Dictamen de Consello Consultivo de Galicia 235 de 31 de julio de 2023
Resoluciones
Dictamen de Consello Cons...io de 2023

Última revisión
05/10/2023

Dictamen de Consello Consultivo de Galicia 235 de 31 de julio de 2023

Tiempo de lectura: 89 min

Tiempo de lectura: 89 min

Relacionados:

Órgano: Consello Consultivo de Galicia

Fecha: 31/07/2023

Num. Resolución: 235


Cuestión

Reclamación de responsabilidade patrimonial

Resumen

Reclamación de responsabilidade patrimonial interposta por Q. en nome e representación de G. e C., por mor dos danos e perdas sufridos como consecuencia do falecemento de F., cónxuxe e pai respectivamente, no Complexo Hospitalario Universitario de Pontevedra.

Organismo:

Consellería de Sanidade (Xunta de Galicia)

Letrado:

Tato González

Propuesta:

Desestimatoria

Conclusion:

Favorable

Relator:

Fernández Vázquez

Contestacion

ANTECEDENTES

1.- O 13.1.2023 Q. presenta reclamación de responsabilidade patrimonial en nome e representación de G. e C., por mor dos danos e perdas sufridos

por estes últimos como consecuencia do falecemento de F., cónxuxe e pai respectivamente, no Complexo Hospitalario Universitario

de Pontevedra (en diante, CHUP).

O importe da indemnización reclamada ascende a 132.965,99 euros.

2.- Instruído o procedemento, o 10.5.2023 acordouse a realización do trámite de audiencia. Non consta que a parte interesada formulase alegacións.

3.- O 21.6.2023 a persoa instrutora formula a proposta de resolución, de sentido desestimatorio.

4.- O expediente de razón foi remitido, para preceptivo ditame deste Consello Consultivo de Galicia, polo señor conselleiro de

Sanidade, tendo entrada neste organismo con data 3.7.2023.

5.- Os demais antecedentes dedúcense do contido do ditame.

CONSIDERACIÓNS

Primeira.

O Consello Consultivo de Galicia é competente para coñecer do expediente de reclamación de responsabilidade patrimonial das

Administracións públicas ao que se fixo referencia nos antecedentes, a teor do previsto nos artigos 12.j) da Lei 3/2014, do

24 de abril, do Consello Consultivo de Galicia, e 17.a) do seu Regulamento de organización e funcionamento, aprobado polo

Decreto 91/2015, do 18 de xuño, por tratarse dunha reclamación de responsabilidade patrimonial da Administración autonómica

de contía superior a 30.000 ?.

Segunda.

O expediente sobre o que se solicita a emisión de ditame suscita un caso de responsabilidade patrimonial das administracións

públicas que, como tal suposto, vén regulado basicamente polo artigo 106.2 da Constitución española, pola Lei 39/2015, do

1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas (en diante, LPAC), nos aspectos procedementais,

e polos artigos 32 a 37 da Lei 40/2015, do 1 de outubro, de réxime xurídico do sector público (en diante, LRXSP), nos aspectos

substantivos.

No presente caso, e no que atinxe á tramitación seguida, cómpre dicir que as esixencias de orde procedemental, en esencia,

foron cumpridas, constando no expediente remitido a realización dos actos de instrución necesarios, a concesión do trámite

de audiencia e a formulación da correspondente proposta de resolución.

Terceira

No que atinxe aos aspectos de fondo hai que indicar que os principios que rexen a responsabilidade patrimonial das administracións

públicas son o resultado dunha elaboración da doutrina e da xurisprudencia e teñen sido reiteradamente expostos polo Consello

Consultivo.

Sinteticamente expostos, os presupostos mínimos para que xurda a responsabilidade patrimonial da Administración, partindo

do principio de responsabilidade obxectiva e directa, son:

O dano producido no patrimonio dos particulares ten que ser efectivo, avaliable economicamente e individualizado nunha persoa

ou nun grupo de persoas.

O precitado dano ou lesión debe producir no patrimonio do particular lesionado un prexuízo antixurídico que este non teña

o deber de soportar.

O dano ou lesión patrimonial ten que gardar un nexo causal co funcionamento normal ou anormal dos servizos públicos.

O dano non debe ser produto dunha situación de forza maior.

A reclamación ten que ser presentada polo particular interesado dentro do prazo legalmente establecido.

