Dictamen de Consello Consultivo de Galicia 278 de 06 de septiembre de 2023
Resoluciones
Dictamen de Consello Cons...re de 2023

Última revisión
05/10/2023

Dictamen de Consello Consultivo de Galicia 278 de 06 de septiembre de 2023

Tiempo de lectura: 101 min

Tiempo de lectura: 101 min

Relacionados:

Órgano: Consello Consultivo de Galicia

Fecha: 06/09/2023

Num. Resolución: 278


Cuestión

Reclamación de responsabilidade patrimonial

Resumen

Reclamación de responsabilidade patrimonial interposta por C., en representación de M., A. e M., por mor dos danos e perdas derivados do atraso diagnóstico dun adenocarcinoma metastásico pancreático padecido por R., esposo e pai dos interesados, no Hospital Universitario da Coruña.

Organismo:

Consellería de Sanidade (Xunta de Galicia)

Letrado:

López Guizán

Propuesta:

Desestimatoria

Conclusion:

Favorable

Relator:

Fernández Vázquez

Contestacion

ANTECEDENTES

1.- O 28.3.2022 C. en representación de M., A. e M., interpón unha reclamación de responsabilidade patrimonial por mor da demora

no diagnóstico e tratamento do adenocarcinoma metastásico pancreático padecido por R., esposo e pai, respectivamente, dos

interesados, no Complexo Hospitalario Universitario da Coruña (en diante, CHUAC).

En esencia, a parte reclamante refire que o 4.5.2021 se lle diagnosticou ao paciente unha diabetes mellitus tipo 2, para a

que se lle pautou tratamento, sen realizar os servizos sanitarios ningunha proba adicional co fin de descartar outra patoloxía.

Dende ese intre, denuncia a parte reclamante que o señor R. comezou a referir perda de peso e molestias estomacais e abdominais,

sendo atendido o 24.8.2021, o 25.8.2021 e o 16.9.2021 de forma telefónica polo médico de Atención Primaria, quen lle indicou

que tal sintomatoloxía era causada polo tratamento para a diabetes.

Continúa o escrito de reclamación sinalando que o 3.10.2021, o 6.10.2021, o 9.10.2021 e o 14.10.2021 o doente acudiu ao Servizo

de Urxencias do CHUAC, referindo perda de peso, dor abdominal e dor de costas, asistencias todas elas nas que se lle pautou

tratamento sintomático e alta posterior para o seu domicilio.

O 23.10.2021, engade a parte reclamante, o paciente ingresou xa nun estado moi grave no Servizo de Urxencias do CHUAC, polo

que foi trasladado ao Servizo de Medicina Interna, onde trala realización dunha TAC toraco ? abdominal, se lle diagnosticou

un adenocarcinoma metastásico de cabeza pancreática. O doente foi éxitus o 26.11.2021.

Con base nestes feitos, a parte reclamante denuncia unha demora no diagnóstico da doenza do señor R. pois, malia as distintas

asistencias en Atención Primaria e no Servizo de Urxencias do CHUAC, non se lle realizaron ata outubro de 2021 analíticas

con marcadores tumorais, unha gastroscopia o unha TAC toraco ? abdominal.

Esta demora determinou unha mingua na calidade de vida do paciente, quen se viu privado da posibilidade dun tratamento axeitado

para as dores que sufría, e tamén unha situación de zozobra e inquietude dos interesados ante os padecementos do seu esposo

e pai.

A indemnización solicitada polos interesados ascende a 50.000 ?. Nesta contía se integran 20.000 ?, cantidade na que cuantifican

os danos sufridos polo paciente e que reclaman na súa condición de herdeiros daquel; e 10.000 ? para cada interesado, por

mor da situación de angustia por eles sufrida na súa condición de familiares do finado.

Xunto coa reclamación achégase diversa documentación clínica así como unha copia do libro de familia e do testamento do paciente.

2.- Na instrución do expediente incorporouse ao mesmo:

- Copia da historia clínica do señor R.

- Informe do Centro de Saúde da Casa do Mar da Coruña do 3.5.2023.

- Informe do Servizo de Urxencias do CHUAC do 8.5.2023.

- Informe do Servizo de Medicina Interna do dito centro hospitalario do 8.5.2023.

3.- O 24.5.2023 deuse trámite de audiencia á parte reclamante, sen que conste a presentación de alegacións.

4.- O 6.7.2023 ditouse unha proposta de resolución en sentido desestimatorio da reclamación presentada.

5.- O expediente de razón foi remitido, para preceptivo ditame deste Consello Consultivo de Galicia, polo señor conselleiro de

Sanidade, tendo entrada neste organismo o día 28.8.2023.

