Última revisión
09/02/2023
Dictamen de Consello Consultivo de Galicia 627 de 17 de septiembre de 2014
GPT Iberley IA
Copiloto jurídico
Relacionados:
Tiempo de lectura: 71 min
Órgano: Consello Consultivo de Galicia
Fecha: 17/09/2014
Num. Resolución: 627
Cuestión
Reclamación de responsabilidade patrimonialResumen
Reclamación de responsabilidade patrimonial interposta por dona G. polos danos derivados do cambio na técnica cirúrxica en quirófano mentres a interviñan dunha catarataOrganismo: Consellería de Sanidade (Xunta de Galicia)
Letrado: Salgueiro Moreira
Propuesta: Arquivo
Conclusion: Favorable
Relator: Aranguren Pérez
Contestacion
ANTECEDENTES
1.- Don C., formulou, en nome e representación de dona G., con data 15.04.2014, reclamación de responsabilidade patrimonial polos
danos derivados da asistencia sanitaria prestada a dona G. no Complexo Hospitalario Universitario de Santiago de Compostela.
A reclamación relata:
?Doña G., con antecedentes de catarata en ojo izquierdo (OI), opacidades de cristalino y diagnóstico de exfoliación capsular de ojo
derecho (OD) en el año 2003, tal y como consta en la historia clínica de la paciente, fue intervenida quirúrgicamente en el
CHUS en fecha 19.02.2009 para cirugía de catarata de OI, mediante técnica de facoemulsificación.
(?)
En fecha 23.11.2009, doña G. fue incluida en lista de espera para ser intervenida de la catarata de OD.
(?)
Se programó la intervención quirúrgica para el día 25.01.11. En la consulta preoperatoria realizada en fecha 17.01.2011, se hizo constar la pseudoexfoliación capsular
del OD que le había sido diagnosticada en el año 2003 y una mala midriasis farmacológica (?dilata mal?).
(?)
En fecha 25.01.2011, la paciente ingresó en el CHUS para cirugía programada de facoemulsificación e implante de lente intraocular (Faco + Lio OD), siendo intervenida por la Dra. P. a las
8:30h.
En la hoja quirúrgica de enfermería, no se hizo constar ninguna incidencia durante la intervención quirúrgica:
(?)
Sin embargo, tal y como hace constar la Dra. P. -la cirujana que intervino quirúrgicamente a la paciente-, al comenzar la intervención quirúrgica,
?se bloqueó el pedal de faco cuando comienzo surco central- Reconversión a EEC (extracción extracapsular)- rotura capsular-vitrectomía+iridectomía+LIO
c-ant. Pequeña úlcera epitelial en área de para?- Oclusión.
(?)
El mismo día de la intervención quirúrgica, 25.01.11, la paciente fue dada de alta, acudiendo al Servicio de Urgencias del CHUS a las 21:04h, por el dolor que presentaba en su ojo derecho, con persistencia
de ÚLCERA EPITELIAL y EDEMA CORNEAL como consecuencia de la intervención practicada, tal y como consta en la Historia Clínica
de la paciente, tanto del Servicio de Urgencias como en las anotaciones recogidas por el Servicio de Oftalmología.
(?)
Doña G. se vio obligada a acudir al Servicio de Oftalmología del CHUS en fechas 28.01.2011, 08.02.2011, 15.02.2011, 04.03.2011, 08.03.2011
y 10.05.2011, tal y como consta en la historia clínica.
Por otra parte, acudió al Instituto Gallego de Oftalmología (INGO) en fechas 26.01.2011, 28.01.2011, 01.02.2011, 08.02.2011, 15.02.2011, 08.03.2011, 29.01.2011 y 10.05.2011.
Asimismo, acudió al Servicio de Urgencias en fecha 03.05.2011, 23.05.2011 y 07.06.2011.
Se produjo un empeoramiento de la visión, a raíz de la intervención realizada.
(?)
En fecha 31.05.2011, se emitió informe por el Centro Oftalmológico Moreiras.
(?)
De todo lo anterior se concluye que se produjo un déficit asistencial en la asistencia sanitaria prestada en el Sergas a doña G., ya que actuando de un modo rutinario, los facultativos que la atendieron
minusvaloraron los antecedentes de exfoliación capsular que presentaba, no poniendo a disposición de la paciente los medios
que tenía a su alcance, no siendo intervenida mediante la técnica de la facoemulsificación debido a la rotura del pedal de
la máquina, procediéndose a intervenir manualmente de catarata de OD, mediante otra técnica quirúrgica para la que no se había
firmado el preceptivo consentimiento informado, causándose unas lesiones que la paciente no estaba obligada a soportar.