Xunto co anterior cabe indicar que a responsabilidade patrimonial da Administración se configura como unha responsabilidade

obxectiva. Como máis significados lindes daquel principio xeral poden salientarse:

A forza maior (artigo 32.1 LRXSP).

A obriga xurídica de soportar o dano (artigo 32.1 LRXSP).

A non indemnizabilidade dos danos derivados de feitos ou circunstancias que non se puideran prever ou evitar segundo o estado

dos coñecementos da ciencia ou da técnica existentes no momento de produción daqueles (artigo 34.1 LRXSP), e

Aqueloutros de creación xurisprudencial, tales como a culpa da vítima ou o feito de terceiro (recollidos en incontables pronunciamentos

do Tribunal Supremo, entre outros, os contidos na súa sentenza do 27.7.2002, rec. 4012/1998, ou a do 19.6.2007, rec. 10231/2003,

e nas que nelas se citan). Así, é doutrina xurisprudencial consolidada a que sostén a exoneración de responsabilidade para

a Administración, a pesar do carácter obxectivo desta, cando é a conduta da propia persoa prexudicada ou a dunha terceira

persoa a única determinante do dano producido. Agora ben, non queda excluída a responsabilidade patrimonial da Administración

nos casos nos que na produción do evento danoso concorre a intervención da Administración xunto coa da vítima ou dunha terceira

persoa, recoñecéndose nestes supostos a posibilidade de apreciar unha concorrencia de culpas para mitigar o "quantum" indemnizatorio (por todas, STS do 28.4.2009, rec. 7836/2004, ou do 17.6.2011, rec. 4881/2007).

Cuarta.

Ao exposto cabe engadir a consolidada liña xurisprudencial, recollida, entre outras, na sentenza do Tribunal Supremo do 15.3.2018,

rec. 1016/2016, e nas que nela se citan, conforme coa cal nas reclamacións derivadas de prestacións sanitarias non resulta

suficiente a existencia dunha lesión (que levaría a responsabilidade obxectiva máis aló dos límites do razoable), senón que

é preciso acudir ao criterio da "lex artis" como modo de determinar cal é a actuación médica correcta, independentemente do resultado producido na saúde ou na vida

da persoa enferma, xa que non é posible nin á ciencia nin á Administración garantir, en todo caso, a sanidade ou a saúde do

paciente. A actividade médica e a obriga do profesional son de medios e non de resultados, de prestación da debida asistencia

médica coa aplicación das técnicas sanitarias coñecidas polo estado da ciencia e razoablemente dispoñibles nese momento, e

non de garantir en todo caso a curación da persoa enferma. Así as cousas, cando, atendidas as circunstancias do caso, a asistencia

sanitaria se prestou conforme co estado do saber e con adopción dos medios ao alcance do servizo, o resultado lesivo producido

non se considera antixurídico. Noutro caso, cando se teña incorrido en infracción da "lex artis", o dano e prexuízo producidos son antixurídicos e deben ser indemnizados.

Para rematar con estas consideracións xerais procede lembrar que é desde unha perspectiva "ex ante" da asistencia sanitaria desde a que se debe examinar a prestación de medios, por ser a que se corresponde coa que teñen

a disposición os profesionais da medicina cando realizan tal prestación. En efecto, como se indicou, entre outros, nos ditames

CCG 198/2015, CCG 10/2018, CCG 23/2019 ou no máis recente CCG 30/2021, en sede de responsabilidade patrimonial da Administración

por defectuosa asistencia sanitaria non é factible cuestionarse o diagnóstico inicial ou a inadecuación dun tratamento dun

paciente se o reproche se realiza exclusivamente fundándose na súa evolución posterior. É dicir, non é posible soster a insuficiencia

de probas diagnósticas, o erro ou atraso diagnóstico ou a inadecuación do tratamento, só mediante unha regresión a partir

do desgraciado curso posterior seguido pola persoa doente, xa que a devandita valoración ha de efectuarse segundo as circunstancias

no momento no que tiveron lugar. En suma, é a situación de diagnóstico actual a que determina a decisión médica adoptada,

valorando se, conforme cos síntomas do paciente, se puxeron á súa disposición as exploracións diagnósticas indicadas e acordes

a eses síntomas, non sendo válido, pois, que a partir do diagnóstico final se considere as que puideron poñerse se naquel

momento eses síntomas non se daban.

