feito de terceiro (recollidos en incontables pronunciamentos

do Tribunal Supremo, entre outros, os contidos na súa sentenza do 27.7.2002, rec. 4012/1998, ou a do 19.6.2007, rec. 10231/2003,

e nas que nelas se citan). Así, é doutrina xurisprudencial consolidada a que sostén a exoneración de responsabilidade para

a Administración, a pesar do carácter obxectivo desta, cando é a conduta da propia persoa prexudicada ou a dunha terceira

persoa a única determinante do dano producido. Agora ben, non queda excluída a responsabilidade patrimonial da Administración

nos casos nos que na produción do evento danoso concorre a intervención da Administración xunto coa da vítima ou dunha terceira

persoa, recoñecéndose nestes supostos a posibilidade de apreciar unha concorrencia de culpas para mitigar o quantum indemnizatorio

(por todas, STS do 28.4.2009, rec. 7836/2004, ou do 17.6.2011, rec. 4881/2007).

Cuarta.

Entrando xa no exame da proxección ao presente asunto dos principios expostos na consideración anterior, cómpre partir da

previa constatación da realidade do dano, nas circunstancias expostas pola vítima, constatación que pode considerarse acreditada

no presente caso. Así, figuran no expediente informes da asistencia sanitaria nos que se recollen as lesións padecidas, o

informe do médico que atendeu á demandante inmediatamente despois de producirse a caída, deixando constancia dela no seu historial

médico, do informe do responsable da empresa encargada do servizo de limpeza quen declara ter coñecemento da caída pola persoa

que estaba a realizar as tarefas obxecto do contrato, amais das declaracións de dúas testemuñas presenciais do accidente.

Todas estas probas son consistentes entre si, e foron valoradas de forma coherente na proposta de resolución.

Con todo, a constatación do dano non abonda para apreciar a existencia de responsabilidade administrativa, sendo necesario

xustificar a presenza dun vínculo causal co funcionamento dun servizo público, o que esixe, por principio, a demostración

de que o accidente se produciu, efectivamente, nas circunstancias indicadas pola Sra. S., e que estas determinan a existencia

dun vínculo causal entre o dano e o funcionamento do servizo asumido pola Administración á que aquel se imputa.

Nesta tesitura, o exame do presuposto que se analiza radica nunha cuestión probatoria a dilucidar a partir daquela regra xeral,

recollida en numerosos ditames deste Consello Consultivo, por todos eles o CCG 697/2004, segundo a que a carga da proba da

existencia dun dano avaliable economicamente e singularizado e a súa conexión causal co funcionamento dalgún servizo público

corresponde certamente ao reclamante, e a dos feitos impeditivos da pretensión (forza maior, culpa do prexudicado etc...)

á Administración (artigo 217 da Lei 1/2000, do 7 de xaneiro, de axuizamento civil).

Comezando, así, pola análise da relación de causalidade, da documentación que obra no expediente resulta ?e non se discute?

que a caída tivo lugar nun edificio propiedade da Administración demandada, cuxo mantemento e limpeza corresponde a esta.

Desde esta perspectiva, e sen prexuízo da análise do requisito da antixuridicidade que procedemos a realizar na seguinte consideración,

a existencia dun vínculo causal evidente e notorio entre o dano producido e a titularidade dun servizo público da Administración

reclamada.

Quinta.

Unha vez acreditada a existencia dun dano real e efectivo, individualizado nunha persoa, e nun edificio cuxo mantemento corresponda

á Administración, cómpre analizar se existe un deber legal de asumir o antedito dano pola vítima; é dicir, a antixuridicidade

da actuación administrativa. Velaquí que para iso é imprescindible analizar a proba practicada.

O informe do xefe do servizo do Centro de Saúde de Caranza, do 18.11.2022, onde se produciu o accidente indica ao respecto

o seguinte:

?El médico dejó constancia de la atención prestada y el motivo de la misma en el historial médico de la paciente

Los casos accidentales de caídas en el centro son muy excepcionales. No hay registro de más casos.

