Convenio Colectivo de Sector de COMERCIO DETALLISTA TEXTIL (NO VIGENTE. VER 3610...11981) de Pontevedra
Convenios
Convenio Colectivo de Sec...Pontevedra

Última revisión
01/11/2003

C. Colectivo. Convenio Colectivo de Sector de COMERCIO DETALLISTA TEXTIL (NO VIGENTE. VER 36105425012022) (36000375011981) de Pontevedra

Sector Autonómico. Versión anterior. NO VIGENTE. NO VIGENTE. Validez desde 01 de Enero de 1997

Tiempo de lectura: 16 min

Tiempo de lectura: 16 min

Resolución do 29 de setembro de 1997, da Delegación Provincial de Pontevedra, pola que se dispón o rexistro, depósito e publicación no, Diario Oficial de Galicia, do convenio colectivo do sector do comercio retallista téxtil. (Diario Oficial de Galicia num. 23800 de 10/12/1997)

Preambulo

Visto o expediente do convenio colectivo para o sector do comercio retallista téxtil, que tivo entrada nesta delegación provincial o día 19-9-1997, subscrito en representación da parte económica pola Asociación Provincial de Empresarios de Comercio Detallista Textil, e da parte social, polas centrais sindicais, CC. OO. e UGT con data do 25-8-1997. De conformidade co disposto no artigo 90.2º e 3º, do Real decreto legislativo 1/1995, do 24 de marzo, polo que se aproba o texto refundido da Lei do Estatuto dos traballadores, Real decreto 1040/1981, do 22 de maio, sobre rexistro e depósito de convenios colectivos de traballo e Real decreto 2412/1982, do 24 de xullo, sobre traspaso de funcións e servicios da Administración do Estado á Comunidade Autónoma de Galicia, en materia de traballo, esta delegación provincial,

ACORDA:

Primeiro.-

Ordena-la súa inscrición no libro de rexistro de convenios colectivos de traballo, desta delegación provincial, e a notificación ás representacións económica e social da comisión negociadora.

Segundo.-

Ordena-lo seu depósito no Servicio de Relacións Laborais, Sección de Mediación, Artitraxe e Conciliación.

Terceiro.-

Dispoñe-la súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Vigo, 29 de setembro de 1997. Antonio Coello Bufill Delegado provincial de Pontevedra

Convenio colectivo de traballo para o sector de comercio retallista téxtil de Pontevedra

 

CAPÍTULO I Disposicións xerais

 
Artigo 1º.-Partes asinantes.

Son partes asinantes do presente convenio as centrais sindicais Comisións Obreiras (CC. OO.) e a Unión Xeral de Traballadores (UGT) , en representación dos traballadores, e a Asociación Provincial de Empresarios del Comercio Detallista Textil de Pontevedra, en representación dos empresarios do sector.

Artigo 2º.-Ámbito de aplicación.

O presente convenio regulará as relacións laborais de tódalas empresas da provincia de Pontevedra que, tanto na actualidade, como no futuro, se dediquen á venda polo miúdo de tecidos en xeral, roupa confeccionada, alfombras e tapices, paquetería, mercería, quincallería, etc.

Artigo 3º.-Duración e vixencia.

O presente convenio entrará en vigor ós quince días do seu asinamento, sen prexuízo da súa publicación no BOP, se ben os seus efectos económicos se retrotraerán ó 1 de febreiro de 1997.

Terá unha duración dun ano e rematarán os seus efectos o día 31 de xaneiro de 1998.

Entenderase prorrogado tacitamente por anualidades, se non media denuncia das partes con tres meses, polo menos, ó remate da súa vixencia. A dita denuncia deberá facerse por escrito dirixido á outra parte afectada polo convenio.

Artigo 4º.-Condicións máis beneficiosas.

O persoal que con anterioridade ó convenio estivese desfrutando dunhas condicións económicas ou laborais máis beneficiosas que as aquí pactadas, deberá conservalas, facéndose o cálculo polo conxunto anual de tódalas percepcións.