Quinta.

En materia de responsabilidade patrimonial resulta preciso analizar os requisitos procedimentais mínimos que condicionan a

viabilidade da reclamación presentada e, concretamente, o da súa interposición en tempo hábil. Sobre o dito extremo, o artigo

67.1 da LPAC dispón o seguinte:

?Os interesados soamente poderán solicitar o inicio dun procedemento de responsabilidade patrimonial cando non prescribise

o seu dereito a reclamar. O dereito a reclamar prescribirá ao ano de producido o feito ou o acto que motive a indemnización

ou se manifeste o seu efecto lesivo. En caso de danos de carácter físico ou psíquico ás persoas, o prazo comezarase a computar

desde a curación ou a determinación do alcance das secuelas?.

Partindo dos datos que resultan da instrución do procedemento, podemos concluír que na data de presentación da reclamación,

o 13.1.2023, aínda non transcorrera o prazo dun ano desde a produción do feito lesivo (que, como veremos, consiste no falecemento de

F. o 18.1.2022).

Sexta.

Polo que se refire ás cuestións materiais ou de fondo que suscita o expediente examinado, de acordo coas previsións do artigo

81.2 da LPAC, resulta preciso determinar se existe unha relación de causalidade entre o funcionamento do servizo e a lesión

aducida e, eventualmente, haberá de recollerse un pronunciamento sobre a oportuna valoración do prexuízo, a contía da indemnización

e o modo de facela efectiva.

A parte reclamante centra as súas criticas na atención sanitaria prestada ao finado no período comprendido entre o 11.9.2021

e o 18.1.2022 (data do seu pasamento). Neste periodo de tempo o finado foi ingresado no CHUP o 11.9.2021, derivado ao Hospital

Álvaro Cunqueiro de Vigo o 12.9.2021 e sería trasladado novamente ao CHUP o 6.12.2021.

Xunto co seu escrito inicial, a parte reclamante achega ditame pericial do doutor D., do 10.1.2023, que afirma o seguinte:

"Valoradas los diagnósticos, actuaciones médicas, procedimientos, pruebas y tratamientos realizados por el servicio de Urgencias,

UCI y Neurocirugía del H. Álvaro Cunqueirio, así como la UCI de H. Montecelo de Pontevedra, todas ellas fueron adecuadas y

conforme a la Lex Artis ad Hoc.

Durante la estancia hospitalaria tanto en el CHUVI como en el CHOP el paciente presentó diferentes episodios infecciosos de

causa endógena (Infección del catéter por Esta?lococos Epidermi) por los propios gérmenes de la piel del paciente que respondieron

favorablemente a los antibióticos que se estaban administrando e infecciones nosocomiales, ajenas al propio paciente, por

pseudomona aureoginosa resistente a carbapemenes a nivel pulmonar, del catéter intravascular, de la úlcera occipital por presión

que presentó con colonización del exudado rectal por el mismo bacilo.

El origen más probable de de los episodios de shock séptico que presentó el paciente fue por bacteriemia secundaria a infección

nosocomial del cateter intavenoso y traqueobronquitis por Pseudomona aureoginosa resistente a carbapemens y que a pesar del

tratamiento antibiótico específico, no se pudo evitar la evolución a una quiebra multiorgánica y exitus.

[...]

Se hace necesario abordar si la infección nosocomial del paciente fue inevitable, para ello la administración debe demostrar

que el paciente no fue sometido a un riesgo mayor del que está obligado a soportar ya que éste se puede prevenir y reducir

mediante la instauración y escrupulosa observancia de los protocolos preventivos, lo cual rebaja considerablemente las infecciones

de esta etología y por ello es el Centro Hospitalario al que le corresponde justificar la culpa exclusiva de la víctima o

el caso fortuito, como evento imprescindible o inevitable intemo a la propia asistencia o actividad hospitalaria. (TS 18.7.2019).

El Centro Hospitalario debe acreditar que se cumple de manera afectiva un plan de asepsia para la erradicación de las infecciones

intrahospitalarias, que tienen guías y protocolos actualizados y que los profesionales sanitarios implicados conocen la prevalencia

de las infecciones nosocomiales más habituales en su unidad y en el centro hospitalario y que están preparados para su diagnóstico

y tratamiento conforme a los programas EPINE (Estudio sobre la prevalencia de infecciones nosocomiales en España)".