No hubo ese día ninguna otra incidencia por caída, ni de usuarios ni de trabajadores.

La usuaria no tenía cita médica ya que su médico es de cupo de mañana. Venía acompañando a su marido que tenía cita médica

a las 19.30 horas.

Ambos sanitarios al escuchar las quejas de la paciente salieron de sus consultas para ver que estaba sucediendo y la atendieron

de inmediato, y me comentan que el suelo estaba húmedo, era un día lluvioso, con muy mal secado y lento. El médico afirma

que había señalizaciones (piso húmedo), la empleada de la limpieza estaba trabajando en las salas comunes.

Comentar que la limpieza de las salas comunes de los centros debería de hacerse cuando el centro está cerrado para evitar

posibles incidencias similares en un futuro?.

O informe do director xeral da empresa que presta servizo de limpeza, con data 18.11.2022, afirma o seguinte:

?[...]

3. En cumplimiento de nuestros procedimientos de trabajo, el personal de limpieza de L. utiliza las señales de suelo húmedo

cuando se realizan los trabajos de limpieza. Todo el personal de L. que presta servicios en los Centros de Salud del Ferro!

ha recibido formación sobre los procedimientos de trabajo. En dicha formación se incluye, entre otros, el Procedimiento de

limpieza de suelos mojados en el que se establece la obligación de señalización con el cartel de ?suelo mojado? durante las

labores de fregado. Se adjunta a continuación los procedimientos de limpieza de las consultas de los centros de salud de la

Xunta de Galicia y de los pasillos y zonas comunes en el centro donde puede comprobarse que el primer paso siempre es la señalización

del suelo mojado.

[...]

5.- La empresa L. no es la titular del espacio donde se produce la caída y esta empresa obra en cumplimiento estricto de las

obligaciones establecidas en el Contrato del Servicio de Limpieza, resultando en cualquier caso imposible para la Administración

y contratista, y con independencia del horario, garantizar la total adherencia del pavimento cuando está procediéndose al

fregado de los suelos y se ha señalizado la zona como piso húmedo.

[...]

7.- En última instancia, entendemos que, a tenor de lo expuesto, no puede ser derivada la responsabilidad a la empresa contratista

que es ajena a los hechos de los que trae causa la presente reclamación.

[...]?.

Do informe realizado o 14.3.2023 pola enfermeira que asistiu á Sra. S., é de interese advertir que, malia que non foi testemuña presencial do accidente, atendeuna

inmediatamente, xunto con un dos médicos do centro. Manifesta a enfermeira que:

?El suelo estaba húmedo porque lo habían fregado. El pasillo estaba perfectamente señalizado con los avisadores amarillos aunque

no había ninguno donde ella cayó pero sí a lo largo del tramo fregado. Es imposible poner una señal cada metro pero sí a lo

largo del pasillo como estaban puestos?.

Engadindo que, segundo o seu criterio, non se deberían de realizar tarefas de limpeza do chan en horario de consultas, senón

cando o centro estivese pechado ao público, para evitar incidentes similares.

A respecto das declaracións das testemuñas, ambas realizadas o 21.3.2023, coinciden en afirmar que o chan estaba mollado e non había sinalización ningunha.

De todo o exposto, e realizando unha avaliación da proba conforme as regras da sa crítica, podemos considerar acreditado que

os traballadores da empresa responsable do servizo de limpeza atopábanse a realizar as tarefas que lles son encomendadas nos

termos exixidos no prego.

Asemade, podemos considerar acreditado que o corredor onde se produciu o sinistro estaba sinalizado ?malia que as testemuñas

presenciais do accidente negan neste extremo? pois así se indica tanto no informe da enfermeira (3.14.2023), no informe da empresa contratista (1.18.2022), no informe do xefe de servizo do centro de saúde (18.11.2022), coma tamén

foi recoñecido pola propia vítima no seu escrito do 5.9.2023, no que afirma literalmente que ?el resbalón y la caída se produjeron tras atravesar el vestíbulo y girar a la izquierda justo para tomar el pasillo de las

consultas, con ángulo muerto que le impedía adicionar la señalización existente exclusivamente en dicho pasillo, nada más

pisar el mismo?.