6.- Os demais antecedentes dedúcense do contido do ditame.

CONSIDERACIÓNS

Primeira.

O Consello Consultivo de Galicia é competente para coñecer do expediente de reclamación de responsabilidade patrimonial das

Administracións públicas ao que se fixo referencia nos antecedentes a teor do previsto nos artigos 12.j) da Lei 3/2014, do

24 de abril, do Consello Consultivo de Galicia, e 17.a) do seu Regulamento de organización e funcionamento, aprobado polo

Decreto 91/2015, do 18 de xuño, por tratarse dunha reclamación de responsabilidade patrimonial da Administración autonómica

de contía superior a 30.000,00 ?.

Segunda.

O expediente sobre o que se solicita a emisión de ditame suscita un caso de responsabilidade patrimonial das administracións

públicas que, como tal suposto, vén regulado basicamente polo artigo 106.2 da Constitución española, pola Lei 39/2015, do

1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas (en diante, LPAC) (aspectos procedementais)

e polos artigos 32 a 37 da Lei 40/2015, do 1 de outubro, de réxime xurídico do sector público (en diante, LRXSP).

Así, no que ao presente expediente se refire, cómpre dicir que as esixencias de orde procedemental, en xeral, foron cumpridas,

sobre todo o esencial trámite de audiencia que permite aos interesados exercitar as súas posibilidades de defensa no procedemento

administrativo.

Terceira.

No que atinxe aos aspectos de fondo hai que indicar que os principios que rexen a responsabilidade patrimonial das administracións

públicas son o resultado dunha elaboración da doutrina e da xurisprudencia, e teñen sido reiteradamente expostos polo Consello

Consultivo.

Sinteticamente expostos, os presupostos mínimos para que xurda a responsabilidade patrimonial da Administración, partindo

do principio de responsabilidade obxectiva e directa, son:

a) O dano producido no patrimonio dos particulares ten que ser efectivo e individualizado nunha persoa ou nun grupo de persoas.

b) O precitado dano ou lesión debe producir no patrimonio do particular lesionado un prexuízo antixurídico que este non teña

o deber de soportar.

c) O dano ou lesión patrimonial ten que gardar un nexo causal co funcionamento normal ou anormal dos servizos públicos.

d) O dano non debe ser produto dunha situación de forza maior.

e) A reclamación ten que ser presentada polo particular interesado dentro do prazo legalmente establecido.

Xunto co anterior cabe indicar que a responsabilidade patrimonial da Administración se configura como unha responsabilidade

obxectiva. Como máis significados lindes daquel principio xeral poden destacarse catro acoutacións:

a) A forza maior (artigo 32.1 LRXSP)

b) A obriga xurídica de soportar o dano (artigo 32.1 e 34.1 LRXSP)

c) A non indemnizabilidade dos danos derivados de feitos e circunstancias que non se puideran prever ou evitar segundo o estado

dos coñecementos da ciencia ou da técnica existentes no momento de produción daqueles (artigo 34.1 LRXSP), e

d) Aqueloutros de creación xurisprudencial, tales como a culpa da vítima ou o feito de terceiro (recollidos en incontables

pronunciamentos do Tribunal Supremo como, entre outros, os contidos na súa sentenza do 27.7.2002, rec. 4012/1998, ou a do

19.6.2007, rec. 10231/2003, e nas que nela se citan). Así, é doutrina xurisprudencial consolidada a que sostén a exoneración

de responsabilidade para a Administración, a pesar do carácter obxectivo desta, cando é a conduta da propia persoa prexudicada

ou a dunha terceira persoa a única determinante do dano producido. Agora ben, non queda excluída a responsabilidade patrimonial

da Administración nos casos nos que na produción do evento danoso concorre a intervención da Administración xunto coa da vítima

ou dunha terceira persoa, recoñecéndose nestes supostos a posibilidade de apreciar unha concorrencia de culpas para mitigar

o quantum indemnizatorio (por todas, as sentenzas do Tribunal Supremo do 28.4.2009, rec. 7836/2004, ou do 17.6.2011, rec. 4881/2007).

Ao exposto cabe engadir a consolidada liña xurisprudencial, recollida, entre outras, na sentenza do Tribunal Supremo do 15.3.2018,

rec. 1016/2016, e nas que nela se citan, conforme coa cal nas reclamacións derivadas de prestacións sanitarias non resulta

suficiente a existencia dunha lesión (que levaría a responsabilidade obxectiva máis aló dos límites do razoable), senón que

é preciso acudir ao criterio da lex artis como modo de determinar cal é a actuación médica correcta, independentemente do resultado producido na saúde ou na vida da

persoa enferma, xa que non é posible nin á ciencia nin á Administración garantir, en todo caso, a sanidade ou a saúde do paciente.