En liña co anterior, o escrito inicial da reclamación sinala "el nexo de causalidad se establece en el fallecimiento por la infección nosocomial intrahospitalaria del paciente D. F. y

la prestación de servicios sanitarios sin las debidas y exigidas condiciones de garantía y seguridad que tienen como finalidad

prevenir esta tipología de complicaciones; así como la falta de protocolos para su diagnóstico y tratamiento en el centro

hospitalario conforme a los programas EPINE".

Sétima.

Delimitado así o debate e tendo en conta que a única denuncia sobre o funcionamento do servizo público consiste na existencia

dunha infección nosocomial, procede tamén traer a colación a doutrina xurisprudencial e deste órgano consultivo sobre esta

materia.

Así, este Consello Consultivo ten sinalado (por todos, ditames CCG 217/2020, CCG 224/2020 ou os máis recentes CCG 288/2020

e CCG 41/2021, e os que neles se citan), que a infección nosocomial, por moita que sexa a súa frecuencia, non pode concibirse

como algo que vai unido de maneira natural á asistencia sanitaria dispensada, facéndoa, neste sentido, aparecer como manifestación

dun suceso ordinario no desenvolvemento da actividade médico-cirúrxica e, baixo esa consideración, determinante da exclusión

total de responsabilidade para a Administración sanitaria, de xeito que obrigue ao paciente a soportar unha carga desa natureza.

Neste sentido, cómpre apreciar, que, nun adecuado entendemento dos niveis de calidade do servizo que os pacientes poden esperar

recibir nun centro hospitalario da rede pública, deben estar presentes distintas medidas de control dirixidas a impedir as

infeccións, de modo que cando estes controis faltan ou resultan deficientes, na medida en que non se estea en condicións de

ofrecer as garantías mínimas en canto a condicións de hixiene e asepsia, imponse como consecuencia que a Administración sanitaria

tería que asumir as consecuencias danosas que deriven desa falta de condicións de hixiene. Estase, xa que logo, diante dunha

obriga de actividade ou de medios, debendo garantirse uns niveis ou estándares significativos que contribúan á consecución

dunha calidade asistencial, no ben entendido sentido de que as técnicas de prevención e asepsia deben estar efectivamente

aplicadas e non meramente instaladas (no tocante á provisión de instrumentos axeitados), de xeito que se garanta un razoable

resultado no que atinxe á desinfección dos centros hospitalarios, con especial énfase e rigor nas áreas nas que se ven incrementados

os riscos, ben sexa polas circunstancias concorrentes ou ben pola maior exposición dos pacientes.

Non obstante o anterior, non pode deixar de facerse constancia de que a asepsia absoluta e permanente é, no presente estado

das cousas, un resultado técnica, científica e humanamente inalcanzable, polo que, demostradas e probadas en cada caso a instalación

e a efectiva aplicación de medios e técnicas que garantan unha redución significativa dos riscos, facendo uso das innovacións

tecnolóxicas recentes, con carácter xeral tense que recoñecer que esa xa minimizada, aínda que non neutralizable, marxe de

risco excedente, ten que ser asumida polo propio paciente pois a ciencia e a técnica non permiten enervala.

Consecuencia do anteriormente dito é que a responsabilidade patrimonial da Administración sanitaria nestes casos esixe, ademais

do necesario nexo causal entre a infección e a asistencia sanitaria (por todas, STS do 3.6.2008, rec. 9790/2003, ou STS do

13.4.2011, rec. 5353/2006), a concorrencia do requisito da antixuridicidade pois, como salienta, entre outras, a STS do 9.10.2012,

rec. 40/2012, con cita da previa STS do 6.7.2011, rec. 3.622/2.007, non é suficiente con constatar a orixe intrahospitalaria

dunha infección para diso concluír a reprochabilidade da sepse no funcionamento do servicio médico, senón que "para que pueda nacer la responsabilidad patrimonial de la Administración, es necesario acreditar el incumplimiento del estándar

de rendimiento, que permite el estado del conocimiento, para detectar la presencia del elemento causante de la infección".