Artigo 5º.-Compensación de melloras.

As melloras económicas que se implantan en virtude do presente convenio, así como as voluntarias que no futuro se establezan, poderán ser compensadas e absorbidas, ata onde alcancen, cos aumentos ou melloras que actualmente teñan establecidas as empresas ou que no futuro se establezan con carácter xeral, mediante disposición legal.

CAPÍTULO II Retribucións

 
Artigo 6º.-Salarios.

As retribucións salariais do persoal afectado polo presente convenio, serán as que figuran na táboa anexa a este.

Artigo 7º.-Revisión salarial.

No caso de que o índice de prezos do consumo (IPC) rexistrase no primeiro de febreiro de 1998 un incre mento, respecto ó 31 de xaneiro de 1997, superior ó 2,6%, o dito exceso servirá de base para a negociación do ano 1998.

Para iso, no momento da negociación do convenio colectivo do ano 1998, procederase a cuantifica- lo dito exceso, calculado sobre os salarios utilizados para realiza- los aumentos pactados para 1997. A cuantificación do dito exceso engadiráselles ós salarios vixentes o 31 de xaneiro de 1998 e sobre a cantidade resultante calcularanse os incrementos salariais que deberán rexer a partir do 1 de febreiro de 1998.

Artigo 8º.-Aumentos por antigüidade.

Os aumentos periódicos por tempo de servicio consistirán en cuadrienios do seis por cento sobre os salarios base deste convenio.

Artigo 9º.-Plus de transporte.

O persoal das empresas afectadas por este convenio percibirá un plus de transporte, que será aboado por día efectivo de traballo, na contía de 399 ptas.

Artigo 10º.-Gratificacións extraordinarias.

O persoal afectado polo presente convenio colectivo percibirá as gratificacións extraordinarias correspondentes ós meses de xullo e decembro, polo importe dunha mensualidade cada unha delas.

Establécese unha paga extraordinaria no mes de outubro, consistente nunha mensualidade. A dita paga farase efectiva no mes de outubro de cada ano, tendo en conta o que se dispón sobre a referida paga no artigo 13º do convenio.

Así mesmo, todo o persoal desfrutará unha gratificación, denominada de beneficios, polo importe mínimo dunha mensualidade completa.

As citadas pagas calcularanse en función dos soldos que para cada categoría fixa o anexo deste convenio, e maila antigüidade, se é o caso, para todo o persoal.

As catro gratificacións que se establecen, serán concedidas en proporción ó tempo traballado, rateándose nos supostos que proceda, tales como os de entrada ou cesamento do traballador na empresa.

Artigo 11º.-Axudas de custo.

Cando as empresas despracen os seus traballadores para que realicen traballos fóra do lugar habitual da súa residencia, estarán obrigadas a aboar, en concepto de axudas de custo, as cantidades seguintes:

* Xantar: 2.036.

* Cea: 2.036.

* Pernoita: 2.036.

* Almorzo: 707. Se os desprazamentos se fan en coche propiedade do traballador, este percibirá trinta e catro pesetas por quilómetro percorrido.

Artigo 12º.-Gratificacións especiais ós escaparatistas.

O persoal non contratado como escaparatista, que non obstante, realice con carácter normal a función da ornamentación de escaparates nos establecementos, terá dereito, en concepto de gratificación especial, a un plus do dez por cento do seu salario base.

CAPÍTULO III Xornada laboral

 
Artigo 13º.-Condicións.

A xornada laboral será de 40 horas semanais de traballo efectivo.

No caso de que as empresas teñan necesidade de modifica- lo horario de traballo actualmente establecido, para conseguir unha maior eficacia no seu funcionamento, as partes asinantes do convenio recomendan ós afectados a súa mellor disposición para chegar a un entendemento.