A actividade médica e a obriga do profesional son de medios e non de resultados, de prestación da debida asistencia médica

coa aplicación das técnicas sanitarias coñecidas polo estado da ciencia e razoablemente dispoñibles nese momento, e non de

garantir en todo caso a curación da persoa enferma. Así as cousas, cando, atendidas as circunstancias do caso, a asistencia

sanitaria se prestou conforme co estado do saber e con adopción dos medios ao alcance do servizo, o resultado lesivo producido

non se considera antixurídico. Noutro caso, cando se teña incorrido en infracción da lex artis, o dano e prexuízo producidos son antixurídicos e deben ser indemnizados.

Para rematar con estas consideracións xerais procede lembrar que é desde unha perspectiva ex ante da asistencia sanitaria desde a que se debe examinar a prestación de medios, por ser a que se corresponde coa que teñen a

disposición os profesionais da medicina cando realizan tal prestación. En efecto, como se indicou, entre outros, nos ditames

CCG 198/2015, CCG 10/2018, CCG 23/2019 ou no máis recente CCG 377/2022, en sede de responsabilidade patrimonial da Administración

por defectuosa asistencia sanitaria non é factible cuestionarse o diagnóstico inicial ou a inadecuación dun tratamento dun

paciente se o reproche se realiza exclusivamente fundándose na súa evolución posterior. É dicir, non é posible soster a insuficiencia

de probas diagnósticas, o erro ou atraso diagnóstico ou a inadecuación do tratamento, só mediante unha regresión a partir

do desgraciado curso posterior seguido polo doente, xa que a devandita valoración ha de efectuarse segundo as circunstancias

no momento no que tiveron lugar. En suma, é a situación de diagnóstico actual a que determina a decisión médica adoptada,

valorando se, conforme cos síntomas do paciente, se puxeron á súa disposición as exploracións diagnósticas indicadas e acordes

a eses síntomas, non sendo válido, pois, que a partir do diagnóstico final se considere as que puideron poñerse se naquel

momento eses síntomas non se daban.

Cuarta.

Polo que se refire ás cuestións materiais ou de fondo que suscita o expediente examinado, de acordo coas previsións do artigo

81.2 da LPAC, resulta preciso determinar neste ditame se existe, no caso que se nos presenta a exame, relación de causalidade

entre o funcionamento do servizo e a lesión aducida e, eventualmente, haberá de recollerse un pronunciamento sobre a oportuna

valoración do prexuízo, a contía da indemnización e o modo de facela efectiva.

Deste xeito, do escrito de reclamación do 28.3.2022 despréndese como a parte reclamante imputa aos servizos sanitarios unha

demora no diagnóstico e tratamento do adenocarcinoma que padecía o señor R., o que lle tería ocasionado ao paciente e aos

interesados unha situación de zozobra e inquedanza, ademais dunha perda de calidade de vida ao doente ao sufrir este intensas

dores que non recibiron o tratamento preciso.

Así as cousas, o exame deste reproche da parte reclamante esixe unha análise da historia clínica e informes médicos que figuran

no expediente, dado o cualificado valor probatorio das consideracións técnicas que neles se conteñen (neste sentido, entre

outros, o CCG 155/2020, o CCG 92/2021 e o CCG 83/2022), debendo este órgano limitarse á súa inclusión en categorías xurídicas

(por todos, o CCG 150/2020, o CCG 247/2021 ou o recente CCG 246/2023).

Este cualificado valor probatorio da historia clínica e informes médicos recadados pola instrución refórzase en expedientes

de responsabilidade patrimonial nos que, como acontece no caso que arestora nos ocupa, a parte reclamante non despregou actividade

probatoria ningunha en apoio dos seu reproche ao funcionamento do servizo público de saúde, nin sequera logo da vista dos

criterios técnicos contidos nos devanditos informes.

Pois ben, á vista da historia clínica se desprende como o señor R., de 66 anos de idade no intre dos feitos e antecedentes

de ictus isquémico no ano 2007, foi derivado o 4.5.2021 polo persoal de enfermería do centro de saúde da Casa do Mar ao médico

de Atención Primaria ?por hallazgo de glucemia capilar 340 mgr/del en control realizado?. Dado que, segundo consta nas follas de seguimento de Atención Primaria, ?en el último mes presenta pérdida de peso y polidipsia y poliuria?, a facultativa estableceu a hipótese diagnóstica dun ?debut diabético? e remitiu ao paciente ao Servizo de Urxencias do CHUAC.

