Dictamen de Consello Cons...re de 2003

Última revisión
09/02/2023

Dictamen de Consello Consultivo de Galicia 681 de 29 de octubre de 2003

Tiempo de lectura: 43 min

Tiempo de lectura: 43 min

Relacionados:

Órgano: Consello Consultivo de Galicia

Fecha: 29/10/2003

Num. Resolución: 681


Cuestión

Reclamación de responsabilidade patrimonial

Resumen

Reclamación de responsabilidade patrimonial interposta por dona V. S. N., pola fractura dun pé debido ás malas condicións nas que se atopaba un sumidoiro.

Organismo: Concello de Culleredo (A Coruña).

Letrado: López Paz

Propuesta: Desestimatoria

Conclusion: Desfavorable

Relator: Moure Mariño

Contestacion

ANTECEDENTES

1.- Con data 12.6.02, dona V. S. N. presenta un escrito ante o Concello de Culleredo no que, logo de relatar que saíndo do seu

domicilio rompera un pe nun sumidoiro que estaba en malas condicións, solicita que lle sexan aboados os danos e prexuízos

derivados do exposto.

Posteriormente, con data 12.9.02, a interesada presenta un novo escrito, ampliando os feitos relatados e formulando unha reclamación

por responsabilidade patrimonial da antedita entidade local, solicitando unha indemnización de 2.489,94?.

2.- Instruído o corresponde expediente de responsabilidade patrimonial, con data 11.09.03 a súa instructora formulou proposta

de resolución en sentido desestimatorio da reclamación.

3.- O expediente de razón foi remitido, para preceptivo dictame deste Consello Consultivo de Galicia, polo Ilmo. Sr. alcalde-presidente

do Concello de Culleredo, tendo entrada neste organismo o día 3.10.03.

4.- Os demais antecedentes dedúcense do contido do dictame.

CONSIDERACIÓNS

Primeira.-

Sométese a dictame deste Consello Consultivo, como quedou reflectido nos antecedentes, unha proposta de resolución correspondente

a un expediente administrativo incoado polo Concello de Vigo, no que, por un particular, se interesa o recoñecemento do dereito

ó percibo dunha indemnización por danos e perdas. O dito dictame encádrase nas competencias definidas polo artigo 11, j) da

Lei 9/1995, do 10 de novembro, do Consello Consultivo de Galicia, e polos artigos 10 e 17.1, e) do seu regulamento, aprobado

por Decreto 282/2003, do 22 de maio, segundo os que debe ser consultado preceptivamente aquel nos supostos de reclamación

en concepto de indemnizacións por danos e perdas.

Segunda.-

O expediente sobre o que se solicita emisión de dictame suscita un caso de responsabilidade patrimonial das administracións

públicas que, como tal suposto, vén regulado basicamente polo artigo 106.2 da Constitución española, polos artigos 139 a 144

da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común

(en adiante LRXPAC), e polo Regulamento dos procedementos das administracións públicas en materia de responsabilidade patrimonial,

aprobado polo Real decreto 429/1993, do 26 de marzo.

Terceira.-

O carácter obxectivo da responsabilidade extracontractual das administracións públicas, é o froito dunha elaboración da doutrina

e a xurisprudencia. Dise que é unha responsabilidade de resultado, é dicir, que pode nacer con independencia da mediación

de culpa, neglixencia ou ilegalidade, e, en consecuencia, pode ser esixida polos particulares polo simple feito de que estes

sufran no seu patrimonio un dano, prexuízo ou lesión. É suficiente con que poida demostrarse que o dano se produciu como consecuencia

do funcionamento normal ou anormal dos servicios públicos, agás nos casos de forza maior, nos que se considera que a causa

productora dos feitos, en canto que imprevisible, e aínda que previsible, inevitable, excede da responsabilidade esixible

ós responsables públicos.