(?)
Mediante la presente reclamación se pretende que se condene a resarcir los daños y perjuicios que se han causado a mi mandante, solicitando que se declare el derecho a la reparación de los mismos, si
bien la cuantía de la indemnización no se puede determinar en este momento debido a que no es posible conocer la medida concreta
en que la asistencia médica incidió en los daños y perjuicios causados??.
2.- Instruído o procedemento, o órgano instrutor propón o arquivo por prescrición da reclamación presentada.
3.- O expediente de razón foi remitido, para preceptivo ditame deste Consello Consultivo de Galicia, pola señora conselleira de
Sanidade, e tivo entrada neste organismo con data vinte de agosto de 2014.
4.- Os demais antecedentes dedúcense do contido do ditame.
CONSIDERACIÓNS
Primeira.-
O Consello Consultivo de Galicia é competente para coñecer dos procedementos de responsabilidade patrimonial con base no previsto no artigo 12. j) da Lei 3/2014, do 24 de abril, nas reclamacións interpostas
contra a administración autonómica por contía superior a 30.000 ?. No presente expediente a reclamante non cuantifica a indemnización,
sen que tampouco conste que fose requirida para iso nin que se efectuase a cuantificación pola Administración autonómica,
e se ben este feito sería suficiente, como é o normal proceder nestes casos, para a devolución do expediente en orde a súa
determinación, no caso que nos atinxe, e á vista da cuestión sometida a ditame (arquivo do expediente por prescrición), e
por razón de economía procedemental, procederase a emitir o mesmo, sen prexuízo de poñer de manifesto a necesidade de que
nos expedientes achegados a este Consello apareza cuantificada a indemnización.
Segunda.-
O expediente sobre o que se solicita a emisión de ditame suscita un caso de responsabilidade patrimonial das administracións públicas que, como tal suposto, vén regulado basicamente polo artigo 106.2
da Constitución Española, polos artigos 139 a 144 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións
públicas e do procedemento administrativo común (en adiante, LRXPAC), e polo Regulamento dos procedementos das administracións
públicas en materia de responsabilidade patrimonial, aprobado polo Real decreto 429/1993, do 26 de marzo.
Os principios que rexen a responsabilidade patrimonial das administracións públicas son o resultado dunha elaboración da doutrina e da xurisprudencia, e teñen sido reiteradamente expostos polo Consello
Consultivo. Sinteticamente expostos, os presupostos mínimos para que xurda a responsabilidade patrimonial da Administración,
partindo do principio de responsabilidade obxectiva e directa, son:
a) O dano producido no patrimonio dos particulares ten que ser efectivo e individualizado nunha persoa ou nun grupo de persoas.
b) O dito dano ou lesión debe producir no patrimonio do particular lesionado un prexuízo antixurídico que este non teña o
deber de soportar.
c) O dano ou lesión patrimonial ten que gardar un nexo causal co funcionamento normal ou anormal dos servizos públicos.
d) O dano non debe ser produto dunha situación de forza maior.
e) A reclamación ten que ser presentada polo particular interesado dentro do prazo legalmente establecido.
De maneira particularizada, no que concirne á responsabilidade da Administración no ámbito sanitario, o Consello Consultivo
concretou as modulacións ás que está sometida con relación ao sistema xeral de responsabilidade en canto aos requisitos precisos
para poder esixila e entre os que resaltan que a asistencia sanitaria é unha prestación de medios e non de resultado, que
a actuación médica debe desenvolverse conforme á denominada lex artis ad hoc, e que os pacientes teñen dereito a obter cumprida información sobre o seu proceso curativo, o que implica a necesidade do
consentimento que aqueles deben prestar con ocasión do acto cirúrxico.
Terceira.-
Precisamente, o último presuposto aludido anteriormente (formulación da reclamación en prazo) merece unha especial consideración no presente caso, pois o fundamento da proposta de resolución para
propugnar o arquivo da reclamación é o da extemporaneidade desta.
Cómpre lembrar que, como é sabido, o artigo 142.5 da LRXPAC indica que o dereito a reclamar prescribe ao ano de producido o feito ou o acto que motive a indemnización ou de manifestarse o seu efecto
lesivo; se ben, para o caso de danos de carácter físico ou psíquico ás persoas, o precepto prevé que o prazo comezará a computarse
dende a curación ou a determinación do alcance das secuelas.