Resta por engadir que, no tocante á carga da proba, como xa ten manifestado este Consello Consultivo (en ditames como os previamente

citados) e reiterada xurisprudencia (por todas, STS do 22.11.2010, rec. 4674/2006 ou STS do 28.5.2013, rec. 660/2013), nos

casos de infección nosocomial pesa sobre a Administración sanitaria, en virtude do principio de facilidade e dispoñibilidade

probatoria, demostrar que se observaron as prevencións profilácticas que os protocolos prevén para evitar tales infeccións.

Oitava.

Da análise da historia clínica e dos informes achegados durante a instrución do expediente, resultan os seguintes feitos.

Como apuntamos nas consideracións precedentes, F. ingresa inicialmente no CHUP o 11.9.2021 tras sufrir unha caída accidental

desde unha altura de 2 metros, de cabeza. O 12.9.2021 é trasladado ao Hospital Álvaro Cunqueiro de Vigo. Se atendemos ao informe

de alta do 6.12.2021 do Servizo de Medicina Intensiva do amentado hospital, o xuízo clínico foi de:

?POLITRAUMATISMO POR PRECIPITACIÓN

- Traumatismo torácico: fracturas costales bilaterales. Hematoma prevertebral. Mínimo neumotórax drcho.

- Traumatismo vertebral con fractura de apófisis espinosas desde C4 a D7, Fracturas de apófisis transversas: C7 bilateral,

D1 izquierda, Fractura / aplastamiento de vértebra dorsal D7 que protruye -aprox. unos 5 - 6 mm- en la porción anterior del

canal medular. Fractura platillo vertebral D11.

- Rabdomiolisis. Fracaso renal agudo.

- Artrodesis percutánea por fractura D7 inestable?.

O informe recolle as incidencias producidas durante o seu ingreso:

?- Bacteriemia por Enterobacter cloacae.

- NAVM probablemente por Pseudomonas aeruginosa resistente a carbapenemes.

- ÚLCERAS DE PRESION OCCIPITAL + SACRA. Cultivos úlcera + Pseudomonas.

- Colonización heces por Pseudomonas.

- HDA y anemización secundaria a úlcera duodenal Forrest 2C.

- Trombo suboclusivo en VCS sin datos de infección a este nivel. Hemocultivos persistentemente negativos.

- Ictus isquémico subagudo occipital posterior derecho.

- Fiebre de origen no aclarado de características intermitentes desde su ingreso en septiembre con muy mala respuesta a antitérmicos

y necesidad de medidas físicas (Articsun)?.

O informe do 8.4.2023 do Servizo de Medicina Intensiva do Hospital Álvaro Cunqueiro de Vigo concreta as datas das amentadas incidencias e resume

a situación do paciente no momento de recibir a alta:

?Las infecciones diagnosticadas durante su estancia en nuestro servicio son las recogidas en nuestro informe de alta de fecha

6 de diciembre de 2021 que transcribimos a continuación:

1. Bacteriemia primaria por Enterobacter Cloacae BLEE inducibles (20.9.21).

2. Neumonía nosocomial asociada a ventilación mecánica probablemente por Pseudomonas aeruginosa. (15.10.21).

3. Infección de catéter no bacteriemica por Esta?lococos Epidermidis (4.11.21).

4. Infección de escara occipital por Pseudomonas Aeruginos. (8.11.21).

5. Colonización fecal por Pseudomonas (11/11/21).

[...]

Como consta en nuestro informe de alta desde el día 11 de noviembre de 2021 los resultados de los estudios microbiológicos

fueron negativos, incluidos los cultivos que figuraban pendientes al alta de nuestro servicio el día 4 de diciembre. Cabe

destacar que los cultivos de vigilancia en exudado rectal de Bacilos multirresistentes extraídos según protocolo de vigilancia

fueron negativos así como un cultivo exudado de la úlcera de decúbito del día 3 de noviembre. Por tanto no puede afirmarse

que al alta de nuestro servicio el paciente estuviese infectado o colonizado?.

O 6.12.2021 é trasladado ao CHUP. O informe do 30.3.2023 da UCI do CHUP, resume a situación do paciente durante a súa segunda estancia neste hospital:

?En los cultivos que realizamos en el momento de su ingreso (6.12.21) como parte de nuestro protocolo de vigilancia para evitar

la trasmisión de bacterias multirresistentes, el paciente resulta portador de una Pseudomonas aeruginosa resistente a carbapenems,

por lo que se realizan las medidas de aislamiento de contacto pertinentes, según dicho protocolo.