Cuarta.-

Centrada en termos conceptuais a institución da que tratamos e entrando a coñecer do fondo do asunto suscitado na reclamación,

en primeiro lugar hai que dicir que do expediente -e en concreto dos partes médicos xuntados- resulta debidamente acreditada

a realidade das lesións sufridas pola reclamante, de xeito que se constata a existencia dun dano efectivo, individualizado

e avaliable economicamente.

Deste modo cúmprese o primeiro e esencial presuposto, mais non é suficiente, para declara-la responsabilidade, pois cómpre,

como segundo e decisivo argumento, verifica-la existencia dunha relación causal directa e inmediata entre dito dano e a actuación

administrativa que supostamente, en canto factor eficiente, opera determinantemente na orixe do menoscabo.

Á hora de analiza-la controvertida cuestión do nexo de causalidade hai que partir da regra xeral, acollida xa por este Consello

noutros dictames (entre eles no núm. 30/00), segundo a cal é esixible ós viandantes o autocontrol da súa propia deambulación,

obrigación esta que exclúe toda responsabilidade da administración cando é crebada, por introducirse, neste caso, un elemento

estraño na relación xurídica controvertida, cal é o da culpa da víctima, circunstancia que, cando reúne o requisito da exclusividade

na vinculación co dano padecido, enerva toda responsabilidade da Administración, tal e como estableceu de xeito reiterado

o Consejo de Estado (entre outros no dictame do 1 de xullo de 1971) e a propia xurisprudencia do Tribunal Supremo (St. 08.03.67,

25.01.74 ou 05.11.74).

Nembargantes, como xa indicou este Consello Consultivo no seu dictame núm. 270/01, o control da propia deambulación non pode

ser elevado a regra absoluta e categórica á hora de excluír unha eventual responsabilidade da Administración; a súa pretendida

incondicionalidade, antes ben, vese necesariamente modalizada polo xogo do principio de confianza dos peóns nas condicións

de seguridade das vías, beirarrúas e beiravías polas que transitan. Deste modo, a constatación dun desaxeitado estado de conservación

daquelas, cando se traduza na existencia de obstáculos non apreciables polos viandantes co emprego da dilixencia esixible

-como concreción da regra do autocontrol da deambulación- dará lugar á obxectivación dun vínculo que enlace o funcionamento

do servicio público en xogo co lesivo resultado final producido.

Nesta orde de consideracións, e polo que ó presente suposto atinxe, hai que indicar que a Administración nega non so a concorrencia

de ámbolos dous requisitos aludidos, senón que tampouco acepta que se teña demostrado pola accionante que a caída ocorreu

no lugar e circunstancias por ela relatados sendo así que esta é unha carga probatoria que sobre ela recae.

O thema probandi que, deste xeito, se suscita demanda facer unha somera consideración sobre o grao de verosimilitude esixible a quen debe asumir

unha carga probatoria como a presente.

Así, tal e como este Consello Consultivo xa recollera noutros dictames, entre outros e principalmente o núm. 148/97, hai que

contar con que, nos supostos coma no presente nos que resulta obxectivamente dificultoso, por parte de quen inicialmente ten

a carga de achega-los medios probatorios necesarios, xerar no xulgador a convicción absoluta de que os feitos ocorreron tal

e coma por el se describen, créase una situación de certa indefensión, que, na medida do posible, é preciso evitar. Debe procurarse

por iso que situacións coma as descritas non constitúan un obstáculo insalvable no tocante a obter un certo grao de certeza

sobre estes, cando nas ditas situacións concorren un mínimo de elementos de verosimilitude que nos permitan chegar sequera

a unha convicción sobre os ditos feitos.

Así, o Tribunal Supremo, consciente das dificultades probatorias que se presentan neste tipo de reclamacións, lembra que toda

actividade probatoria, consiste en ser un medio de acreditación dos feitos para levar ó tribunal á convicción da súa existencia

e comporta unha actividade de reconstrucción histórica, pois refírese a acontecementos xa ocorridos. Non pode esixirse que

esta reconstrucción sexa real e actual en termos absolutos, senón que ten que levarse a cabo ás veces mediante as referencias

que poidan considerarse aceptables de conformidade cós principios que subministra a sa crítica (por todas, sentencia do 21.09.98).