No suposto que nos ocupa, obsérvase que non foi ata o día 15 de abril de 2014 cando se presenta a reclamación de responsabilidade patrimonial, sendo a data que a propia reclamante fixa como momento de
producción do dano o 25 de xaneiro de 2011. Polo tanto, o prazo dun ano para presentar a reclamación tería transcorrido amplamente
no momento de presentar a reclamación, tanto se se toma como dies a quo a referida data do 25 de xaneiro de 2011 como a do 31 de maio de 2011 (data do último informe médico achegado pola reclamante
pois, como sinala a Sentenza do Tribunal Supremo do 12 de setembro de 2012, ?el cómputo de la prescripción en hechos objetivables, como el presente, no puede quedar a la voluntad de la persona afectada,
máxime, cuando con posterioridad no se realizó ninguna otra prueba, ni análisis, que pudiera acreditar la aparición de otras
lesiones o secuelas?).
Así as cousas, a cuestión debe centrarse en determinar se os escritos dirixidos á compañía aseguradora interromperon o prazo de prescrición, tal e como defende a reclamante
ao sinalar que:
??por lo que se refiere a la prescripción de los procedimientos de responsabilidad patrimonial de las administraciones públicas,
es necesario tener en cuenta que la misma no ha lugar en el presente caso, ya se presentó escrito y se envió burofax a Z.,
en calidad de aseguradora del Sergas en fechas 24.04.2014 y 19.04.2014, interrumpiéndose la prescripción?.
Ha de recordarse, en primeiro lugar, a reiterada xurisprudencia (p.e., sentenza da Sala 1ª do Tribunal Supremo do 16 de xaneiro de 2003, que cita outra do 30 de setembro de 1993) segundo a cal ??por ser la prescripción un instituto no fundado en la justicia intrínseca sino en el principio de seguridad jurídica a fin
de evitar en la medida de lo posible el ejercicio tardío de los derechos (sentencias de 7 de enero de 1981, de 30 de septiembre
de 1986, de 20 de octubre de 1988 y las en ella citadas, de 14 de octubre de 1991), debe ser aplicada con espíritu restrictivo,
de tal forma que cuando se ponga de relieve un simple atisbo de animus conservandi en quien la misma se pretende aplicar,
habrá de entenderse interrumpido el plazo de prescripción (vid. sentencia de 18 de septiembre de 1987 y las en ella citadas)?.
Así mesmo, a sentenza da Sala 3ª do Tribunal Supremo do 16 de xaneiro de 2002 sinala que: ?la prescripción, como limitación del ejercicio tardío de los derechos en beneficio de la seguridad jurídica, excluye una
interpretación rigorista, por tratarse de una institución que, al no hallarse fundada en la justicia intrínseca, debe merecer
un tratamiento restrictivo, hasta el punto de que el plazo prescriptivo no puede ser aplicado en forma absoluta que no permita
ponderadas y racionales interpretaciones?.
Os perfís da institución da prescrición apuntan, de acordo cunha doutrina e xurisprudencia consolidadas, a un criterio razoablemente flexible na apreciación do cómputo do prazo, máis que ao formal e
abstracto, ao fuxir así de aplicacións contra cives ou contrarias ao criterio pro actione.
Tendo en conta o anterior, e centrándonos na interrupción da prescripción, o artigo 1973 do Código Civil sinala que a prescrición das accións se interrompe pola reclamación extraxudicial do acreedor.
Pola súa banda, o artigo 1974.1 do mesmo texto legal prevé que ?a interrupción da prescrición das accións nas obrigas solidarias aproveita ou prexudica por igual a todos os acreedores e
debedores?.
Aos exclusivos efectos que agora interesan, é dicir, á hora de determinar se resulta de aplicación o artigo 1974.1 do Código Civil no caso de reclamación extraxudicial á entidade aseguradora da Administración,
cabe indicar o seguinte.