As empresas quedan en liberdade para a apertura dos seus establecementos durante as tardes dos sábados de todo o ano, se ben deberán establecerse as quendas rotativas correspondentes, de tal maneira que no ano os traballadores desfruten de descanso durante dezaoito sábados pola tarde.

Con excepción de Vigo, os establecementos do resto da provincia, terán a opción de poder abrir durante as tardes deses sábados, se ben, en caso de que optase polo peche durante as tardes dos sábados, non estarán obrigados a facer efectiva a paga extraordinaria de outubro.

CAPÍTULO IV Vacacións

 
Artigo 14º.-Contía.

Os traballadores afectados polo presente convenio desfrutarán de 30 días naturais de vacacións.

Artigo 15º.-Datas de desfrute.

O desfrute destes 30 días de vacacións estará abranguido entre os meses de abril e outubro, ámbolos dous incluídos, agás que o traballador teña preferencia por outra época do ano.

Artigo 16º.-Determinación de quendas.

En cada empresa establecerase unha orde rotativa de preferencia, de tal xeito que quen un ano foi primeiro á hora de elixir quenda, pasa a se- lo último no ano seguinte.

CAPÍTULO V Disposicións varias

 
Artigo 17º.-Xubilación.

Os traballadores que no momento da xubilación leven na empresa máis de 20 anos, percibirán desta a cantidade de 242.640 pesetas; os que leven máis de 25 anos, 346.630; e os que leven máis de 30 anos, 433.283.

Artigo 18º.-Invalidez.

Durante a vixencia do convenio, todo traballador ó que lle sexa declarada unha situación legal de invalidez e que leve máis de 15 anos ó servicio da empresa, percibirá desta a cantidade de 69.326 pesetas; con máis de 20 anos, 95.323 pesetas; con máis de 25 anos, 147.319 pesetas; e con máis de 30 anos, 197.577 pesetas.

As ditas cantidades serán efectivas unha vez declarada oficialmente a invalidez por unha soa vez.

Artigo 19º.-Defunción.

No caso de falecemento do traballador, con polo menos un ano de pertenza á empresa, queda esta obrigada a satisfacer ós seus habentes dereito o importe de catro mensualidades iguais á última que o traballador percibise, incrementada con tódolos emolumentos inherentes a ela.

Artigo 20º.-Incapacidade temporal.

En caso de incapacidade temporal derivada de enfermidade ou accidente, debidamente acreditado pola Seguridade Social, do persoal abranguido no réxime de asistencia a ela, a empresa completará as prestacións obrigatorias ata o importe íntegro das súas retribucións, ata o límite de doce meses, aínda que o traballador fose substituído.

Artigo 21º.-Servicio militar.

Aplicarase o disposto no Estatuto dos traballadores

Artigo 22º.-Roupa de traballo.

Os traballadores que proceda serán provistos obrigatoriamente por parte da empresa, de uniformes ou outra roupa de traballo, das coñecidas e típicas para a realización das distintas e diversas actividades que o uso vén aconsellando.

A provisión de tales pezas de roupa deberá facerse ó comeza- la relación laboral entre as empresas e os traballadores en número de dúas pezas, que se reporán en anualidades sucesivas de maneira conveniente ou, polo menos, na metade delas.

Artigo 23º.-Excedencia por maternidade.

As traballadoras que, de acordo co establecido no artigo 46.3º do Estatuto dos traballadores, soliciten un período de excedencia por un tempo non superior a un ano, terán dereito á reserva do posto de traballo e á reincorporación a el, unha vez rematado o período de excedencia, sempre que o reingreso sexa solicitado cun mes de antelación ó seu remate.

Artigo 24º.-Licencias.

Os traballadores terán dereito a unha licencia retribuída, de ata un máximo de tres días naturais ó ano, por necesidade de atender persoalmente asuntos propios que non admitan demora, téndose en conta para iso os desprazamentos que o traballador teña que realizar e as demais circunstancias que no caso concorran.