Porén, a cerna do debate consiste en determinar se a sinalización foi a axeitada, ou, pola contra, podería terse feito doutro

modo para evitar a produción do accidente.

Se a sinalización fose apropiada, a caída, e os danos de seu, caerían dentro do ?control da deambulación?; é dicir, dentro do ámbito de responsabilidade da vítima. En caso contrario, non existiría o deber legal de asumir as consecuencias

do accidente, e a Sra. S. deberá ser indemnizada.

E neste punto, sen prexuízo de recoñecer o intenso traballo desenvolvido pola instrución do expediente, e precisamente grazas

a este traballo, temos que discrepar das súas conclusións.

Segundo as regras lóxicas do obrar humano, a sinalización dun perigo potencial debe facerse antes de entrar no ámbito del,

porque senón será inútil. Podemos considerar acreditado, segundo os informes reproducidos anteriormente, que no corredor das

consultas efectivamente había sinalización, e tamén que non é posible sinalizar todo o espazo que se atopa húmido como consecuencia

dos traballos de limpeza. Porén, estando acreditado que se produce a caída como consecuencia de escorregar na intersección

entre o corredor de entrada do vestíbulo e o corredor de consulta, a devandita sinalización ?tamén? debería terse feito previamente;

é dicir, de forma visíbel para aquelas persoas que accedesen ao centro de saúde, para avisar do perigo antes de entrar nel.

Traducido a este caso concreto, antes de pisar o chan mollado ao virar cara ao dito corredor de consultas.

Como xa dixemos noutras ocasións (Vide, por todos, o ditame CCG 133/2014) ao mantemento dun recinto hospitalario, como edificio destinado a uns usos específicos,

élle exixible un grao de dilixencia maior ao de calquera outro edificio público. Tal e como se pon de manifesto, entre outras,

na sentenza do Tribunal Superior de Justicia de Castilla y León do 15.10.2010 (recurso 3381/2004):

?Las personas mayores de edad, los impedidos, quienes están limitados en sus movimientos o en agilidad o en intelecto, deben

ser especialmente protegidos en sus restricciones, especialmente en los centros de atención sanitaria, donde, en muchas ocasiones,

van a ver aliviados sus males y no es excusa de la responsabilidad administrativa las limitaciones de los pacientes, quienes

no esperan, por otra parte, que, precisamente allí, se pongan a prueba, ni sus reflejos, ni sus condiciones físicas. Los centros

sanitarios, obvio es, no están hechos sólo para personas en condiciones de acceder a una olimpiada, sino para gente corriente,

muchas de ellas con achaques y no cabe que se les impute, sin más, que con ellos salven la responsabilidad de la administración?.

Estes argumentos son trasladables ao presente caso no que o accidente ocorre nun centro de saúde que é utilizado por persoas

que se atopan en circunstancias singulares, non sendo inusitado que teñan dificultades de mobilidade, ou outro tipo de patoloxías,

o que esixe unhas condicións de accesibilidade óptimas.

Sexta.

Unha vez concluída a realidade dos danos, a relación causal cun servizo público e a súa consideración de antixurídicos, cómpre

realizar outro conxunto de consideracións.

Por unha banda, é preciso determinar se a responsabilidade é imputable á Administración, ou ao contratista que presta o servizo;

e, polo tanto, encargado de realizar a sinalización.

Para responder a esta pregunta o punto de partida é o prego de especificacións técnicas do servizo, e a oferta do contratista.

Nestes documentos non hai ningunha indicación sobre como se deben sinalizar tarefas de limpeza para o particular caso do que

estamos a tratar ?si constan indicacións xenéricas, ou a forma de sinalar a limpeza dos baños?. Non obstante, esta omisión

é perfectamente comprensible xa que é imposible especificar a forma de sinalización de todos os casos e tarefas de limpeza

dos edificios públicos. Ademais, dependerá en grande medida da configuración física do edificio, o que xa de por si implica

unha diversidade casuística insondábel para poder ser plasmada nun documento que sistematiza as condicións xerais da prestación

do servizo.