Pois ben, a este respecto e conforme a tales parámetros podemos dicir que do resultado de tódalas probas incorporadas ó expediente

é dado aprecia-la xustificación suficiente por parte da interesada en torno á verosimilitude do relato de feitos que alega.

Neste sentido, hai que indicar que, certamente, as testemuñas propostas por ela son veciñas e coñecidas da interesada, mais

rexeitar de plano a fiabilidade dos seus testemuños, suporía tanto como situar a interesada no trance de demostrar que a súa

caída foi presenciada por terceiras persoas coas que ningún vínculo lle une, ou aínda máis, esixir que a caída se produza

en presencia das ditas persoas, sometendo á reclamante á superación dunha sorte de carga probatoria diabólica, xerando daquela

unha situación de indefensión que na practica conlevaría o valeiramento da institución resarcitoria para o caso de seguirse

unha interpretación extensiva do rigorismo probatorio.

Do mesmo xeito hai que entender que existe acreditación suficiente acerca do deficiente estado de conservación do sumidoiro,

como así se desprende do feito de que os policías locais procedesen á sinalización da instalación logo do accidente, para

ser aquel substituído dous meses máis tarde. Tal consideración vese aboada, ademais, polas fotografías aportadas ó expediente,

que foron examinadas pola policía local, que comprobou in situ a autenticidade da realidade plasmada nela, así como polas declaracións das testemuñas, que abundan no criterio do deficiente

estado do sumidoiro.

Deste xeito, constátase a existencia dun defecto na conservación da beirarrúa, non reparado nin sinalizado polos servicios

municipais senón cando o accidente xa se producira, e que entrañaba un risco para a seguridade dos viandantes, risco actualizado

no accidente da interesada que reclama. A deficiencia apuntada entraña un deficiente funcionamento do servicio público e leva

consigo, seguindo a doutrina do Tribunal Supremo, unha modalización da exclusividade do vínculo entre o dito servicio e o

dano padecido. En efecto, a xurisprudencia entende (STS do 12.05.98) que a nota da exclusividade do vínculo entre o funcionamento

do servicio e o dano producido debe ser entendida en sentido relativo e non absoluto, pois se esa nota pode esixirse con rigor

en supostos danosos acaecidos por funcionamento normal, nos de funcionamento anormal o feito da intervención dun terceiro

ou nunha concorrencia de causas imputables unhas á Administración e outras a persoas alleas incluso ó propio prexudicado,

impoñen criterios de compensación ou atemperación da indemnización ás circunstancias do caso. Así mesmo, o Tribunal Supremo

ten dito -sentencia 04.10.99- en relación a esta circunstancia enervadora de responsabilidade, que para que sexa apreciable

é necesario que exista ?intencionalidade da víctima na producción ou padecemento do dano, ou a gravísima neglixencia desta, sempre que estas circunstancias foran determinantes da existencia da lesión e a conseguinte obriga de soportala?. O dito órgano xurisdiccional, en sentencia do 26.10.00, tamén mantivo, nun suposto próximo ó estudiado, que, aínda que

no caso de autos non era apreciable a existencia de culpa da víctima, a dita circunstancia, de estar presente, non supón necesariamente

a ruptura do nexo de causalidade.

Quinta.-

Neste punto da análise e partindo das consideracións anteriores, procede entrar no estudio do segundo dos requisitos apuntados

como condicionantes para a apreciación de responsabilidade, o control da propia deambulación, que presupón a exclusión de

neglixencia no comportamento da víctima do dano.