A sentenza da Sala 1ª do Tribunal Supremo do 27 de xuño de 2006 vén recoller a doutrina legal en relación con este precepto ao
sinalar:
"Sobre la aplicabilidad del artículo 1974. 1º del Código Civil a las obligaciones solidarias por naturaleza (?la interrupción de acciones en las obligaciones solidarias aprovecha o perjudica por igual
a todos los acreedores y deudores?), al que se refiere el 1º de los motivos indicados, denunciando a la sentencia recurrida
de su infracción, por su falta de aplicación, y si bien ha sido objeto tal tema de discrepancias doctrinales y jurisprudenciales,
debe ser rechazada, según las últimas tendencias de esta doctrina, que puede resumirse así, de acuerdo con las sentencias
de esta Sala, de 23.06.1999, 21.10.2002 y 14.03.2003. La discrepancia en definitiva habida fue resuelta por mayoría en la
Sala General de este Tribunal, celebrada el 27.03.2003, en la que se planteó y decidió el tema sobre si su aplicación era
exigible en el caso de las obligaciones solidarias en sentido propio, cuando tal carácter derive de norma legal o de pacto
convencional; pero no en los casos, de creación jurisprudencial, de la llamada solidaridad impropia, esto es, ajena a esos
postulados (?) En los casos de responsabilidad extracontractual, sólo juega la prescripción individualmente aplicable respecto
de cada uno de los demandados, aunque luego el abono de la indemnización se acuerde con carácter solidario en la resolución
judicial, ya que ello deriva de la doctrina jurisprudencial, no de la preexistencia de una obligación con tal carácter (existencia
de vínculo antecedente ?ex voluntate? o ?ex lege?)".
Esta doutrina legal vén así recoller o criterio interpretativo do artigo 1974 do Código Civil no sentido de que o parágrafo primeiro do devandito precepto únicamente contempla o efecto interruptivo no
suposto de obrigas solidarias en sentido propio, cando tal carácter deriva de norma legal ou pacto convencional, sen que poida
estenderse ao ámbito da solidaridade impropia, como é a derivada de responsabilidade contratual cando son varios os condenados
xudicialmente.
Por tanto, a solidaridade propia é a que responde plenamente ao artigo 1.137 do Código Civil, é dicir, ten sido establecida por lei ou por pacto. No caso concreto do seguro de responsabilidade civil, a
obriga que asume a aseguradora fronte ao prexudicado é solidaria coa do seu asegurado por disposición expresa da lei (artigos
73 a 76 da Lei 50/1980, do 8 de outubro, do contrato de seguro). É dicir, nos atopamos ante un suposto de solidaridade propia
e sendo así que a interrupción da prescrición das accións nas obrigas solidarias propias aproveita ou perxudica por igual
a todos os acredores e debedores, o acto interruptivo con relación a un só dos debedores solidarios (neste caso, a entidade
aseguradora) acada á asegurada (neste caso, a Administración). Neste sentido poden citarse, entre outras, as seguintes sentenzas.
Na sentenza da Audiencia Provincial de Madrid nº 227/2014, do 29 de abril, se indicou expresamente que:
?En consecuencia, no se ha producido la prescripción de la acción, teniendo además en cuenta que, dada la solidaridad propia,
derivada de la normativa legal, entre la aseguradora y su asegurado, la interrupción del plazo prescriptivo respecto a cada
aseguradora afecta a su correspondiente asegurado (artículo 1974 del Código Civil)?.
Tamén insiste na mesma idea a sentenza da Audiencia Provincial de Albacete nº 127/2008, do 12 de xuño, a cal, ao analizar a relación entre asegurador e asegurado
sinala:
??el vinculo que existe entre ambos ha de ser calificado de solidaridad propia , que como es sabido es la que viene impuesta
con carácter predeterminado bien " ex voluntate" o " "ex lege"". Naturaleza ésta que tiene la derivada de la acción directa
que el art. 76 de la LCS establece a favor del perjudicado y que le permite exigir a la aseguradora del responsabledel daño
el cumplimiento de la obligación de indemnización de su asegurado , sin distinguir si la responsabilidad civil de que dimana
es extracontractual o contractual.
Debe por ello estimarse que alcanza a la Comunidad de Propietarios asegurada el efecto interruptivo del plazo de prescripción apreciado en la recurrida en relación a su aseguradora. La propia jurisprudencia
del TS así lo ha venido declarando entre otras en sus sentencias de 2 de febrero de 1984 y 12.11.1986)".
No mesmo sentido pode citarse a sentenza da Audiencia Provincial de Asturias nº 421/2007, do 21 de setembro.
Sobre a aplicación do artigo 1974.1 do Código Civil no suposto concreto de reclamación á entidade aseguradora da Administración tamén se teñen pronunciado os órganos xurisdiccionais. Así, na sentenza
do Tribunal Superior de Xustiza de Castela e León nº 1290/2007, do 28 de xuño, se indica:
?Además, se recuerda que entre las dos entidades demandadas existe el vínculo de la solidaridad impropia que establece el artículo
76 de la Ley 50/1980, de 8 de octubre, de Contrato de Seguro . Partiendo de tal solidaridad, y conforme establece el artículo
1974 del Código Civil, la interrupción de la prescripción de acciones en las obligaciones solidarias aprovecha o perjudica
por igual a todos los acreedores y deudores?.