Así, sen poder afirmar que a empresa contratista incumprise algunha das prescricións ou indicacións da Administración contratante,

a súa responsabilidade só se pode declarar dende a perspectiva do control efectivo do servizo, e polos motivos sinalados na

consideración anterior.

Ao mantemento dun recinto hospitalario, como edificio destinado a uns usos específicos, élle exixible un grao de dilixencia

maior ao de calquera outro edificio público, e polo tanto, unha empresa especializada na prestación deste tipo de servizos,

debe, na medida das súas posibilidades, anticiparse dos eventuais riscos ou accidentes, adoptando medidas, de acordo coa súa

pericia e experiencia técnica, para aumentar as condicións de seguridade das persoas usuarias, o que traducido ao presente

caso implicaría non só a sinalización do corredor húmido, senón tamén prever esta sinalización para que fose visible dende

outros corredores que conducían a el, concretamente, a intersección entre este e o corredor de entrada do vestíbulo.

É certo que tanto o informe do xefe de servizo do Centro de Saúde de Caranza, coma o da enfermeira, indica que as tarefas

de limpeza deberían realizarse unha vez pechado o centro. Pero non habendo constancia de incidentes similares nin o mesmo

día nin noutras datas, e tendo en conta que este tipo de decisións teñen outro tipo de implicacións de carácter organizativo

?a empresa contratista sinala que o peche do centro debe ser realizado polos servizos de seguridade?, transcende das competencias

deste Consello Consultivo pronunciarse sobre a idoneidade deste tipo de medidas, e non procede emitir neste ditame un xuízo

sobre as medidas organizativas do mantemento, limpeza e apertura dos edificios sanitarios.

Velaquí que tendo en conta a imposibilidade material de prever nos pregos todas as posibles situacións que puidesen darse

na realidade de todos os edificios da súa propiedade, consideramos que a responsabilidade dos prexuízos causados deberase

imputar á empresa que presta o servizo, e non á Administración contratante*.

*Neste sentido, o artigo 41.3 da Lei 1/2015, do 1 de abril, de garantía da calidade dos servizos públicos e da boa administración,

dispón:

?Se no procedemento se determina a existencia de responsabilidade patrimonial do contratista, a Administración, como garante

da posición das persoas usuarias, en virtude da lei e no uso das súas potestades contractuais, ordenará a aquel o aboamento

da indemnización á persoa usuaria e indicaralle un prazo para iso?.

Porén, non podemos deixar de salientar outros elementos de evidencia que aínda que non exclúen, si reducen a responsabilidade

do contratista. Concretamente, de todos os informes que se veñen de reproducir despréndese que non tiveron lugar incidentes

similares na mesma data, ao que hai que engadir, reiteramos, que non se trata dun caso de omisión de sinalización, senón de

incumprimento do extra de dilixencia esixida ante as circunstancias concorrentes. Asemade, tampouco consta outro tipo de incumprimentos

por parte da empresa.

Por maior abastanza, os informes antes reproducidos aluden ás condicións meteorolóxicas que contribuíron a impedir o secado

completo chan, e desde esta perspectiva, a teoría do control da deambulación pode considerarse aplicable, polo menos, no sentido

de que entender que a Sra. S. debería ter extremado a súa precaución, xa que non consta que tivese problemas de mobilidade,

e non acudiu como doente ao centro de saúde, senón como acompañante do seu marido, quen paradoxalmente non resultou accidentado,

coma tampouco as testemuñas presenciais.

Con este acervo probatorio podemos concluír que a propia conduta da vítima tamén foi determinante necesaria do resultado lesivo.

As consideracións anteriores obrigan a recoñecer a existencia dunha concorrencia de culpas e, polo tanto, dunha responsabilidade

compartida entre a Sra. S. e a Administración sanitaria.

A xuízo deste órgano consultivo, e seguindo precedentes similares (vide CCG 137/2023), corresponde á Sra. S. un 70% da culpa na produción do sinistro, e o 30% restante á empresa contratista.