Durante su estancia en nuestro servicio, el paciente presenta un episodio de shock séptico (24.12.2021), en relación a bacteriemia

secundaria infección de catéter, que se trata de modo empírico y después dirigido tras conocerse el aislamiento de la Pseudomonas

aeruginosa resistente de la que es portador, en las muestras clínicas. Tras una mejoría inicial, a partir del día 4.1.2022,

repunta la fiebre, por lo que se refuerza todavía más el tratamiento antibiótico.

Todavía bajo tratamiento antibiótico (colistina, meropenem y ciprofloxacino), desarrolla nuevo cuadro de shock séptico el

día 17.1.2022, sin respuesta a las medidas iniciadas, falleciendo el día 18.1.2022. En las muestras enviadas en este último

episodio, únicamente se obtiene colonización del catéter por Staphilococcus epidermidis, sin datos de bacteriemia, resultando

el resto de los cultivos negativos (resultados obtenidos post-mortem), por lo que no queda aclarado el origen del foco séptico?.

Os amentados informes constatan unha infección nosocomial por pseudonomas aeruginosa, pero tamén que os cultivos realizados

no Hospital Álvaro Cunqueiro de Vigo o 4.12.2021 resultaron negativos, volvéndose detectar pseudonomas aeruginosa nos cultivos

realizados o 6.12.2021 no CHUP. Finalmente, producido o segundo shock séptico o 17.1.2022, que conduciría ao fatal desenlace,

os cultivos, cuxos resultados foron obtidos con posterioridade ao falecemento, tamén serían negativos en canto a pseduonomas

aeruginosa. Do anterior, conclúen os amentados informes, que non esta aclarada a orixe do foco séptico.

En relación coas medidas adoptadas polos servizos implicados para evitar este tipo de infeccións, o informe do 8.4.2023 do Servizo de Medicina Intensiva do Hospital Álvaro Cunqueiro de Vigo recolle o seguinte:

?Estamos de acuerdo con el perito en que el paciente era un enfermo con importantes comorbilidades. Entre ellas una enfermedad

oncohematológica en remisión completa y una esplenectomía por tanto con cierto grado de inmunodepresión. Por otra parte debido

a su traumatismo de base precisó de múltiples instrumentaciones invasivas y limitación casi absoluta de la movilidad hasta

que se pudo intervenir (lo cual limitaba el manejo de secreciones respiratorias y aumentaba el riesgo de infección). Ingresó

ya febril con datos analíticos de infección activa por lo que fue tratado con antibióticos desde el inicio. Durante su estancia

y en función de la situación clínica cambiante recibió además varios ciclos de antibioterapia de amplio espectro. Por todo

ello era un enfermo de alto riesgo de infección/colonización por gérmenes resistentes. Se pusieron los medios incluidos en

los protocolos Bacteriemia Zero, Neumonía Zero, Infección urinaria Zero y Resistencia Zero implantados en nuestra unidad.

Es un hecho cierto que el uso de estos protocolos ha disminuido la incidencia de estas infecciones a valores muy inferiores

a los previos. Entre los pacientes que finalmente se colonizan o infectan por gérmenes resistentes se encuentran los que tienen

factores de riesgo como era el caso de Don F.. Por tanto lo que podemos afirmar es que se pusieron los medios adecuados para

evitar el riesgo de infección asociada a cuidados sanitarios, que se trataron adecuadamente cuando se produjeron y que se

pusieron las medidas para evitar la transmisión secundaria intraUCI. Insistimos al alta de nuestro servicio no hay ningún

dato microbiológico que permita afirmar que el paciente estuviese infectado o colonizado desde hacía cuatro semanas.

5. Respecto a los 'protocolos y guías de asepsia frente a las infecciones intrahospitalarias' en nuestro servicio debemos

de comentar lo siguiente:

1. Tenemos implantados los protocolos de los Proyectos Zero (Neumonía Zero, Bacteriemia Zero, Infección Urinaria Zero y Resistencia

Zero ) desarrollados por la Sociedad Española de Medicina Intensiva, Critica y Unidades Coronarias y adoptados por el Ministerio

de Sanidad dentro de su Programa de Seguridad del paciente. Los adjuntamos como documentación complementaria.