Tamén pode citarse a sentenza do Tribunal Superior de Xustiza de Extremadura nº 102/2010, do 30 de marzo, a teor da cal:
?SEGUNDO.- Cuestión diferente es si la acción habría prescrito en todo caso, tal y como postula la defensa del S.E.S. por el
hecho de que las acciones civiles no se ejercitaron contra la Administración, sino, únicamente contra la Aseguradora, por
lo cual desde el fallecimiento a la fecha de la reclamación administrativa sí habría transcurrido un año, ya que las acciones
civiles ejercitadas no son adecuadas para interrumpir la prescripción respecto de la Administración que no fue demandada.
Así las cosas, en relación a la existencia o no, en el presente caso, del plazo previsto en el artículo 142.5 de la Ley de
régimen jurídico de las administraciones públicas y del procedimiento administrativo común resulta obligado recordar, en primer
término, que, conforme a reiterada doctrina jurisprudencial, de la que es exponente la sentencia de la del Tribunal Supremo
de 16 de enero de 2003 por ser la prescripción un instituto no fundado en la justicia intrínseca sino en el principio de seguridad
jurídica a fin de evitar en la medida de lo posible el ejercicio tardío de los derechos, debe ser aplicada con espíritu restrictivo,
de tal forma que cuando se ponga de relieve un simple atisbo de ?animus conservandi? en quien la misma se pretende aplicar,
habrá de entenderse interrumpido el plazo de prescripción. Afirmándose, igualmente, en la sentencia del mencionado Tribunal
Supremo de 16 de enero de 2002, que «la prescripción, como limitación del ejercicio tardío de los derechos en beneficio de
la seguridad jurídica, excluye una interpretación rigorista, por tratarse de una institución que, al no hallarse fundada en
la justicia intrínseca, debe merecer un tratamiento restrictivo, hasta el punto de que el plazo prescriptivo no puede ser
aplicado en forma absoluta que no permita ponderadas y racionales interpretaciones»; en el mismo sentido, entre otras, las
sentencias del Alto Tribunal de 5 de marzo de 2001, de 4 de noviembre de 2000. El principio de la ?actio nata? impide que
pueda iniciarse el cómputo del plazo de prescripción mientras no se tiene cabal conocimiento del daño y, en general, de los
elementos de orden fáctico y jurídico cuyo conocimiento es necesario para el ejercicio de la acción, y la interrupción del
plazo de prescripción de un año hoy establecido por el art. 142.5 de la Ley de procedimiento administrativo común se produce
no sólo por la iniciación de un proceso penal que verse sobre la posible comisión de hechos delictivos a los que pueda estar
ligada la apreciación de responsabilidad civil dimanante de la infracción penal, sino incluso por la pendencia de una acción
civil encaminada a exigir la responsabilidad patrimonial de la Administración, salvo que sea manifiestamente inadecuada ,
interrumpiéndose por tanto la prescripción por cualquier reclamación que manifiestamente no aparezca como no idónea o improcedente
encaminada a lograr el resarcimiento del daño o perjuicio frente a la Administración responsable, siempre que comporte una
manifestación de la voluntad de hacer efectiva la responsabilidad patrimonial de la Administración por alguna de las vías
posibles para ello.
La acción civil ejercitada no fue manifiestamente inadecuada, y aunque es cierto que fue acción inexistente para la Administración hemos de convenir que una interpretación que como hemos expuesto,
sobre materias de prescripción de acciones ha de ser restrictiva, y básicamente que entre las dos entidades demandadas existe
el vínculo de la solidaridad propia que establece el artículo 76 de la Ley 50/1980, de 8 de octubre, de contrato de seguro.
Partiendo de tal solidaridad, y conforme establece el artículo 1974 del Código Civil, la interrupción de la prescripción de
acciones en las obligaciones solidarias aprovecha o perjudica por igual a todos los acreedores y deudores, habremos de entender
que la acción interrumpida por la aseguradora alcanza a la Administración demandada y sirve para interrumpir la prescripción
también frente a ella.
Tamén alude á aplicación do artigo 1974 do Código Civil a sentenza do Tribunal Superior de Xustiza de Castela e León número 1766/2005, do 29 xullo (se
ben nese caso non se recoñeceu a interrupción da prescripción por non tratarse o dano producido dun risco asegurado).