O paciente acudiu nesa mesma data do 4.5.2021 ao Servizo de Urxencias, realizándose no servizo unha gasometría venosa e unha

analítica de sangue e ouriños. Naquela asistencia, como consta no informe de alta, se estableceu a hipótese diagnóstica dunha

diabetes mellitus tipo 2 e se lle pautou tratamento ao doente coa indicación de control e seguimento polo médico de Atención

Primaria.

O seguimento da diabetes do doente tivo lugar no Centro de Saúde da Casa do Mar o 12.5.2021, o 28.5.2021, o 11.6.2021, o 14.7.2021,

o 16.7.2021, o 1.8.2021 e o 3.9.2021. Non hai constancia na historia clínica, contra o que sinala a parte reclamante, de que

o 24.8.2021 e o 25.8.2021 o paciente fose atendido telefonicamente referindo perda de peso e dor no estómago e nas costas.

É, así, unicamente o 16.9.2021 cando nunha asistencia telefónica o señor R. refire ?dolor y malestar de estómago con muchos gases desde hace una semana?, o que o doente conectaba co tratamento para a diabetes, polo que a facultativa lle pautou Omeprazol e control evolutivo, insistindo na importancia dunha dieta pobre en carbohidratos.

Días máis tarde, o 3.10.2021, o paciente acudiu ao Servizo de Urxencias do CHUAC referindo ?dolor abdominal continuo, en epigastrio, sin irradiación de 3 días de evolución, aunque refiere que desde que comenzó con

Metformina nota molestias abdominales (?). Refiere estreñimiento de 4 días de evolución?. Á exploración o doente presentaba un bo estado xeral, realizándose un electrocardiograma, unha analítica de sangue e unha

radiografía de tórax que non amosaron alteracións. Con base nestes datos se estableceu a hipótese diagnóstica de ?molestias abdominales crónicas en probable relación con Metformina?, polo que se lle cambiou o tratamento e se lle indicou seguimento en Atención Primaria.

O 6.10.2021 o señor R. acudiu novamente ao Servizo de Urxencias por ?cuadro de días de evolución de dolor abdominal, distensión y ausencia de deposición hace 7 días?. Así mesmo refería unha perda de peso de oito quilos nos últimos oito meses, que o doente relacionaba co inicio de dieta

polo diagnóstico de diabetes. Á exploración o doente presentaba timpanismo xeneralizado no abdome e a radiografía realizada

amosou ?abundantes restos fecales y gas en todo marco cólico hasta ampolla rectal?. Ante este último achado ao paciente se lle administrou un enema co que se produciu unha melloría clínica, sendo alta ese

mesmo día co diagnóstico de ?estreñimiento resuelto? e pauta de abundante hidratación oral e dieta rica en fibra.

Transcorridos tres días, o 9.10.2021, o esposo e pai dos interesados acudiu outra vez ao Servizo de Urxencias do CHUAC ?por dolor continuo en flanco y zona lumbar izquierda?, referindo ?llevar sin deposiciones 8 días?. A exploración física, as analíticas de sangue e ouriños e as radiografías de tórax e parrilla costal foron normais, diagnosticándoselle

ao doente meteorismo para o que se pautou tratamento sintomático.

O 14.10.2021 o señor R. foi atendido de novo no Servizo de Urxencias do CHUAC, consignándose na anamnese o seguinte:

?Paciente ya valorado en este servicio por dolor en epigastrio en ocasiones irradiado a espalda y asociado a estreñimiento

y pérdida de apetito y 17 kg de peso desde verano

Al inicio se relaciona con tto con ADO pero persiste síntomas a pesar de cambio. Última deposición hace 7 días tras enema.

No fiebre ni vómitos?.

Con estes antecedentes e trala realización dunha analítica de sangue e radiografía que amosou ?abundantes heces en colon y ampolla rectal sin datos de obstrucción y niveles?, se estableceu o diagnóstico de ?Sde. general epigastralgia? e se derivou ao paciente a Consultas Externas de Medicina Interna, onde se lle indicou sería atendido no prazo máximo de

dúas semanas.

No entanto, o 23.10.2021, o señor R. acudiu de novo ao Servizo de Urxencias do CHUAC por clínica consistente en ?dolor abdominal, vómitos, anorexia y pérdida de peso de unos 20 kg desde el mes de mayo?, referindo ?presentar el día de hoy dos vómitos y dolor abdominal que no cede con analgesia, además de malestar general e intranquilidad?. Ante a situación do paciente e a persistencia da clínica, se decidiu o seu ingreso no Servizo de Medicina Interna.

Ao ingreso do doente no Servizo de Medicina Interna do CHUAC xa se estableceu a sospeita dunha posible neoplasia dixestiva,

solicitándose a realización dunha gastroscopia e dunha TAC. A gastroscopia, realizada o 26.10.2021, amosou unha estenose duodenal

de aspecto infiltrativo, e a TAC, realizada o 29.10.2021, un adenocarcinoma metastásico de cabeza pancreática.