2. Cumplimentamos durante todo el año el registro ENVIN (Estudio Nacional de Vigilancia de la Infección Nosocomial) donde

se recogen las datos de incidencia y prevalencia de estas infecciones y de gérmenes multirresistentes. Estos datos se transmiten

regularmente a la Conselleria de Sanidad.

3. Nos sometemos a auditoría externa al servicio mediante Rondas de Seguridad que hemos superado hasta la fecha.

4. El cumplimiento de estos indicadores de calidad es evaluado anualmente como parte de la Productividad del servicio y hasta

la fecha ha sido valorado favorablemente.

[...]

Nótese que durante su estancia la incidencia de infecciones/colonizaciones por gérmenes multirresistentes estuvo en la línea

a la recogida a nivel regional y nacional siendo claramente mejores nuestros datos para neumonía. Además si se comparan los

datos de Resistencias de ese trimestre con los recogidos durante todo el año se comprueba que no hubo ninguna modificación

significativa que sugestiva de brote intraUCI. Como se puede ver y, como es común a los resultados del programa Resistencia

Zero a nivel nacional, en torno a la mitad de los gérmenes multirresistentes son de adquisición extraUCI?.

Na mesma liña temos o informe do 30.3.2023 da UCI do CHUP:

?En nuestro servicio se aplican los protocolos de los proyectos zero, avalados por el ministerio de sanidad, para evitar las

infecciones asociadas con el cuidado sanitario (bacteriemia asociada a catéter, neumonía asociada a ventilación mecánica,

infección urinaria asociada al sondaje) y la transmisión de bacterias multirresistentes. Participamos en el registro ENVIN

(Estudio Nacional de Vigilancia de Infección Nosocomial en UCI) desde su origen.

Nuestras tasas de infección anual en el periodo de estancia del paciente fueron de 6,94 episodios de neumonía por mil días

de ventilación mecánica (estándar (estándar

No tuvimos un incremento de infección durante la estancia del paciente ni registramos otros pacientes colonizados/infectados

por el mismo tipo de bacteria de la que era portador el paciente. Por tanto, no se declaró ningún brote, ni se realización

medidas extraordinarias. El cumplimiento de las medidas de los proyectos zero en nuestro servicio viene avalado por los buenos

resultados en tasas de infección?.

No expediente achegado tamén figuran os amentados protocolos.

Novena.

En atención ao exposto nas consideracións precedentes, cabe concluír, no estado probatorio no que este expediente é sometido

a ditame deste órgano consultivo, que non existen elementos que permitan apreciar a existencia dunha responsabilidade patrimonial

da administración sanitaria.

Aínda que a infección padecida por F. puidera enlazarse causalmente coa asistencia sanitaria prestada (extremo que non resulta

plenamente acreditado se atendemos aos informes e pericias amentadas), non estamos ante un dano que caiba cualificar de antixurídico.

Das probas practicadas non pode inferirse que esa infección fose debida a un incumprimento do estándar de rendemento esixible

na adopción das medidas de asepsia.

Considerando todo o que vén de sinalarse, debe concluírse que a asistencia sanitaria prestada á parte reclamante se axustou

en todo momento á "lex artis ad hoc" e aos niveis asistenciais normativamente establecidos. Consecuentemente, secundando o criterio recollido na proposta de

resolución, o xuízo deste órgano consultivo deba ser favorable á desestimación da reclamación que dá orixe ao expediente administrativo

examinado.

CONCLUSIÓN

Por todo o anteriormente exposto, a Sección de Ditames do Consello Consultivo de Galicia, por unanimidade dos seus membros

presentes, ditamina:

"Que informa favorablemente a proposta de resolución desestimatoria á que o presente expediente se refire".

LIBROS Y CURSOS RELACIONADOS

Conflictos de competencia en torno al medicamento
Disponible

Conflictos de competencia en torno al medicamento

V.V.A.A

25.50€

24.23€

+ Información

Doctrina de los Consejos Consultivos de España (año 2021)
Disponible

Doctrina de los Consejos Consultivos de España (año 2021)

Consejo Consultivo de Andalucía

29.75€

28.26€

+ Información

Métodos y prácticas de innovación docente universitaria en el Siglo XXI
Disponible

Métodos y prácticas de innovación docente universitaria en el Siglo XXI

Fernando Gil González

7.60€

7.22€

+ Información