Esta licencia, demostrada a súa indubidable necesidade, concederase no acto, sen prexuízo das sancións que poidan impoñérselle ó traballador que alegue causas que resulten falsas.

Igualmente, nos casos de morte ou enterramento do cónxuxe, ascendentes, descendentes ou irmáns, así como enfermidade grave do cónxuxe, pais e fillos e parto da esposa, os traballadores terán dereito a unha licencia retribuída de ata cinco días naturais, téndose en conta para iso os desprazamentos que o traballador teña que realizar e as demais circunstancias que no caso concorran.

Así mesmo, o traballador terá dereito a unha licencia retribuída de dous días, sen necesidade de ser xustificada. A dita licencia non poderá ser acumulable a períodos vacacionais e deberá ser solicitada cunha antelación de 5 días, polo menos.

Esta última licencia de dous días desaparecerá automaticamente do convenio no suposto de que se produza con carácter xeral e a nivel nacional unha reducción da xornada.

Artigo 25º.-Contratación.

Contrato eventual. A teor do disposto no artigo 15b, do texto refundido do Estatuto dos traballadores e Real decreto lei 8/1997, do 16 de maio, ámbolos dous vixentes, este contrato ten por obxecto atender esixencias circunstanciais do mercado, acumulación de tarefas ou exceso de pedidos, aínda tratándose da actividade normal da empresa.

Formalización do contrato. Formalizarase por escrito, consignándose con suficiente precisión e claridade a causa e as circunstancias que o motiven, e rexistrándose no INEM.

Duración e prórroga. A duración destes contratos non poderá ser inferior a 30 días nin superior a trece meses e medio, dentro dun período de 18, contados a partir do momento do contrato inicial. Limitarase a dous o número de contratos que se realizarán, na súa duración máxima, a unha mesma persoa.

No caso de que se concerte o contrato por un prazo inferior ós trece meses e medio, poderá ser prorrogado mediante acordo das partes, sen que a duración total do contrato poida exceder do dito límite máximo.

Contrato para a formación. A súa duración será de 6 meses, ata un máximo de 30 meses, prorrogables de seis en seis meses. A retribución que se aboará será conforme a unha retribución única de 67.000 ptas. a xornada completa e efectiva de traballo.

Artigo 26º.-Recoñecemento médico.

As empresas afectadas por este convenio facilitarán ós traballadores que o soliciten un recoñecemento médico anual a través das súa mutuas patronais, Seguridade Social ou calquera outra forma que consideren oportuna.

Artigo 27º.-Taboleiro de anuncios.

As empresas afectadas por este convenio porán ó dispor dos traballadores un taboleiro de anuncios para inseri- las comunicacións de interese para eles.

CAPÍTULO VI Comisión paritaria

 
Artigo 28º.-Comisión paritaria.

As partes acordan nomear unha comisión paritaria, composta por catro representantes dos traballadores e catro representantes empresariais, para a interpretación das cláusulas do convenio.

A convocatoria das reunións deberá ser realizada en casos xustificados e por escrito dirixido á outra parte, con doce días de antelación á data da reunión, detallando a orde do día. A asistencia ás ditas reunións serán obrigatoria para ámbalas partes. A acta levantada será asinada no prazo de 24 horas, contado desde a celebración da reunión.

DISPOSICIÓN DERRADEIRA

 
Artigo 28º.-Lexislación subsidiaria.

En todo o non previsto neste convenio será de aplicación o Estatuto dos traballadores e demais disposicións vixentes.

DISPOSICIÓNS ADICIONAIS

 
Primeira.-

As diferencias económicas resultantes da aplicación do incremento salarial pactado, tendo en conta os efectos retroactivos ó 1 de febreiro de 1997, faranse efectivos en dous prazos, pagadeiros o primeiro deles conxuntamente coa mensualidade de setembro de 1997, e o segundo coa mensualidade de outubro do mesmo ano.