O señor R. permaneceu ingresado no Servizo de Medicina Interna do CHUAC, cunha evolución tórpida da súa enfermidade (?neoplasia de cabeza de páncreas MI hepáticas, mal prognóstico?, se recolle nas anotacións do 4.11.2021), sendo finalmente éxitus o 26.11.2021.

Descrita nos termos que anteceden a asistencia sanitaria prestada ao señor R., cómpre xa pasar a analizar a corrección, ou

non, da asistencia sanitaria a el prestada e, en particular se, como denuncia a parte reclamante, existiu unha delonga no

diagnóstico da doenza do paciente.

E, como xa se adiantou, neste labor da análise, han de empregarse os criterios técnico - médicos que constan no expediente,

que no caso agora sometido a ditame se cinguen aos contidos nos informes médicos recadados pola instrución, sen que a parte

reclamante achegase un criterio técnico de contrario ou sequera formulase alegacións nas que se opuxera ao manifestado naqueles

informes.

Deste xeito, en primeiro lugar, tanto o Servizo de Medicina Interna como o Servizo de Urxencias cuestionan a posibilidade

real de que o doente presentase xa no mes de maio de 2021 unha sintomatoloxía suxestiva dunha neoplasia de páncreas. En concreto,

o informe do Servizo de Urxencias do 8.5.2023 rexeita dun xeito taxativo que, ante o debut de calquera diabetes mellitus, deba sospeitarse o padecemento dunha neoplasia

de páncreas (?Es una suposición totalmente sin ningún sustento objetivo, la pregunta debe ser ¿todo paciente con debut de una Diabetes Mellitus

que asocia entre la sintomatología clásica: pérdida de peso, fatiga?debemos sospechar que tiene una neo de páncreas??). E no mesmo sentido se pronuncia o informe do Servizo de Medicina Interna do 8.5.2023 ao sinalar que ?Más del 99% de los nuevos diagnósticos de diabetes se deben a una diabetes tipo 2 común y corriente; sólo en menos del 1%

se debe a una diabetes pancreatógena, alguno de los cuales es secundario a cáncer de páncreas?, polo que conclúe o facultativo informante que ?En mayo de 2021 no había motivo para sospecharlo?.

Neste punto, e fóra da asistencia en Atención Primaria do 16.9.2023, na que, por certo, o propio paciente atribuía as dores no estómago á medicación para a diabetes (?lo pone en relación con la toma de jamunet?, se consignou na historia clínica), unicamente se podería atribuír a delonga no diagnóstico do adenocarcinoma ás catro ocasións

(3.10.2021, 6.10.2021, 9.10.2021 e 14.10.2021) nas que o señor R. acudiu ao Servizo de Urxencias do CHUAC.

A este respecto, o informe do Servizo de Urxencias do 8.5.2023 defende a correcta actuación dos servizos sanitarios, que atenderon en cada ocasión á sintomatoloxía inespecífica que refería

o doente, engadindo que, cando o 14.10.2021 xa se sospeitou unha síndrome xeral como neoplasia oculta, se derivou ao paciente

á vía rápida Consulta de Alta Resolución do Servizo de Medicina Interna. Refire así o precitado informe:

?En primer lugar, en los Servicios de Urgencias Hospitalarios no se piden marcadores tumorales, una sospecha de neoplasia

no es indicación de gastroscopia urgente y la sospecha de neoplasia o síndrome general no es indicación de TAC abdominal urgente

en un Servicio de Urgencias.

Es muy importante que logremos tener meridianamente claro que lo grave no coincide siempre con lo urgente, que los Servicios

de Urgencias tenemos como principal objetivo la atención a la patología urgente-emergente tiempo dependiente, y que la atención

a la patología sospechosa de neoplasia se está realizando y vehiculizando desde hace años mediante procesos estandarizados:

?Vías rápidas?

Así cuando acude el paciente al Servicio de Urgencias el día 14/10/2021 y se sospecha un síndrome general (neoplasia oculta)

se deriva de manera adecuada a la ?vía rápida? Consulta de Alta Resolución (CAR) de Medicina Interna?.

Á mesma conclusión chega o informe do Servizo de Medicina Interna do 8.5.2023, cando sinala que ?la valoración e interpretación que se hizo en cada momento en este caso fue congruente con los datos clínicos del paciente,

por lo que considero que no hubo retraso diagnóstico?, manifestando, ademais, que con carácter previo ao ingreso no Servizo de Medicina Interna, non estaba indicada a realización

de probas encamiñadas a desbotar unha patoloxía neoplásica dixestiva.