Sétima.

Sentada, xa que logo, a procedencia de resarcir os danos nos termos sinalados na consideración precedente, debe, no entanto,

apuntarse a imposibilidade deste órgano consultivo de realizar un pronunciamento sobre os concretos danos a indemnizar e o

seu importe, xa que a instrución do expediente, baseada na negación da natureza ilícita do dano, non levou a cabo ningún tipo

de actuación tendente á determinación da realidade e entidade das secuelas e días de prexuízo particular.

Neste estado de cousas, e constando un informe pericial de avaliación do dano corporal achegado pola parte reclamante, que,

reiteramos, non foi analizado pola persoa instrutora, é preciso a apertura dun expediente contraditorio no que pola instrución

se examine a documentación clínica e informe pericial achegados, recadando, se for o caso, os informes periciais que estime

pertinentes co fin de determinar a realidade e a entidade dos días de prexuízo particular, así como das secuelas polas que

reclama a interesada.

En particular, debe ser requirido pola vítima para que indique sobre se realizaba algún tipo de actividade laboral e remunerada

?na súa reclamación e no citado informe pericial alude a días impeditivos, mais non clarexa a súa profesión habitual?, si

percibiu como consecuencia do accidente algún tipo de prestación o subsidio da Seguridade Social ou de calquera outro organismo

con funcións similares, ou calquera tipo de indemnización dun seguro privado. Tendo en conta que a responsabilidade patrimonial

non pode ser fonte de duplicidade de pagamentos nin de enriquecemento inxusto, e o seu único obxectivo é satisfacer o principio

de indemnidade dos danos, en ausencia de calquera outro tipo de compensación.

Así mesmo, unha vez realizada esta comprobación da realidade dos danos polos que se reclama, haberá de procederse á súa cuantificación

económica, podendo empregarse analoxicamente o baremo establecido no texto refundido da Lei sobre responsabilidade civil e

seguro na circulación de vehículos a motor, aprobado polo Real decreto lexislativo 8/2004, do 29 de outubro (trala reforma

operada pola Lei 35/2015, do 22 de setembro), sobre o que o Tribunal Supremo ten apuntado o seu carácter orientativo e non

vinculante (entre outras, as sentenzas do 17.7.2014, rec. 3724/2012, e do 21.12.2015, rec. 1247/2014). Sinalando este Consello

Consultivo no seu ditame CCG 162/2021 como o dito carácter orientativo ?permite ao instrutor apartarse del, obviamente de forma motivada e non arbitraria, en atención as circunstancias concorrentes?.

En calquera caso, o baremo a tomar como referencia será o actualizado e vixente na data na que ocorreron os feitos.

Unha vez practicadas as actuacións que veñen de referirse, haberá de ditarse unha resolución que poña fin ao procedemento

de responsabilidade nos termos que resulten do actuado, sen que sexa preciso recadar con carácter previo un novo ditame deste

órgano consultivo (neste sentido vide os ditames CCG 147/2020, CCG 409/2021, CCG 169/2022 ou CCG 260/2022, e os ditames que neles se citan).

CONCLUSIÓN

Por todo o anteriormente exposto, a Sección de Ditames do Consello Consultivo de Galicia, por unanimidade dos seus membros,

ditamina:

?Que informa desfavorablemente a proposta de resolución desestimatoria da reclamación á que o presente expediente se refire,

procedendo a súa estimación nos termos sinalados no corpo deste ditame?.

LIBROS Y CURSOS RELACIONADOS

Sobre Derecho sanitario
Disponible

Sobre Derecho sanitario

Eugenio Moure González

17.00€

16.15€

+ Información

Métodos y prácticas de innovación docente universitaria en el Siglo XXI
Disponible

Métodos y prácticas de innovación docente universitaria en el Siglo XXI

Fernando Gil González

7.60€

7.22€

+ Información

Delito de conducción temeraria y delito de fuga
Disponible

Delito de conducción temeraria y delito de fuga

Dpto. Documentación Iberley

6.83€

6.49€

+ Información