Máis recentemente, a STS do 25 de febreiro de 2014 indicou:
??el contrato de seguro de responsabilidad civil es un contrato de naturaleza especial, en favor de tercero, que crea una solidaridad
pasiva entre asegurado y asegurador frente a la víctima, que aparece dotada de acción directa contra la Compañía aseguradora,
de tal forma que la acción que se ejercita contra ésta es la misma que la que fue dirigida previamente contra su asegurada,
y ello evidentemente se proyecta sobre los plazos en los que ha de operar la prescripción y su interrupción (SSTS 1 de febrero
2007; 1 de octubre 2008)?.
Polo tanto, de acordo co exposto, no caso de asegurador e asegurado atopámonos ante un suposto de solidaridade propia, incluso se o asegurado é unha Administración, polo que a reclamación dirixida contra
a aseguradora dunha Administración polos danos derivados da responsabilidade patrimonial desta interrompería o prazo de prescrición
para reclamar contra a Administración.
Agora ben, só cabería recoñecer efectos interruptivos da prescrición a unha auténtica reclamación extraxudicial á entidade aseguradora. Neste sentido cómpre recordar que un dos requisitos esixidos pola
xurisprudencia en relación coa reclamación extraxudicial é o seu carácter recepticio. Así, como recorda a sentenza do Tribunal
Supremo nº 414/2009, do 29 de maio: La eficacia de la interrupción depende de una declaración de voluntad recepticia por parte del acreedor, que, además de la
actuación objetivamente considerada, impone que la misma haya llegado a conocimiento del deudor (SSTS 13 octubre 1994; 9 de
octubre 2007). Polo tanto, para que opere a interrupción da prescrición por reclamación extraxudicial é preciso acreditar a vontade conservativa,
que se debe manifestar a través dun medio suficiente para que sexa coñecido polo destinatario.
No presente caso, este carácter recepticio só pode predicarse da reclamación enviada por burofax á entidade aseguradora en abril de 2013 pero non do outro escrito achegado pola reclamante
xunto coa súa reclamación ao non figurar ningún recibí nin ningunha outra constancia da recepción de tal documento pola entidade
aseguradora, sen que poida darse este valor ao mero estampado dun selo na primeira folla, pois este elemento por si só non
pode considerarse suficiente para acreditar a recepción do documento pola entidade aseguradora, descoñecéndose incluso se
tal selo pertence efectivamente á devandita entidade (por todas, sentenza da Audiencia Provincial de Valencia, nº 739/2001, do 24 de novembro). De feito a propia reclamante é consciente de que só cabe atribuír efecto interruptivo
da prescrición ao documento remitido por Burofax ao facer referencia soamente nel (e non no primeiro) a tal cuestión sinalando
expresamente que: ?En consecuencia, por medio del presente, interrumpimos prescripción??.
De acordo co exposto, dado que a reclamación extraxudicial á entidade aseguradora que podería ter efectos interruptivos da prescrición formulouse en abril de 2013, por tanto, transcorrido o prazo
dun ano previsto no artigo 142.5 LRXPAC (tanto se se toma como dies a quo o 25 de xaneiro de 2011 como o 31 de maio de 2011, como se indicou máis arriba) , cabe apreciar a prescrición do dereito
a reclamar.
Con base en todo o anterior, e de conformidade co sinalado polo órgano instrutor do procedemento na súa proposta de resolución, é preciso sinalar que a acción exercitada reborda o prazo de prescrición
dun ano legalmente establecido, polo que a reclamación debe ser inadmitida por extemporánea, sendo así que non se considera
necesario entrar a estudar o fondo da cuestión formulada.
Non obstante o anterior, procede efectuar unha proposta de mellora en relación co contido das propostas de resolución. Así, estas deben conter unha relación dos antecedentes fácticos e dos fundamentos
de dereito que lles serven de fundamento. Tal relación pode ser concisa pero ha de procurarse que ao tempo sexa estruturada
e motivada con explicitación dos feitos que motivan a reclamación e das razóns nas que se basea o sentido da proposta.
CONCLUSIÓN
Por todo o anteriormente exposto, a Sección de Ditames do Consello Consultivo de Galicia, por maioría dos seus membros, ditamina:
?Que informa favorablemente a proposta de resolución á que o presente expediente se refire, sen prexuízo do sinalado na consideración primeira e no último parágrafo da consideración terceira deste
ditame?.