Por outra banda, tanto o informe do Servizo de Medicina Interna como o informe do Servizo de Urxencias destacan o mal prognóstico

da enfermidade referida polo paciente, mesmo para o caso de terse acadado un máis pronto diagnóstico de neoplasia. Isto é,

aínda que o adenocarcinoma pancreático que presentaba o paciente fose diagnosticado nalgunha das asistencias do Servizo de

Urxencias do CHUAC do mes de outubro de 2021, o prognóstico do doente non tería variado. Así se indica no informe do Servizo

de Medicina Interna do 8.5.2023:

?El adenocarcinoma de páncreas en una neoplasia de pronóstico infausto porque la mayoría de los casos se presentan estadios

avanzados corno el del paciente. En este caso se pusieron en marcha las medidas disponibles, y la experiencia acredita que

en el hipotético caso de que se hubiera diagnosticado unas semanas antes el desenlace hubiera sido el mismo?.

No mesmo sentido se pronunciou o informe do Servizo de Urxencias da mesma data:

?Los datos crudos y objetivos son los siguientes:

Según los datos de la Sociedad Española de Oncología Médica del 2021, el cáncer de páncreas posee una supervivencia a cinco

años del 8,6% en España, la más baja de todos los tumores comunes. Por desgracia esa la realidad.

Desde su primera atención en el Servicio de Urgencias por un debut diabético hasta su derivación a la Consulta de Alta Resolución

de Medicina Interna habían pasado 5 meses, y desde su primera atención en nuestro Servicio por sintomatología abdominal hasta

dicha derivación 20 días.

El diagnóstico durante el ingreso fue: Adenocarcinoma metastásico de cabeza pancreática. En este estadio: Adenocarcinoma de

páncreas con metástasis estadio IV el Tiempo medio de supervivencia es de 6 meses.

Y, por otro lado, aunque es difícil precisarlo, pero en la prestigiosa revista Nature se publicó: "Desde el inicio hasta el

final la enfermedad tarda 20 años en desarrollarse." que nos da idea de la urgencia de este desgraciado caso y de los tiempos

de los que estamos hablando.

Como resumen: era una enfermedad ya avanzada (metastásica) cuando fue visto por primera vez en el Servicio de Urgencias, no

podía haberse evitado el fatal desenlace, el dolor y el sufrimiento en situaciones como la descrita son controlados mediante

tratamiento paliativo. Y sí se pusieron todas las medidas al alcance de la ciencia en la situación clínica en la que se encontraba

el paciente?.

Considerando, xa que logo, todo o que precede, debe concluírse na corrección da asistencia sanitaria prestada ao paciente,

malia o fatal desenlace acaecido que, segundo o actuado no expediente, tampouco se podería ter evitado cunha anticipación

de semanas no diagnóstico do adenocarcinoma.

Quinta.

Para rematar, debe facerse unha especial mención ao feito de que a pretensión indemnizatoria dos interesados comprenda, non

só os danos e prexuízos a eles ocasionados na súa condición de familiares, senón tamén os danos sufridos durante meses polo

paciente sen ter un diagnóstico certeiro da súa doenza, danos estes últimos que reclaman os interesados na súa condición de

herdeiros do señor R.

Sobre a pretensión indemnizatoria dos interesados relativa aos danos sufridos polo paciente, debe sinalarse que o señor R.

non exercitou en vida unha reclamación de responsabilidade patrimonial polos danos a el ocasionados por mor do retraso no

diagnóstico da súa doenza, non resultando admisible que a súa esposa e fillos, na súa condición de herdeiros, exerciten unha

acción resarcitoria dos danos a el producidos.

Tal opción, segundo refire a sentenza do Tribunal Supremo do 16.7.2004 (recurso núm. 7002/2000), debe ser desbotada con base

nos seguintes argumentos:

?No se solicita por quienes ejercen esta acción que se repare el perjuicio que derivó para ellos del fallecimiento del ser

querido sino que lo que se pretende que se repare es el pretium doloris que aquél experimentó durante el tiempo que transcurrió

entre que se le diagnosticó la enfermedad y su muerte.

No es posible aceptar esa pretensión y ello porque fallecida una persona se extingue su personalidad jurídica, y, por tanto,

no puede nacer en su favor una pretensión al resarcimiento del daño, es decir, de ningún daño material por su muerte o moral

por los padecimientos experimentados como consecuencia de sufrir la enfermedad que le fue transmitida?.

No mesmo sentido se pronunciou o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia na súa sentenza do 8.2.2017 (recurso núm. 312/2016):

?? cuando se reclama la declaración de la responsabilidad patrimonial de la Administración, la regla general es que el titular

de la indemnización es el/la perjudicado/a, es decir, el particular lesionado o que sufre el daño, por ser el único que tiene

derecho a percibirla, y sólo en caso de fallecimiento, o incapacidad legalmente declarada, de quien sufre directamente el

daño, pueden reclamar los herederos del perjudicado?.