Débese sinalar ó respecto, que no presente caso a deficiencia existente na beirarrúa, que xeraba un risco para os viandantes,

non era unha traba oculta, inapreciable para o camiñante, pois nas propias fotos xuntadas apréciase o desnivel que producía

o sumidoiro, e se ben tampouco se trataba dun escollo ostensible e palmar, parece claro que, empregando unha dilixencia media,

en condicións normais, si era salvable, tanto máis se temos en conta que a dita instalación estaba situada fronte do portal

da vivenda da interesada, polo que é procedente a apreciación dun certo reproche de culpabilidade da víctima -con base no

antedito-, o que sitúa na súa esfera de imputación parte da responsabilidade derivada dos feitos.

Tal consideración, polo demais, non supón descoñece-lo criterio xurisprudencial, sostido reiteradamente polo Tribunal Supremo

(sentencia do 4.10.00, entre outras) e seguido por este Consello Consultivo (por todos, dictame 6/02) de que non sería obxectiva

a responsabilidade na que o seu recoñecemento estivera condicionado a probar que quen padeceu o prexuízo actuou con prudencia.

Tal é así porque, no presente caso, demostrada a manifestación ó exterior da irregularidade da beirarrúa, e constatada a responsabilidade

da Administración polo deficiente estado daquela, a cabal explicación do accidente require, necesariamente, a concorrencia

dun certo despiste de quen o padece, sendo presumible, daquela, unha deficiente aplicación da dilixencia debida por existir

entre o dato certo -a manifestación exterior da irregularidade na beirarrúa- e aquel que se presume -o despiste do viandante-,

un enlace preciso e directo segundo as regras do criterio humano, tal como esixe o artigo 386 da Lei 1/2000, de axuizamento

civil.

En consecuencia, existindo un certo reproche de culpabilidade na actuación da víctima, aquel non é de entidade tal que destrúa

o nexo de causalidade anteriormente verificado, porque, seguindo a tese obxectivista acuñada pola xurisprudencia do Tribunal

Supremo -sentencia do 27.10.98, entre outras- ámbalas dúas circunstancias constitúen unha concorrencia de factores que, de

non existir, terían evitado o dano.

Daquela, o procedente é realizar un reparto paritario da carga lesiva, debendo ser indemnizado polo Concello de Culleredo

o 50% do dano, mentres que o 50% restante deberá ser soportado pola accionante, como consecuencia xurídica aparellada á súa

parte de responsabilidade.

No tocante ó quantum da indemnización, a Administración entende que non foi probado pola accionante o feito de estar de baixa nun emprego nembargantes

tamén é certo que a interesada non incluíu na súa reclamación o pretium doloris correspondente ó dano padecido como consecuencia da fractura do metatarsiano, polo que entendemos equitativo fixar o importe

dos danos na contía de 2.000 euros, e daquela, dado que o Concello debe resarcir o 50% da lesión, é procedente estimar en

parte a reclamación e aboar á interesada a cantidade de 1000?.

CONCLUSIÓN

Por todo o anteriormente exposto, a Sección Primeira do Consello Consultivo de Galicia, por unanimidade de tódolos seus membros

dictamina:

?Que informa desfavorablemente a proposta de resolución á que o presente expediente se refire, procedendo a indemniza-la interesada

na contía de 1.000 ??.

LIBROS Y CURSOS RELACIONADOS

¡SOS: Administración hostil! Cómo actuar
Disponible

¡SOS: Administración hostil! Cómo actuar

Luis Alfredo de Diego Díez

10.92€

10.37€

+ Información

La prueba ilegalmente obtenida. Paso a paso
Disponible

La prueba ilegalmente obtenida. Paso a paso

Dpto. Documentación Iberley

17.00€

16.15€

+ Información

Comunicación e impugnación judicial del despido
Disponible

Comunicación e impugnación judicial del despido

Dpto. Documentación Iberley

6.83€

6.49€

+ Información

Administración inteligente y automática
Disponible

Administración inteligente y automática

Daniel Terrón Santos

12.75€

12.11€

+ Información

Métodos y prácticas de innovación docente universitaria en el Siglo XXI
Disponible

Métodos y prácticas de innovación docente universitaria en el Siglo XXI

Fernando Gil González

7.60€

7.22€

+ Información