Segunda.-

As partes nomean unha comisión paritaria que, en principio, estará configurada polos mesmos membros que o foran da comisión negociadora do presente convenio, para o estudio e subseguinte incorporación ó convenio do ano 1998, das directrices do acordo marco do comercio de 1996, no referido ás categorías profesionais.

Terceira.-

Categorías profesionais. A partir da entrada en vigor do presente convenio desaparecen as actuais categorías de aspirante de 16 anos e de aspirante de 17 anos, creándose unha nova de aspirante a auxiliar administrativo, cunha retribución que se fixa en 76.693 ptas.

Así mesmo, as catro categorías existentes de auxiliar de caixa refúndense á entrada en vigor do presente convenio, en dúas únicas: auxiliar de caixa ata 24 anos, cunha retribución de 78.116 pesetas e auxiliar de caixa de 25 ou máis anos que permanecerá de igual forma e a retribución da cal é a que figura nas táboas.

Tendo en conta o efecto retroactivo do convenio o 1 de febreiro de 1997, o cálculo das diferencias económicas das categorías que se eliminan ou refunden, realizarase, ata a entrada en vigor do convenio, pola diferencia entre as retribucións vixentes o 31 de xaneiro de 1997, e as que resulten de incrementar estas nun 2,6%.

Vigo, 25 de agosto de 1997

Táboa salarial anexa do convenio colectivo de traballo para o sector do comercio retallista do téxtil de Pontevedra Vixencia: do 1/2/1997 ó 31/1/1998

Categorías Salario mensual

Grupo I Personal técnico titulado Titulado de grao superior 99.186 Titulado de grao medio 95.954 Axudante técnico sanitario 94.875

Grupo II Persoal mercantil técnico titulado Director 107.810 Xefe de división 99.186 Xefe de persoal, de vendas, de compras e encargado xeral 99.186

Categorías Salario mensual

Xefe de sucursal e supermercado 95.954 Xefe de almacén 95.954 Xefe de grupo 95.954 Xefe de sección mercantil 95.306 Encargado de establecemento, vendedor, comprador e poxador 95.306 Intérprete 89.696 Persoal mercantil propiamente dito Dependente maior 95.954 Viaxante 94.444 Corredor de praza 89.696 Dependente de 25 anos 94.009 Dependente de 22 a 25 anos 85.814 Axudante 79.781 Traballadores en formación: retribución única a xornada completa e efectiva de traballo

67.000 Grupo III Persoal técnico non titulado Director 107.810 Xefe de división 99.186 Xefe administrativo 97.030 Secretario 94.009 Contable 95.306 Xefe de Sección Administrativa 95.736 Persoal administrativo Contable, caixeiro, taquimecanógrafo 95.306 Oficial administrativo 94.009 Auxiliar administrativo 85.010 Aspirante a auxiliar administrativo 76.693 Auxiliar de caixa hasta 24 anos 81.006 Auxiliar de caixa de 25 o máis anos 86.602

Grupo IV Persoal de servicios e actividades auxiliares Xefe de sección ou servicio 95.735 Debuxante 93.979 Escaparatista 93.979 Axudante de montaxe 74.701 Delineante, visitador, rotulista 83.019 Cortador 87.329 Axudante de cortador 82.995 Xefe de taller 85.297 Profesional de oficio de 1ª 85.010 Profesional de oficio de 2ª 81.994 Profesional de oficio de 3ª 81.132 Capataz 85.010 Profesional de oficio axudante 78.829 Mozo especializado 85.010 Ascensorista, telefonista, mozo, empaquetadora, reparadora de medias e cosedora de sacos, maiores de 18 anos. 82.855 As mesmas categorías, con menos de 18 anos, igual que os aspirantes, segundo a súa idade

Grupo V Categorías Salario

mensual Persoal subalterno Conserxe 80.089 Cobrador 80.089 Vixilante, sereno, ordenanza, porteiro 76.694 Persoal de limpeza 76.694

Nota: o persoal de limpeza por horas, percibirá o seu salario en proporción ás horas traballadas.