Tamén neste sentido poden mencionarse a sentenza do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia do 2.10.2013* (recurso núm. 780/2006),

a sentenza do Tribunal Superior de Justicia de Madrid do 20.4.2018* (recurso núm. 795/2015), a sentenza do Tribunal Superior

de Justicia del Principado de Asturias do 15.1.2021* (recurso núm. 519/2019) ou a sentenza do Tribunal Superior de Justicia

de la Comunidad Valenciana do 23.1.2023* (recurso núm. 97/2020).

* Sinala a sentenza como ?hemos de señalar, ya que los demandados guardan silencio al respecto, que la reclamación previa se efectúa en beneficio de

la comunidad de herederos (2/9/2005), si bien la demanda ya actúa en nombre de cada uno de los perjudicados, lo que resulta

más congruente con el interés y derecho subyacente, consistente es el de cada uno de los miembros de la misma, a título propio.

Ello nos lleva a la vieja problemática relativa al titular del resarcimiento del daño causado por la muerte, donde se prodigan

posturas de signo contrario, la de la adquisición originaria del crédito resarcitorio por el vivo que muere y que transmite

a título hereditario a sus herederos; y la de la adquisición originaria del crédito resarcitorio por los perjuicios que sufren

los familiares allegados del muerto por razón de su muerte a título de responsabilidad patrimonial. El criterio del resarcimiento

de los familiares perjudicados a título propio se ajusta mejor al norte de la justicia resarcitoria porque, de un lado, permite

compensar perjuicios sufridos por quienes no son herederos y porque simultáneamente evita reconocer indemnización a herederos

que no sufren perjuicios por la muerte de la víctima, como sucede con aquellos que no estén ligados afectivamente con la víctima

o incluso, con el Estado, cuando, por falta de parientes, es el heredero de la víctima?.

* Refire esta sentenza como ?En cuanto a la legitimación para reclamar por los daños personales sufridos por el enfermo, esta Sala y Sección ha venido

reconociendo legitimación activa a los herederos, para el ejercicio de la acción de responsabilidad patrimonial por los daños

y perjuicios irrogados al causante, en los supuestos en que éste hubiera ejercitado la reclamación con antelación a su fallecimiento,

momento en el que transmite ese derecho a sus herederos, por entender que el derecho ejercitado tiene naturaleza patrimonial

y es plenamente transmisible (Sentencias 591/13, de 17 de julio y 817/13, de 15 de noviembre). Junto a los anteriores, concurren

asimismo otros pronunciamientos en los que se entiende que el título de heredero no es bastante para sustentar legitimación

activa para reclamar por unos daños personalísimos que sólo sufrió el causante en vida y no reclamó antes de fallecer (Sentencia

de la Sección 9ª de 28 de febrero de 2013, recurso 977/2009)?.

* Segundo a referida sentenza ?Es patente que los reclamantes están ejerciendo una acción para reclamar, no por los daños morales propios, sino por los daños

físicos, molestias y morales ajenos, los de Don Indalecio (concretamente se reclama por su pérdida temporal de calidad de

vida, impacto psicológico y daño moral). Ahora bien, para poder ejercer tal acción a título de heredero es preciso que la

masa hereditaria se integre, bien del derecho conquistado a indemnización, bien del derecho litigioso (mediante subrogación),

o bien del derecho a obtener una respuesta indemnizatoria, que requiere haber ejercido el interesado tal reclamación en vida.

No existe un derecho genérico a reclamar que pueda actualizarse o ejercerse ex novo por los herederos, salvo en los casos

en que se acredite la imposibilidad del titular de ejercer o formular tal reclamación por no disponer de plazo para ello al

fallecer o quedar incapacitado en su voluntad tras la consolidación de los daños o perjuicios.

En el presente caso, los posibles daños derivados del tratamiento errado de las úlceras, están desconectados del fallecimiento

ulterior del paciente, quien podía en vida haber ejercitado la reclamación de indemnización frente a los mismos, por lo que

no habiéndolo hecho, no puede presumirse una voluntad activa y beligerante hacia tal reclamación y con perjuicio para terceros,

como tampoco esa posibilidad admite su transmisión hereditaria, ya que los herederos adquieren derechos y asumen las relaciones

jurídicas del causante, sea como titular de derechos o sea por haber iniciado una relación jurídico administrativa con su

reclamación (que no es el caso). Cosa distinta hubiere sido si el paciente hubiese formulado reclamación al respecto antes

del fallecimiento (?).

En suma, lo que es "el derecho a reclamar" en formulación genérica y amparado por la legislación general administrativa podía

ejercerse y actualizarse por la persona legitimada mientras vivía, pero se extingue con el fallecimiento (art. 659 del Código

Civil). Cosa diferente es el derecho a una resolución sobre su reclamación administrativa, que sí admite su transmisibilidad

y ejercicio por los herederos?.

* Sinala a sentenza que ?Para el caso de estimar la existencia de responsabilidad patrimonial, en ningún caso se podría indemnizar por las lesiones

y daños sufridos por don Enrique, pues la reclamación administrativa se produce una vez que ya ha fallecido. Estos daños no

llegaron a entrar en el patrimonio del mismo por lo que no cabe su transmisión.

Y es que se trata de un derecho personalísimo, que, como tal, no se transmite a los herederos. Cuestión distinta cabría plantearse

si D. Enrique hubiera planteado la reclamación ante la Administración demandada y, tras su fallecimiento, su hermana, la demandante,

le hubiera sucedido en su posición de cara a la reclamación en vía administrativa y, en su caso a la judicial, en la presente

vía jurisdiccional.

La jurisprudencia y la doctrina judicial citada por la parte actora no permite llegar a otra conclusión:

- Una vez la responsabilidad forma parte del caudal, del patrimonio de una persona, nada impide su transmisión hereditaria.

En este caso, no llegó a instarse su reconocimiento por el interesado. De las sentencias citadas por la parte actora no se

deduce otra cosa. Una cosa es determinar el momento en que se ha fijado el daño y otra cosa, la transmisión de las acciones

para obtener su reparación.

- No hay duda tampoco de la compatibilidad entre las indemnizaciones que pudieran corresponder al familiar por el perjuicio

causado al mismo con las que hubiera podido reclamar el perjudicado siempre y cuando éste lo hubiera hecho, tal como se deduce

de la sentencia del TS 535/2012, de 13 de septiembre, de la Sala 1ª del TS cuando claramente distingue las indemnizaciones

que se reclaman ius hereditatis respecto de las que se reclaman iure propio.

- La sentencia de la Sala 1ª del TS de 10/diciembre/2009 (recurso 1090/2005) analiza reclamaciones frente a Compañía de Seguros;

se trata, por tanto, de otra suerte de naturaleza de pretensión propia de responsabilidades contractuales (contrato de seguro).

- No se advierte que la Jurisprudencia del TS ampare la posición jurídica que esgrime la demandante.

Tampoco cabe por tanto reclamar en nombre de la comunidad hereditaria por estos daños personalísimos?.

Considerando a doutrina xurisprudencial que vén de referirse, seguida por este Consello Consultivo en múltiples ditames (entre

outros, o CCG 87/2021, o CCG 217/2021, o CCG 217/2022 ou o CCG 163/2023), a circunstancia de que o señor R. non exercitara unha acción de responsabilidade patrimonial por mor da asistencia sanitaria

recibida, no tempo que transcorreu dende o diagnóstico do adenocarcinoma ata o seu falecemento, unida á inexistencia de dato

ningún no expediente que apunte a unha vontade de belixerancia do paciente ao respecto, obriga a concluír na imposibilidade

dos interesados de reclamar polos danos irrogados ao paciente, na súa condición de herdeiros deste.

Considerando, xa que logo, o que vén de apuntarse, na resolución que finalmente se dite haberá de recollerse a improcedencia

do exercicio polos interesados da acción de responsabilidade no que atinxe aos danos e prexuízos sufridos en vida polo señor

R.

CONCLUSIÓN

Por todo o anteriormente exposto, a Sección de Ditames do Consello Consultivo de Galicia, por unanimidade dos seus membros,

ditamina:

?Que informa favorablemente a proposta de resolución desestimatoria á que o presente expediente se refire, debendo en todo

caso considerarse o sinalado na consideración quinta deste ditame?.

LIBROS Y CURSOS RELACIONADOS

Conflictos de competencia en torno al medicamento
Disponible

Conflictos de competencia en torno al medicamento

V.V.A.A

25.50€

24.23€

+ Información

Reclamaciones ante compañía de seguros. Paso a paso
Disponible

Reclamaciones ante compañía de seguros. Paso a paso

Dpto. Documentación Iberley

14.50€

13.78€

+ Información

Doctrina de los Consejos Consultivos de España (año 2021)
Disponible

Doctrina de los Consejos Consultivos de España (año 2021)

Consejo Consultivo de Andalucía

29.75€

28.26€

+ Información

Principio de no discriminación y contrato
Disponible

Principio de no discriminación y contrato

Vincenzo Barba

13.60€

12.92€

+ Información